Campionato Galego de Pista Cuberta para Veteranos.

A Coruña a 2 de marzo de 2014.

 

Tras a xornada das categorías menores o domingo foi o día dos veteranos na Pista Cuberta. O Vila contou coa representación de Belen Lemat, que o sábado andaba por ali cerca, en Guitiriz facendo un duatlón. Pois iso o domingo completou a fin de seman no Campionato de Veteranos de Pista Cuberta,  e parece que non acusou o cansancio. Conseguiu dous Subcampionatos Galegos en 400 ml. e 1500 m.l. e un terceiro posto en 50 m.l. Parabens para esta incombustible atleta.

Campionato Galego Pista Cuberta 2014 para Benxamin- Alevín e Infantil.

A Coruña 01 de marzo de 2014

 

O primeiro sábado do recen estreado mes de marzo,  coincidindo co entroido e as vacacións escolares parecía un bo dia para disputar na cidade herculina o Campionato de Pista Cuberta.  Ollando a chuvia que nos viña enriba non se pudo escoller mellor día. Non parou de chover en toda a xornada, e foi longa,  de maña e tarde con parada para xantar e volta a pista de Riazor. Este ano houbo unha participación moi importante por parte dos clubes de toda Galicia. O Vila presentouse con 40 nenos/as que lograron acreditar marca para participar nun máximo de dúas probas por atleta. Tendo en conta o nivel de participación o resultado global do Campionato podese considerar de moi positivo, acadaronse 11 medallas. Destas foron 5 ouros, 2 pratas e 4 bronces. Salientar que Denis Fernández logrou batir o record galego de 1000 m.l. da categoría benxamín.  Unha longa xornada moi ben aproveitada para congratularse coa pista cuberta, esta ben iso de non mollarse de vez en cando.

 

 

 

 

RESULTADOS:

Benxamíns:

Guillermo Alonso     5º semif.  50m.l.

Joel Curro                  4º lonxi.

Denis Fernández       1º 1000 m.l. e 1º altura

Yago Juncal                15º  1000 m.l.

Eloy Domínguez        8º altura e 9º peso

Carlos Menduiña       6º peso

Agata Rodríguez        14º 500 m.l. Seguir leyendo

Campionato Provincial Cross Xogade 2014

A Guarda 22 de febreiro de 2014

 

Para disputar o Campionato Provincial de Cross Escolar desprazamonos ata o Camping de Santa Tecla en Salcidos-A Guarda. Ollando as fotos do circuito, cheo de auga , de fai duas semanas e a suspensión do pasado sabado 15 de febreiro, sorprende a capacidade de drenaxe do terreo nesta marxe do rio Miño. Ali nos atopamos cun percorrido en moi boas condicións, calquera diria que por alí pasou o longo e chuvioso inverno. Pois iso, bo terreno e bo día tamen nunha contorna espectacular, a desembocadura do Miño. Xa no plano deportivo o Vila presentouse no Provincial con sete equipos clasificados, o rematar a mañan os sete obtiveron podio. De maneira individual  Denis Fernández  foi Campión Provincial na Categoria Benxamín. De feito o Equipo Benxamín de Homes acadou o Campionato Provincial. Na categoria alevín os homes foron subcampions e as mulleres terceiras. Os infantís obtiveron o Subcampionato en ambalas categorias, asi coma os cadetes que repetiron a terceira praza en homes e mulleres. No tocante o próximo Campionato Galego de Cross Xogade engadir que esta previsto se dispute na localidade de A Pobra do Caramiñal o vindeiro 08 de marzo, ali estarán os oito primeiros da clasificación individual e os dous primeiros equipos.

Clasificacións:

BENXAMINS:

Denis Fernández      1º                    Agata Rodríguez         11ª

Yoel Curro                 5º

Abraham Sotelo     11º

Anton Nuñez           19º

Carlos Menduiña  20º

Brais Cortegoso     23º

Yago Juncal            24º

Eloy Dominguez    36º

Carlos Corredoira 49º Seguir leyendo

Horario e Planos do Campionato Provincial Escolar.

Boas Tardes,  achegamos  información sobre o horario, planos do circuito e localización do Campionato Provincial de Campo a Través Xogade que se disputará este Sábado 22 de febreiro na localidade de A Guarda. O autobús partirá da estación de Cangas as 08:30 horas da mañan.  Moita sorte e non olvidar levar unha muda.    Horario DEFINITIVO        COMO CHEGAR

 

Memorial Alejandro Lorenzo-C. Galego Xuvenil-Cadete e C. Galego Cross Corto 2014.

Friol-Lugo a 26 de xaneiro de 2014

Madrugón a golpe de Domingo, as sete da mañá todos preparados para encamiñarnos cara a Friol, un pequeno pobo non moi lonxe de Lugo, imos camiño do campionato Alejandro Lorenzo, así como o campionato galego de cros corto por clubes.

