CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA

O domingo 21 de decembro trasladámonos ata as pistas de A Malata, en Ferrol, a fin de participar no campionato galego de marcha en pista.

Fixo un bo día, asollado, o que axudou a que algúns dos nosos atletas mellorasen as súas marcas. esta prba serve para que os atletas poñan a proba as súas tácticas e se midan cos seus competidores, xa que o sábado 7 de febreiro de 2009 está previsto que se celebre o campionato galego de marcha en ruta na que algunhas distancias se drobrarán. Será esta proba de febreiro a que para algunhas  categorías significará  el pase o non ao campionato de España de marcha.

Benxamín homes:

Amdrés Obenza Otero : Campión galego

Alevín mulleres:

Noa García Prieto: 6ª

Lucía Piedras Gómez: 9ª

Infanil mulleres:    

Mar Chillón Camaño: Camiona galega

Esmeralda Corredoira Herbello: 7ª

Talía García Prieto: 8ª

Cadete mulleres:

Iria Piedras Gómez:5ª

Juvenil homes:

Angel Menduiña Gutiérrez: medalla de bronce

Junior mulleres:

Rebeca Obenza Otero: Subcampiona galega

SORTEO DA WII

O gañador da consola NINTENDO WII branca máis o xogo Wii sport é aquel que teña no seu poder a rifa co número 2365, por ser éstas as catro cifras coincidentes co premio gordo da Lotariía Nacional do Nadal, celebrado hoxe, 22 de decembro de 2008.

Lembramos que teñen un prazo de 30 días para recoller o premio.

FASE AUTONÓMICA LIGA CAIXANOVA

O sábado 20 de decembro, ben cediño, desprazámonos ata A Coruña a fin de disputar na súa pista cuberta de atletismo a final autonómica da Liga Caixanova.

En xeral, a xornada transcorreu con normalidade, a excepción de algúns sobresaltos como o que nos deu Aida caindo a menos de dous metros da meta cando ía primeira nos 500 m.l.

A verdade é que a proba de 500 m.l. foi a que máis incidencias tivo para os atletas do noso Club. Así, Raúl Dacosta Santomé equivocouse nas voltas e esprintou na penúltima, quedando logo sin forzas para continuar. Pola contra, Tinín, nos 500 infantil, reservouse na súa carreira porque pensaba que ía a haber unha final.

Por outra banda, esta proba serviu para mellorar algunhas marcas personais, cousa que nunca ven mal.

O equipo que sumou mellores resultados foi o alevín de mulleres, que se proclamou campión.  en alevín homes gañaron os de Mercedarias, en infantil homes os do Suárez Marquier e en infantil mulleres os de Coruña Comarca.

Entre os nosos medallistas están:

Faustino Maquieira con un bronce en 500 m.l. infantil;

Pablo Castro, con un ouro en peso infantil;

Mauro Rodal, con un bronce en peso infantil;

Oscar Broullón, con bronce en peso alevín;

María Novo, con plata en 2000 m.l. e bronce en lonxitude infantil

Alexia Vidal, con ouro en lonxitude e plata en altura alevín

Sandra Fernández, con bronce en altura infantil;

Raquel Villa, con ouro en peso infantil

Carla Bernárdez, con plata en peso alevín.

 

Resultados:c201208

PAPO’S

O pasado domingo 14 de decembro, en Castrelos (Vigo), celebrouse unha das probas máis queridas polos máis cativos: «VIII Memorial Andrés Abanqueiro – Bocatería Papo’s – Dep. Athletic’s».  É querida e esperada por eles porque o final da súa carreira agardaos un «perrito caliente«.  Sen embargo, este ano, o mal tempo puido máis e os atletas do Vila de Cangas que se desplazaron ata Vigo foron moi poucos.

Esta proba está destinada só as categorías escolares; é dicir, ata cadetes. O circuito era semellante ao dos outros anos, so que en tramos estaba máis lamento.

Os resultados foron os seguints:

infantil mulleres:

4ª mar Chillón

14ª Esmeralda Corredoira

20ª Carla Bernárdez

Alevín homes:

12º Samuel Alonso Gil

Alevín mulleres:

3ª Noa Rouco

7ª Belén Rodal

Benxamín homes:

2º Jorge Piñeiro

16º Aarón Fandiño

23º Gabriel

25º Daniel Calvar

28º Mauro Rodríguez

Benxamín mulleres:

Seguir leyendo

Pedestrismo Concello de Cangas

Nesta edición da tradicional carreira pedestre do Concello de Cangas destaca a data, que racha coa tradición de celebrarse o último domingo do mes de Novembro en detrimento do Memorial Belarmino Alonso polo que nesta ocasión disputase o domingo día 6 de Decembro, en plena ponte da constitución.

Climatoloxicamente as condicións foron todo o favorables posible despois duns días de intensa chuva, que se ben o día da proba amanece nublado, mantivose sen chover durante practicamente todalas probas.

Destacar a participación dos atletas do noso clube filial o Coruña Comarca, dos que un grupo de 11 atletas pasaron a fin de semana convivindo con algúns dos nosos atletas que gustosamente acolleronos nas suas casas. A experiencia foi enormemente satisfactoria creando así uns vinculos que esperamos fagan que futuras iniciativas sexan inda máis apaixoantes.

Os resultados da competición, moi pronto.

Coruña Comarca e Vila de Cangas

Coruña Comarca e Vila de Cangas

Problemas Técnicos

Por unha serie de causas alleas a nosa administración, a base de datos da paxina web foi contaminada e perderonse os datos que ata o de agora dispuña a website.

E moita a información que se perdeu e con elo bastante traballo do que non nos queda constancia pero que foi útil  aos nosos visitantes duranto todo este tempo.

Por eso e dende agora iremos incorporando toda a información de utilidade que sexa precisa e continuaremos co traballo de publicación de novidades como se facia ata o de agora.

Moitas grazas a todos.

O equipo de redacción