II XORNADA CIRCUITO DE MARCHA JOSEFINA ROMERO

Villagarcía , sábado 18 febrero 2012
Esta segunda xornada do circuito foi de pista, nun día en que o sol caeu como si estiveramos no verán. A pista e as gradas de Villagarcía encheronse de amárelo, o do noso club, xa que participamos con 14 atletas. Algúns estrenabanse, como Araceli del Río ou Teo Iglesias, outras coma Esmeralda, Johana ou Lucía voltaban a facer marcha.
A xornada estivo marcada pola cantidade de tarxetas e avisos que se sacaron.

1km benxamín: Ana Piñeiro e Teo Iglesias foron os gañadores desta distancia. Ainoa Santos foi a segunda e Araceli del Río foi descalificadada tras cruzar a meta,tendo en conta que acaba de empezar na marcha, estivo moi ben , agora só queda entrenar para mellorar moito máis.

2 km alevín: Todos quedaron en postos de pódium, Valeria Fernández 1ª, Suso Guimeráns 2º e Valeria Rodríguez 3ª

3km infantil e cadete: Nesta distancia e na carreira dos rapaces, houbo un fallo no que non repararon nin os xuíces nin os atletas a hora de saír, e é que saíron de onde non debían, polo que si vale a orde de chegada pero non os tempos. Isto afectoulle a Andrés Obenza que chegou 4º cunha marca magnífica, a cal non lle vale. Nin siquera chegamos a tempo de coller o papel no que estaba registrada a marca para quedarse con el de recordo, os xuíces xa o eliminaran. Noa foi a terceira infantil. Esmeralda non olvidou de todo a marcha e foi 7ª cun tempo bo a pesar do parón. Johana e Lucía tamén demostraron que non olvidaran como se marchaba. Foron 8ª e 9ª respectivamente.

5 km: Ángel Menduiña foi o segundo xunior en cruzar a meta. Mar chillón fixo unha magnífica carreira acompañando a Rocío C durante todo o percorrido, ata case a meta onde entrou 3 segundos despois da xunior, sendo a primeira da súa categoría, quedando a tan só a  12 décimas do récord galego que non se move dende o ano 94
II xornada josefina romero feb 2012

Deja una respuesta