CHALLENGE MUNDIAL DE MARCHA

Extraordinaria a proba de marcha atlética en Río Maior ( Portugal).
Os marchadores do Vila de Cangas acudían por primeira vez a este evento en Portugal, coa excepción de Ángel Menduiña, xa un veterano na proba.
A primeira sorpresa xorde ó consultar a inscrición, pois á primeira vista non aparecen os nosos atletas, ata que caemos na conta de que aparece un tan Angel M. Gutiérrez, e unhas tales Rebeca Otero, Iria P. Gómez, Mar C. Camaño, o costume de utilizar o segundo apelido no país luso.
Os nosos atletas competían na proba de “5 km marcha de promoçao”, dende a categoría cadete ata veteranos, masculina e feminina.
Ás catro da tarde a temperatura roldaba os 29º e o calor pasou factura. “Ángel M. Gutiérrez” rematou 8º na clasificación conxunta masculina, sendo o segundo atleta xuvenil. “Rebeca Otero” foi a terceira muller na clasificación conxunta e a primeira atleta xunior, un pouco máis atrás a primeira cadete da proba “Mar C. Camaño”, e a segunda cadete da proba foi “Iria P. Gómez”.

Todos remataron a proba esgotados a causa do calor, a fatiga da viaxe, e o horario de comidas. O esforzo do noso equipo viuse recompensado có segundo premio por clubs, por diante de clubs con moita máis participación de marchadores. A organización obsequiou cun diploma acreditativo da participación, unha bolsa de avituallamento, moi necesaria para repoñer forzas e para a viaxe de retorno, unha camiseta conmemorativa do evento e fotografías cós mellores marchadores do mundo.

Deja una respuesta