LOPE QUINTEIRO CAMPION DE ESPAÑA INFANTIL

Valladolid, 4-5 de xuño de 2016

 

     As pistas do Rio Esgueva voltaron ser testemuña do «bo facer» dos infantis do Vila de Cangas.  Lope Quinteiro e Adrián Pastoriza disputaron un campionato que premiaba a versatilidade dos atletas, basado en catro triatlons. O gañador de cada triatlon sería o máis completo, polo tanto campión de España.


13315791_1729290484027187_4325261057125825689_n


     Lope partía moi ben situado no ranking, en 2º posto, pero no Campionato refrendou que era o mais completo dos infantis que disputaban o triatlon B. As marcas que o fixeron Campion de España foron 5.10 en lonxitude, 2:50,36 en 1000 m.l. e 39.46 en xavelina. A suma de 1598 ptos. deulle o triunfo.


IMG-20160605-WA0008


       Adrián tocoulle loitar no triatlon C. O sabado correu o 80 m.v. en 14.78 e saltou 4.27 en lonxitude. Completou a sua participación o domingo no salto de altura, 1.45.  a suma das probas, 943,  levouno o posto 23º.


FB_IMG_1464977476171


         PARABENS a estes fora de serie. De seguro que nos preparan outra en pouco tempo…por exemplo en Castellon o 18 e 19 de xuño.

PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO XUVENIL, JUNIOR E PROMESA

    As pistas de Balaidos albergaran durante toda a xornada do domingo 5 de xuñoCAMPIONATO GALEGO XUVENIL, JUNIOR E PROMESA . O futuro máis inmediato do atletismo galego vai  estar presente en Vigo. @s amarel@s trataran de ser participes dese futuro.  Achegamos os datos de interese.


HORARIO            LISTADO INSCRITOS


RESULTADOS EN DIRECTO

cartel

REUNION URXENTE EQUIPO INFANTIL FEMININO

     Temos comunicación da RFEA que hai disponibilidade para que o EQUIPO INFANTIL FEMININO acceda ao CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL. Por tal motivo este luns 6 de xuño as 20:00 horas convocase a todas as integrantes do citado equipo nas pistas de atletismo. Lembrar que o campionato será en Castellon os días 18-19 de xuño. Para esta cita xa esta confirmada a participación da sección masculina.


al_infantilEQ_G


PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO CADETE

     O sábado 4 de xuño nas Pistas de A Malata disputarase o CAMPIONATO GALEGO CADETE. En xornada partida, de maña e tarde,  Ferrol vai acoller @s mellores da categoría cadete de maneira individual e na proba de relevos. Na seguinte CIRCULAR podese consultar o regulamento do Campionato máis o horario das probas.


LISTADO DE ADMITIDOS


     Vaise dispoñer dun autobus, con saída de Cangas as 08:00 horas. O mesmo voltará ao rematar a competición (entre as 20-21 h.). A comida d@s atletas farase nun Restaurante cercano as pistas. Si algun pai/nai desexa realizar o viaxe no bus pregamos o comunique polas canles habituais.


LISTA DE SAIDA/RESULTADOS DIRECTO


CARTEL CTO. GALICIA CADETE A.L. - FERROL - 04-XUÑO-2016(1)


ADRIAN E LOPE VIAXAN A VALLADOLID.

     Este vindeiro sábado 04 de xuño Adrián Pastoriza e Lope Quinteiro van participar no I CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL. O formato da proba e novidoso, será unha participación a modo invidual en tres probas (triatlon).  Vanse dividir en catro triatlons, A, B, C e  D. No caso dos amarelos, Lope disputará o B (1000 m.l.-lonxitude e xavelina).  Adrián farao no C (80 m.v.- altura e lonxitude).  O Complexo deportivo do Rio Esgueva vai albergar esta importante cita. Grato recordo gardamos desas Pistas, alí xa sonou o himno do Vila de Cangas. Esta vai ser unha boa oportunidade para que volten a brillar os amarelos


CIRCULAR CAMPIONATO


RESULTADOS EN DIRECTO

PicMonkey Collage