CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 18 PISTA AO AIRE LIBRE

     O sábado 25 de maio as pistas de Balaidos acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 18 EN PISTA AO AIRE LIBRE. Tras o pertinente filtro das marcas mínimas, unha quincena de amarel@s tiñan oportunidade de medirse nas diferentes disciplinas atléticas. Na categoria SUB 16 contamos coa presenza de Ana Cerqueiro, que rematou 14ª no 300 m.v. e 15ª en 100 m.l. Anais Santamarina acadou o posto 12º na proba dos 3000 m.l. Carmen Castro foi 5ª no concurso de disco e rematou 6ª no lanzamento de xavelina. Abril Entenza foi 5ª na final dos 100 m.v. Erea Bastón proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA en lanzamento de peso e no disco.



     Outras duas medallas de prata acadou Aaron Otero nos concursos de martelo e peso. Adan Dacosta rematou 6º nos 100 m.l. e 11º nos 300 m.l. Ivan Iglesias acadou o 7º posto na proba de 600 m.l. e Miguel Núñez foi 6º nos 300 m.l.



     Nas probas para a categoria SUB 18 puidemos ver como Ariadna Gil vencia na proba de triple salto e remataba 4ª na final de 100 m.v. Maria Rial foi 5ª no concurso de triple salto. Ines Villamor foi 16ª nos 100 m.l.



     Lope Quinteiro foi CAMPION GALEGO en 800 m.l. e SUBCAMPION no peso. Alex Iglesias rematou 8º nos 800 m.l. e Anxo Camaño acadou o 14º posto nos 200 m.l.



Deja una respuesta