A Coruña, 04 de febreiro de 2017
O Palacio dos Deportes de Riazor fixo frente ao temporal e acolleu o CAMPIONATO GALEGO PROMESA E ABSOLUTO PISTA CUBERTA. Os primeiros en estrear a participación d@s amarel@s foron os atletas do 200 m.l., neste caso, o xuvenil Daniel Calvar, quen obtivo o pase a final cun tempo de 24.14. Outro xuvenil participaba na semifinal de 400 m.l., David Lorenzo remataba en 53.52 sen acadar praza na final. A junior Paula Martínez liderou a súa serie con 8.06 na semifinal, pero o tempo de corte para a final foi inferior a este. O mesmo lle pasou a Daniel Armada, quen rematou en 6.40 os 50 m.l. , sendo o tempo de pase sensiblemente inferior. Daniel Calvar sería descalificado na final dos 200 m.l., o motivo pisar fora da sua calle.
A que si obtivo recompensa foi Raquel Villa, que rematou Campioa Galega Promesa en Peso. Cun mellor lanzamento de 11.63 rematou 2ª no concurso absoluto.
Debe estar conectado para enviar un comentario.