Incentivos

Relación de incentivos:

1.- O Club Atletismo Vila de Cangas incentivará os seus atletas acorde as marcas acadadas na presente tempada. Para este efecto créanse catro niveis de marcas: A, B, C e D, que serán susceptibles de modificación ó comezo de cada tempada.

2.- Propóñense os seguintes incentivos:

  1. Categoría A: 250 €
  2. Categoría B: 200 €
  3. Categoría C: 150 €
  4. Categoría D: 75 €

3.- Na presente tempada 2012/2013 poranse en marcha os incentivos antes mencionados.

4.- Para que os rexistros das marcas teñan validez é imprescindible realizalos con vento legal.

5.- Bonificacións e medallistas nos campionatos de España, nas categorías xuvenil, xunior, promesa e senior. (Estas bonificacións non son acumulativas, e o atleta terá dereito a percibir a máis elevada das acadadas.)

  • Medalla de ouro: 200 euros
  • Medalla de prata: 150 euros
  • Medalla de bronce: 120 euros
  • Finalistas (4º a 8º): 50 euros.

6.- Para poder acceder a estes incentivos é imprescindible colaborar có Club sempre que este o requira. Imprescindible probas de equipos; para fondistas, Campionato galego de cross, Pedestrismo Ilmo Concello de Cangas e atletas de probas de pista, Trofeo Vila de Cangas en pista. (Salvo indicación contraria do Club).

7.- O Club poderá incluír automaticamente aos atletas que perciban premios en metálico no listado da RFEA de atletas para compensar por cambio de club.

8.- O pago das primas farase durante o acto de presentación do Club da tempada seguinte.

9.- Someterase a aprobación da Asemblea de socios a presente proposta.

PROPOSTA DE TABOA DE INCENTIVOS TEMPADA 2012/2013.

  • Nivel D: 75 €. Marca mínima oficial e legal para participar no Campionato de España da súa categoría. Os atletas de categoría veterana que non teñan mínimas oficiais deberán obter como recoñecida a marca da categoría senior.
  • Nivel C: 150 €. Obter 850 puntos Táboa IAFF en vigor. Probas combinadas 58% dos puntos da súa disciplina.
  • Nivel B: 200€. Obter 910 puntos Táboas IAFF en vigor. Probas combinadas 65% dos puntos da súa disciplina.
  • Nivel A: 250 €. Obter 1000 puntos. Táboa IAFF en vigor. Probas combinadas 71% dos puntos da súa disciplina.

As marcas deben ser obtidas en probas oficiais, cós requirimentos da RFEA en canto a tempos eléctricos e vento legal.

Deja un comentario