CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA

A Coruña, 06 de marzo de 2016

     A diferenza das categorías menores os cadetes teñen no Campionato Galego obxetivos maiores. Non culminaba a Pista Cuberta en A Coruña. Moitas miras d@s atletas estaban postas en Oviedo, onde se celebrará o Campionato de España. Tampouco era sinxelo, parece que a presión se multiplicaba a unha semana do citado evento.  Ainda así hai que ter en conta que non é nada doado máis sendo en moitos casos cadetes de primeiro ano.


raul


     Na sección masculina participou en peso  Raúl Barreiro, rematando en 5º posto cun mellor lanzamento de 10,67 m. As demáís amarelas formaban parte do equipo feminino. Abriu a participación Irene Menéndez na semifinal dos 50 m.l. acadando o 3º posto da súa serie cun tempo de 7,40. Non pasou a final coa citada marca. Nos 300 m.l. María Martínez foi 2ª na semifinal, acadando o pase para a final cun tempo de 46,8. Na final rematou en 6º posto.


   lonxitude


     Ariadna Gil obtivo o pase para a final dos 50 m.v. cun prometedor 8,41. Alba Campos e Maria Rodriguez non pasaron da semifinal con sendos tempos de 8,80 e 9,60. Na final Ariadna Gil rematou 5ª, sendo as catro primeiras marcas da final marca mínima para o Campionato de España, ademáis da gañadora batir o record galego. Veronica Núñez no concurso de altura foi 6ª superando o listón en 1,37.


altura


     No concurso de lonxitude  Irene Menéndez andivo preto do podio, empatando coa terceira con 4,71. Ariadna Gil rematou en 5º posto con 4,69. En lanzamento de peso  contamos coa presenza de Valeria Rodríguez que rematou subcampiona galega con 10,13, ademáis das irmans Alba e Laura Campos, que foron 10ª e 13ª respectivamente.


DSCN0272


RESULTADOS


 

Deja una respuesta