CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 20 de xaneiro de 2019

     Unha ducia de amarale@s acadaron marca para participar no CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Ata Expourense tocaba desprazarse para participar na competición de máis nivel na pista cuberta da nosa Comunidade. Amplo foi o contraste entre as idades d@s participantes, se ben ao soar o pistoletazo tod@s eran atletas. O primeiro en entrar en competición foi Daniel Armada, quen pasou a primeira dos 60 m.l. e non progresou a final por un par de postos. Tamén disputou a semifinal dos 200 m.l., onde andivo preto do pase a final, cuestión de décimas de segundo. Ao mesmo tempo Aaron Domínguez saltaba na final do Triple Salto, non puido rematar o concurso ao mancarse no primeiro salto. Saray Amoedo e Ariadna Gil inauguraban a participación feminina no concurso de triple salto. Ambas fixeron unha competición moi regular, loitando ata o final polos postos de podio. Ao remate foron medalla de BRONCE e 5ª respectivamente. Paula Martínez foi 7ª na final dos 60 m.v. o que lle supuso o titulo de CAMIPOA GALEGA da categoría SUB 23, no camiño quedaron Mª Jesús NovoAriadna Gil quen foi eliminada da final polas milésimas, tras o empate na semifinal. Paula Martínez tamén foi participe nas series de 60 m.l. pero non pasou as semifinais.



     Sabela López e Noelia Villaverde correron os 200 m.l. rematando en 28.76 e 29.57. Non progresaron a final con estes tempos, pero hai mellora e xuventude. Na final do salto de pértega Sabela López acadou o 5º posto. A xornada de tarde comezaba coa final do salto de lonxitude, alí se colou Juan Piñeiro, rematando nun magnifico 6º posto cun salto de 6,28. Daniel Calvar rematou os 400 m.l. en 52.70 situandose 8º no ranking galego SUB 20 desta tempada. Lope Quinteiro e Alex Iglesias acadaron nos 800 m.l. tempos de 1:59.19 e 2:05.80. Con estas marcas ocupan os postos 1º e 6º do ranking SUB 18. 



Deja un comentario