CAMPIONATO GALEGO PISTA CUBERTA SUB 10/12/14

Ourense 24 de febreiro de 2019

     Longa xornada en Expourense para dar cabida a un Campionato de Categorias Menores que abrangue @s SUB 10/12/14. Comezaba a participación amarela co concurso de peso da categoria SUB 14. Gema Dacosta acadaba a medalla de PRATA e Noa Nerga o 5º posto. Carmen Fraga e Claudia Carcer disputaban os 60 m.l. , da mesma categoria, sen poder pasar a final. Ambas participaron tamén no salto de lonxitude, rematando no posto 7º e 12º. Os irmans Manuel e Rubén Lemos afrontaban a final de pértega SUB 14,  rematando 4º e 6º respectivamente. Eloy Domínguez acadaba o SUBCAMPIONATO GALEGO no concurso de peso SUB 14, ademáis dun 4º posto no salto de altura.  Maialen Fernández e Uxia Sánchez correron a final dos 1000 m.l. SUB 14, chegando a meta no posto 6º e 7º.



   Sabela Castelo, tras unha accidentada carreira, puido acadar o BRONCE nos 1000 m.l. SUB 12. Hugo Dominguez e Hugo Collazo loitaron polo podio na carreira dos 1000 m.l. SUB 12, entrando en meta en 6º e 7º posto.  Diego Martínez faciase coa medalla de PRATA no salto de altura SUB 14. A final do concurso de lonxitude SUB 12 contou coa presenza de Helena Bello 5ª e Ana Cordeiro 10ª.  Iker Rial foi 13º no mesmo concurso da categoria SUB 10.  Yago Juncal obtivo o posto 13º na final de triple salto SUB 14. Noa Quinteiro e Goretti Carballal ocuparon o 4º e 5º posto no concurso de peso SUB 12. A final do salto de altura SUB 12 estivo disputada por Alba Del Valle 7ª, Sabela Domínguez 9ª e Ana Cordeiro 14ª.



     Nas carreiras de 500 m.l. Erica Novas foi 8ª na proba SUB 10 e Agata Rodriguez 6ª na SUB 14. Carlos López  rematou 11º nos 1000 m.l. e 7º na final dos 60 m.v. SUB 14, nas correspondentes semifinais quedaron Agata Rodríguez e Gema Dacosta, máis Diego Martínez na proba masculina. A proba dos 2000 m.l. rematou con Lucia Gil 8ª, Sara Nerga 12ª e Nerea Malvido 13ª.

     Esta vindeira fin de semana pechase a pista cuberta, a nivel Galicia,  co Campionato para a categoria SUB 16.

Deja una respuesta