O frío prima no lugar do percorrido, a choiva non tarda en facer acto de presenza, ainda que de forma suave e sin incordiar demasiado. Dentro do horario previsto comezan as probas, que van transcurrindo a unha velocidade bastante rápida, considerando o mal estado do terreo. Os nosos pequenos teñen que loitar con todas as súas forzas, pois o nivel dende as categorías menores é moi forte e se implantan uns ritmos considerables.
Rematado o Alejandro Lorenzo, donde conseguimos os podios nas categorías benxamín masculino primeiros, infantil feminino segundas, infantil masculinos terceiros, e o resto da clasificación quedou do seguinte xeito: alevíns homes cuartos, alevíns mulleres quintas, non tendo representación feminina na categoría de benxamín feminino.
As cadetes femininas estreáronse no campionato de cros corto quedando na sexta posición. As nosas xuveniles puntuaron para un séptimo posto.
Tamén contamos con representación no equipo de homes absoluto que obtiveron un meritorio 17º posto no Campionato Galego de Cros Corto.
Ao remate de toda unha mañá axetreada o regreso foi cando menos merecido cun sorriso por todos, a festa continuou no autobús. Estes rapaces non se cansan nunca.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                             (Carmen Soliño)
Asi remataron por categorías:
BENXAMIN:
Denis Blanco   2º
Joel Curro      13º
Carlos Menduiña  29º
Carlos López       32º
Eloy Domínguez 35º
Yago Juncal     39º
Carlos Corredoira 41º Seguir leyendo

CROSS ZONAL XOGADE

Moaña a 19 de xaneiro de 2014

 

Para dar comenzo o programa Xogade de Campo a Traves nos desprazamos a localidade de Moaña para competir no Campionato Zonal.  Esta proba supon a clasificación para o Campionato  Provincial, tanto de maneira individual coma por equipo. Sobre as 10:30 horas estaba previsto o inicio, no parque da Ribeira-Meira, das probas que compoñian a Competición. O circuito era totalmente chairo pero bastante pesado pola acción da chuvia. As primeiras en estrealo foron as alevins mulleres, categoria na cal o Vila de Cangas presentaba dous equipos A e B, resultando finalmente o A vencedor con 19 puntos e o B segundo con 26 puntos. Estas posicións danlle a clasificación para o Provincial os dous equipos. Chegaba a quenda dos alevins homes que acadaron o primeiro posto no equipo A e un terceiro co B, neste caso será o primeiro o que nos represente no Campionato Provincial. As benxamíns mulleres non puideron obter o pase o Provincial, quedando en terceiro lugar. Nesta mesma categoria pero en homes o dominio foi total obtendo o Vila A 18 puntos e Vila B 33 puntos.

Para as mulleres infantís o resultado final foi Vila A 11 puntos, primeiras clasificadas, e Vila B 41 puntos, terceiras. Na sección masculino presentouse un solo equipo que acadou o primeiro posto con 14 puntos. Os encargados de pechar a xornada foron os cadetes que obtiveron o primeiro posto en ambalas categorias.

 

 

Os resultados dos nosos atletas foron:

BENXAMIN MULLERES———-HOMES:

 

Agata Rodríguez   1ª              Denis Fernández       1º

Katia González    11ª               Carlos Menduiña       3º

Irene Del Rio       13ª               Yoel Curro                5º

Saleta Fernández 16ª             Carlos López             6º Seguir leyendo

XL TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS

Cangas a 1 de decembro de 2013

 

Este comenzo de tempada esta sendo movido, o día anterior desprazamento a Lugo e hoxe competicións de Marcha en Ribeira e a XL Carreira Pedestre do Concello de Cangas. Pois para esta cuarenta edición case oitocentos inscritos sumando as categorías menores, que desenrolaban as suas probas nun circuito urban en Cangas. E a carreira que partía dende o peirado de Aldan percorrendo 6km pola via Po-551 ata chegar a Cangas e rematar con dúas voltas no circuito urban. Esta modalidade da saída dende Aldan cumpre o seu segundo ano e parece consolidarse entre as categorías maiores, debido a sua vistosidade. Tocou madrugar para preparar o circuito e toda a loxistica da proba, o día despuntaba e a mellor maneira de quencer era colocando valados e cinta. As 10:00 horas estaba prevista a proba dos benxamíns, sendo as mulleres as encargadas de inaugurar a proba sobre un percorrido de 500 metros gañando a proba María González, seguida de Africa Costas e no terceiro posto Ariadna Rial. Na categoría mascúlina os tres primeiros foron Assier Guldrus, Raúl Fernández e Daniel Curras. Con quince minutos de intervalo daba comenzo a seguinte categoría alevín mulleres donde quedou campiona Lola Bouza Villar, seguida por Carla Guisande e terceira Ainhoa Vázquez . Os tres primeiros homes foron Hugo Entenza, Gabriel Dacosta e Miguel De Saa. Con un percorrido de 1500 metros as mulleres infantis ocuparon o podio na seguinte orde Sara Lima, Raquel Pereiro e Sofía Iglesias. Os podio dos nenos foi para Eloi Corral, Antón Iglesias e  Yago Iglesias.

