CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 PISTA CUBERTA

Ourense, 07 de marzo de 2020

 

     A pista cuberta de Expourense acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 PISTA CUBERTA. Na primeira categoría, a Sub 16, competiron nove atletas. Todos eles eran noveles nesta categoría e afrontaron de maneira valente as dificultades da mesma. Carlos López e Yago Juncal quedaron afastados da competición nas semifinais dos 60 m.l., rematando 6º e 5º respectivamente nas suas series. Diego Martínez acadou o 8º posto na final do concurso de altura e 5º na semifinal dos 60 m.v. Os irmans Manuel Lemos e Ruben Lemos participaron na final do concurso de pértega, acadando o 6º e 8º posto. Miguel Nuñez participou na semifinal de 300 m.l. e a pesar de rematar 3º, non puido progresar a final. 

     As mulleres protagonizaron a xornada de tarde. Contamos coa presenza de Uxia Sánchez na final B dos 1000 m.l.,  onde rematou no posto 6º. Agata Rodríguez foi 5ª na semifinal dos 60 m.v., sen pase a final. Ariadna Becerra disputou a final de pértega, na cal obtivo un 8º posto.



     Foi un Campionato con sabor agridoce. Na categoría Sub 20 participaron dous atletas e coparon as premiacións da xornada. Juan Piñeiro foi CAMPION GALEGO no triple salto (13,68 m) e SUBCAMPION GALEGO en lonxitude (6,70 m). Esta última marca aseguralle a participación no Campionato de España Sub 20. Ariadna Gil rematou CAMPIOA GALEGA en triple salto (11,25 m) e SUBCAMPIOA GALEGA en 60 m.v. (9,70 s)



Deja un comentario