CIRCUITO DE MARCHA JOSEFINA ROMERO

3ª XORNADA DO CIRCUITO – CANGAS

O domingo  17 de xullo  reunímonos en  Cangas onde se  celebrou a terceira xornada deste circuito, esta vez foi en pista.

Na primeira carreira, 1 km,  obtivemos un pódium amárelo, o primeiro posto foi para a actual campiona galega e a poseedora do récord galego nesta distancia, Valeria Fernández. Segunda foi Ana Piñeiro e a terceira Valeria Rodriguez.  Ainoa Santos estrenouse nesta modalidade e acadou a cuarta posición.

Andrés Obenza quedou cuarto nos 2 km, e Juan Piñeiro, irmán de Ana P., quedou 6º. Nos 3 km Mar Chillón foi a primeira da sua categoría e Noa García a quinta da súa, na que tamén participou Paula Martínez que se estrenou quedando no séptimo posto.

Ángel Menduiña e Iria Piedras competiron nos 5 km, o primeiro foi o terceiro dos xuniors en pasar pola meta.  Iria foi descalificada.

En marcha sempre direi quen son descalificados por que a pesar de non acadar a meta e unha marca, pódese dicir que case fan o mesmo traballo cos outros atletas e as veces, con ou sen razón, pero sempre con faltas, son descalificados uns metros antes de entrar na meta, tras facer moitos kilómetros. Polo tanto merecen ser nombrados.

XORNADA FINAL – CORUÑA 17 SEPTIEMBRE 2011

Esta vez foi unha xornada de  marcha en ruta e  realizouse  ao carón dos xardíns dos Cantóns  aproveitando que despois competían os mellores marchadores do mundo.

Por ser a  primeira competición trálas vacacións non houbo a distancia de 2 km. Os benxamíns e alevíns fixeron 1 km. O primeiro en cruzar a meta dos nosos atletas foi Andrés Obenza que quedou 5º.  Seguíanno Valeria F. e Ana P. quenes foron a primeira e a segunda das benxamíns. Despois chegou Valeria R. coa que se completou o pódium. Ainoa S. foi quinta. Valeria F. foi a campiona benxamín deste circuito.

Nos 3 km Mar, tras liderar un grupo de atletas que non a deixaron, foi segunda, pero foi a campiona deste circuito. Noa G foi cuarta. Nos 5 km Ángel M. tras pasalo moi mal durante a carreira foi terceiro. Rebeca Obenza foi a segunda das promesas. Iri P. tivo que abandonar a carreira por non atoparse ben.

   Tras terminar o circuito chegou o momento dos atletas olímpicos. Os pequenos pasáronno moi ben vendo como marchaban e cando remataban de competir, ían tras eles para conseguir autógrafos e fotos cos campións.

Deja un comentario