Na seguinte proba se reducía o percorrido para as acometidas dos máis pequenos.  As minibenxamins mulleres que acadaron podio foron Maria Lorenzo, Gemma Dacosta e Iris Pardavila. Os tres primeiros nenos foron Yago Fernández, Pablo Rosales e Christian Sierpes.

As cadetes mulleres tiñan que completar un circuito de 2000 metros, sendo as tres máis rápidas María Pérez, Andrea Pérez e Ana Paredes. Os cadetes masculinos aumentaban o circuito ata os 3000 metros, rematando en primeiro lugar Pablo Figueroa, seguido de Jose Villar e Daniel Calvar.

Sobre as 11:45 horas xa se estaban entregando os trofeos de estas categorías no palco da alameda vella de Cangas e tamén era a hora da saida da proba do peirado de Aldán. Nesta carreira os xuvenis e xunior facían un circuito de 600o mts, mentres que as outras categorías promesas, seniors e veterans completaban un circuito de 10.ooo metros.  Aproba rematou como vencendor absoluto con Alvaro Prieto seguido de Maykel Portela e Orlando Rodríguez, este último foi o primeiro clasificado en categoría veteran homes. A proba foi rematada por 348 atletas, un número moi respetable tendo en conta que foron 402 inscritos en total. Dos nosos atletas acadaron podio en categoría xuvenil-xunior  homes Tomas Ocaña e pedro Acuña como segundo e terceiro, as mulleres repetiron posto con Iria Piedras e Noemi Crespo . En senior mulleres Marina Caballero foi segunda igualando o acadado por Maykel Portela en homes.

Bo ambiente nesta maña en Cangas para celebrar os cuarenta anos da Pedestre de Cangas.  Neste enlace podedes consultar os resultados das categorías menores RESULTADOS.

Polo que respeta os atletas do Vila de Cangas, así quedaron:

MINIBENXAMIN:

Mulleres—————————————-Homes

Gemma Dacosta 2ª                                   Lucas Martínez 17º

Iris Malvido 3ª

Eva Soto 4ª

Noa Nerga 5ª

Nerea Malvido 15ª

Sara Nerga 16ª

Sara Alfaro 21ª

Sabela Domínguez 23ª

BENXAMINS:

Mulleres—————————————-Homes

Daniela Pérez 10ª                                         Yoel Curro 4º

Carlos López 10º Seguir leyendo

PRESENTACION TEMPADA 2013/14

Cangas a 16 de novembro de 2013

 

Sabado de tarde arredor das 17:00 horas tiñan unha cita os atletas do Vila de Cangas no Concello para a sua presentación pública. Como outros anos o programa incluía a partires das 17:30 horas unha sesión fotográfica dos equipos comenzando polas categorías menores e remantando cos nosos ilustres veteranos.  En total máis de 200 atletas, cada cual cun obxetivo pero todos cunha mesma meta, desfrutar do atletismo. A foto desta gran familia formalizouse na praza do Concello de Cangas, Autoridades e outros invitados nos acompañaron .

Na sala de Plenos do Concello desenrolouse o acto central da Presentación coa presencia do Alcalde e do Presidente da Fundación Cangas Deporte, representantes da Delegación de Atletismo de Vigo e do Deporte Escolar da Xunta de Galicia. Como ven sendo tradición invitamos a dous atletas que gustosamente accederon a mesma e nos deleitaron coas suas vivencias no atletismo, gracias a David Gómez e Belen Lemat.

A gran familia non estaba completa sen o grupo de entrenadores que desinteresadamente se afanan no día a día dos adestramentos e demáis traballos que lles acarrea a súa labor.

A xunta directiva, como parte implicada, tamén merece a sua mención  e polo menos unha bonita foto nos levamos de recordo. Unha vez postos a presentar os nosos respetos non queríamos esquecernos de país/nais e demais socios simpatizantes da Entidade.

A Charla coloquio foi fluida e deu lugar o debate, esa era a idea. Esta claro que David Gómez e Belén Lemat tiñan vivencias para amosar a grandeza do atletismo. Nos tamén fomos dignos receptores desas vivencias, e participamos na charla de maneira animada e constructiva.  Este ano tuvemos unha charla dun nutricioncita que nos axudou a levar unha dieta máis sana e acorde coa actividade deportiva.

