CAMPIONATO GALEGO SUB 18/20 PISTA CUBERTA

Ourense, 23 de febreiro de 2019

     A pista cuberta de Expourense vai engadindo melloras nas suas dotacións. Neste caso foron novas bancadas e unha pantalla para seguir máis de preto @s atletas. Durante a xornada do sábado 23 as categorías SUB 18 e SUB 20 disputaron o CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA.  Alí estiveron os pupil@s de Ramilo para plasmar na competición esas duras xornadas de adestramento. María Rodríguez correu a semifinal de 200 m.l. en 28.34, acadando o pase a final da categoria SUB 20. Proba que non chegou a disputar. Saray Amoedo acadou a PRATA na Lonxitude SUB 20 e foi CAMPIOA GALEGA en triple salto. Raul Barreiro foi BRONCE no concurso de peso SUB 20. Daniel Calvar progresou a final de 200 m.l. pero por molestias físicas non correu.



     Na categoría SUB 18 Ariadna Gil proclamouse CAMPIOA GALEGA de triple salto, e unha MMP (11.09). Nos 60 m.v. foi BRONCE e tamén acadou MMP (9.56). Unha magoa a coinciencia destas probas no mesmo intervalo de tempo. Maria Rial rematou 6ª no triple salto. Por parte de Lope Quinteiro rematou 1º na proba de 800 m.l. e con MMP 1:58.85,  no concurso de lanzamento de peso foi SUBCAMPION GALEGO. Manuel Otero rematou 8º no mesmo concurso. Na final de 800 m.l. tamén correu Alex Iglesias rematando co 9º mellor tempo. Noelia Villaverde correu a semifinal de 200 m.l. en 30.20, tempo co que non puido progresar a final da proba.



Deja una respuesta