COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA

 

     Non podemos demorarnos moito porque esta a piques de comezar o II CAMPIONATO DE  GALICIA 60 LISOS E 60 VALADOSno módulo cuberto de Lugo.  As 18:00 horas esta prevista a semifinal de 60 m.v. coa participación de Paula Martínez Temos confianza no seu pase a final, e despois xa veremos. 


RESULTADOS EN DIRECTO


     Para o domingo 22 de xaneiro, temos unha cita en Vigo coa 2ª xornada do CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA – SERIES MUNICIPAIS. Alí tamén contaremos con representación de amarel@s. Achegamos o HORARIO modificado no día de onte.


INSCRITOS     RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA E CONTROL DE MARCAS

Ribeira, 1 Decembro 2013

Este ano, como o ano pasado, aproveitouse o campionato galego de marcha para facer un control de marcas, para que os atletas tiveran máis oportunidades de mellorar.

Este ano o campionato levounos ata a pista do complexo deportivo de a Fieiteira en Ribeira. A pesar de estar o ceo despexado e haber sol, unha parte das pista, e as gradas, estaban a sombra e notábase o cambio de temperatura, sobre todo porque había un vento un pouquiño desagradable.

As primeiras en competir foron as xuveniles nos 400 m.l. Noa Rouco foi a primeira en chegar e Ainhoa Fernández fíxoo na cuarta posición.

Como sempre a competición de marcha comezou coa distancia máis pequena, 1 km, onde ían dous atletas do noso club e os dous subiron o podio. Denís Fernández proclamouse campión galego nesta distancia e Katia  González a subcampiona.

Nos 2 km foi onde competían máis atletas do club, 6, dos cales a metade subiron o podio. Xa dende o primeiro momento, Ana Piñeiro demostrou que era a campiona, impoñendo un ritmo forte ó que ninguén se lle acercou. Detrás de Ana, e case dous minutos despois, chegou Teo Iglesias obtendo un merecido título de campión galego. Ainoa Santos, que fixo unha magnífica carreira, entrou na cuarta posición feminina. Tras ela, e competindo por primeira vez, entrou Miguel Gallego, quen empezou con bo pé, xa que gañou a medalla de bronce. Lucía Riobó e Mar Guimeráns foron as seguintes en finalizar a carreira.

Nos 3 km infantil-cadete, só tivemos unha participante por cada categoría, e as dúas eran mulleres. Dos 12 marchadores con que participaba o noso club, só 3 eran homes. A primeira en finalizar foi Noa García, é fíxoo na 4ª posición. Valeria Fernández terminou proclamándose subcampiona tras unha boa carreira.

Nos 5 km  hai dúas competicións a vez, a absoluta, onde compiten todas as categorías, de xuvenil para arriba, e a de cada categoría, por iso un atleta pode gañar dúas medallas, o que  fixo Mar Chillón, que novamente proclamouse a campiona da súa categoría e subcampiona absoluta. Esmeralda Corredoira competiu, e moi ben, nos 5km e finalizou 5ª.

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS CADETE E XUVENIL-XUNIOR

Lugo, sábado, 14 setembro 2013

Ó non haber moitos equipos inscritos, a organización adaptou os horarios e as probas para que este campionato se fixera nunha única xornada e non todo o día.  Grazas a isto non tivemos que madrugar.  A saída do bus foi sobre as 11 da mañá, para ter tempo de comer e reposar a comida antes da competición.

O Vila de cangas acudiu a proba con dous equipos femininos, un de cada categoría. Tamén participou na proba Pablo Castro pero co Celta, xa que non temos os rapaces suficientes para facer un equipo ou para cubrir as probas que nos permita participar. Isto pasou coas rapazas, os dous equipos non ían completos, as cadetes eran 13 e quedaron 4 probas sen cubrir. As xuvenil-xunior eran 14 e quedaron 5 probas sen cubrir, unha por non chegar a tempo a cámara de chamadas.

O ambiente era moi cordial, mais que unha competición era un reencontro entre amizades. As probas transcorreron con normalidade. O tempo tamén foi bo, xa que non fixo demasiada calor e incluso chegou a poallar en algunhas probas. Unha das probas que teñen máis expectativa son os relevos e as nosas atletas fixérono moi ben. As cadetes  Inés – Paula – Noelia – Martina foron primeiras no 4×100 e   Noa R – Lucía – Ainoa – Eva foron segundas nos 4×300. As xuveniles-xunior Aida- Ainara – María – Iria foron primeiras nos 4×400 e Estela – Sara – Alexia – Carla terceiras nos 4×100.

Nas mulleres había tres equipos en cada categoría, na categoría cadete eliminaron a un por non cubrir o número suficiente de probas, pero non influía no resultado final xa que ía terceiro e había moita diferenza de puntos. O Vila foi segundo con 21 puntos.  Nas xuvenil-xunior fomos terceiras con 31 puntos, a 3 do subcampión. A 2 si se cubrira os 1500 m.l, e seríamos subcampións si se cubriran 4 de esas 5 probas que non se cubriron.

E nisto básanse as probas de equipo, en que todos aportan o seu gran de area. Todos contan, todos son importantes e reforzan o equipo, nunca o olvides.

 

RESULTADOS

EQUIPO CAEDETE: Subcampión galego (21 puntos)

Postos alcanzados na súa proba:

1ª: Noa Rouco -300 m.l. … Paula Martínez – 100 m.v… Noelia Graña – altura … Eva Piñel – triplo salto … Noa García – 3km marcha…relevo 4×100 (Ines – Paula – Noelia – Martina)

Continue reading