A verdade que ese día nos saltamos as directrices do nutricionista, xa que para pechar o acto nos pusemos as botas coas delicias, que cada un de nos aportou.  Non faltaba de nada e serviu de guinda para a presentación, como toda celebración que se precie rematou comendo e bebendo.

II Liga Federada Escolar de Inverno

Lugo a 30 de novembro de 2013.

 

Chegaba a segunda xornada, e final da II Liga Federada Escolar de Inverno. Había que desprazarse a cidade de Lugo para completar os resultados obtidos en Vigo na primeira xornada que se disputou o 9 de novembro. Nesta derradeira xornada as categorías benxamín, alevín e infantil ian a estrear o módulo de pista cuberta anexo o Estadio Gregorio Pérez Rivera, todo un luxo nos tempos que corren. Tamén se usaron as pistas ao aire libre para completar o programa de probas. No aspecto global da clasificación o Vila de Cangas partía como primeiro clasificado cos 772.5 puntos acadados na primeira xornada desputada nas pistas de Balaidos. Presentaba as mellores credenciais pero había que rematar a faena, e para iso fomos a Lugo para rematala. Para poder concurrir a clasificación final era necesaria desputar as duas xornadas, sendo esta por equipos. Como na primeira xornada presentamos equipos en todalas categorías, un total de seis equipos que alternaron as probas no modulo cuberto e nas pistas ao aire libre.   Co comenzo das probas programado para as 11:00 horas era de prever que non comeriamos cedo, máis ben tarde, e así foi. Tras unha mañan fría a beira do miño, preto das 15.30 horas quedou conformada a clasificación final da Liga.

O equipo benxamín de mulleres acadou un meritorio 4º posto,  sendo os homes desta categoría os primeiros en subir o podio proclamandose Subcampions da Liga. Despois de esta primeira vez repetiron todolos demais equipos da seguinte forma: alevín mulleres Campionas,  alevín homes Campions, infantil mulleres Campionas e infantil homes Subcampions.  Parabens para todos eles e engadir que non estaría de máis que no módulo de Lugo se colgase unha praca dicindo  «este modulo foi estreado polos nen@s do Vila de Cangas»…xa por non falar do podio.

 

V Cross Ceip Nazaret

Cangas a 24 de novembro de 2013

 

Precioso día para a practica deportiva e cita tamen co primeiro Cross Escolar da tempada 2013/14.  Esta claro que o día axudou para que a afluencia fora moi importante, nestas categorías influe moito se chove ou non.  Comprendia as idades escolares dende 3 a 12 anos e ven sendo un magnifico trampolín para o inicio dos nenos/as na practica deportiva, como exemplo esta cita no colexio de Nazaret que en cinco edicións xa esta consolidado no calendario escolar da bisbarra do Morrazo. As carreiras tiñan previsto o seu comenzo as 10:00 horas polo barrio de Nazaret con saida dende o Colexio. Por mor de alguns vehículos mas estacionados retrasouse 15 minutos, pero unha vez comenzou foi axiña. As Alevíns mulleres, categoría que no calendario escolar comprende 5º e 6º de primaria, inauguraron a proba precorrendo 800 metros. Acadaron os tres primeiros postos Ariadna Gil, Valeria Fernández e Irene Menéndez, sendo as tres do colexio de Nazaret e tamén compañeiras no Vila de Cangas.  Os Alevíns homes continuaron, co mesmo circuito, obtendo a victoria Aaron Domínguez seguido de Lope Quinteiro ambos do colexio de San Roque, o seu outro compañeiro de adestramentos no Club Gabriel Dacosta obtivo o cuarto posto. en benxamin mulleres acodou o primeiro posto Sara Mallo do cole de Nazaret, tamén de este cole foron en homes o primeiro posto para Denis Fernández e o terceiro de Aaron Otero. En prebenxamins mulleres gañou Ines Bernardez de Nazaret seguida muy de preto polas suas compañeiras do Club Iris Malvido, Gemma Dacosta e Lucia Gil en 3º, 4º e 5º posto, Daniela Perez foi octava, engadir que esta foi a proba mís numerosa con 34 participantes. Na categoria de homes ganou Diego Martínez de San Roque, correndo un total de 31 nenos. Unha vez remataron as categorías maiores a competición deu paso os pitufos, nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos encheron o barrio de Nazaret correndo distancias de 80, 100 e 120 metros salvando o desnivel do acceso o CEIP de Nazaret. Salientar que nas carreiras de 3 e 4 anos venceron os nenos e nenas pertencentes o colexio organizador, se ve que hai canteira, ou a ventaxa de correr en casa. En resumo magnifica maña de atletismo escolar, quen goste de ollar os resultados no seguinte enlace: RESULTADOS