CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS

O pasado domingo día 22 celebrouse en Pontevedra o campionato galego de probas combinadas das categorías cadete e xuvenil, así como o critérium galego de probas combinadas xunior, promesa e absoluto.

As participantes do club Vila de Cangas foron Mónica Cabirta na categoría promesa ,e Paula Martínez ,Sara Villar e Alexia Vidal na categoría cadete.Os resultados foron satisfactorios a pesares do frío, os retrasos e as sempre inoportunas lesións ,acadando Mónica unha ben merecida medalla de prata despois de competir cun pé moi inflamado.

Na categoría cadete temos que lamentar a retirada de Sara despois de mancarse o xeonllo na proba de 60m valados, que lle impediu seguir competindo,pero conseguiu remata-la carreira cun excelente rexistro.Por outro lado destacar as participacións de Paula, que  mellorou a súa marca nesa mesma proba e acadou a 8ª posición na clasificación final. Alexia  mellorou marca en altura, a pesar de que tras saltar 1.52 o listón cae, finalmente  acadou a medalla de bronce.

Araceli Martinez

Resultados galego combinadas xan 2012

Deja una respuesta