Castellón, 27 de xullo de 2024
O Estadio Gaeta Huguet acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 ao AIRE LIBRE. Derradeira competición a nivel nacional na que contabamos coa presenza de Mauro Vázquez. As expectativas coa tempada do vixente Campión Galego dos 100 m.l. eran altas pero foron superadas na pista castellonense. Na primeira quenda eliminatoria Mauro rematou nun tempo de 10,69 s, que despois mellorou na rolda de semifinais cunha MMP de 10,65. Isto supoñia ademáis o pase a final, obxectivo máis que superado para este velocista. Na final dos 100 m.l. Mauro Vázquez foi 6º cun tempo de 10,74 s.