GALA DO ATLETISMO GALEGO

A Estrada, 29 de marzo de 2019

     A Academía Galega de Seguridade Pública acolleu a GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO. Autoridades e invitd@s agasallaron aos atletas cun merecido recoñecemento a os logros acadados a pasada tempada. Neste ambiente atlético de «gala» foron recoñecidos dous amarelos. Ana Piñeiro e Lope Quinteiro viron rememorados os seus podios nos Campionatos de España, ademáis de gozar da compañia doutr@s ilustres homenaxead@s. Para mostra a recente Campioa de Europa de Triple Salto. Noraboa a tod@s @s premiad@s.



GALA DO ATLETISMO GALEGO

O Barco de Vadeorras, 12 de xaneiro de 2018

     Parece que o día 12 de xaneiro de 2018 estaba marcado no calendario atlético coma o día de Ana Piñeiro. Despois da tempada que nos deleitou chegaban os recoñecementos das entidades públicas relacionadas co atletismo, neste caso a Federación Galega de Atletismo máis o Concello de Cangas. Coincidían na mesma data a GALA DO DEPORTE en Cangas e a GALA DO ATLETISMO GALEGO en O Barco de Valdeorras. No primeiro caso estaba nominada coma MELLOR DEPORTISTA POR MODALIDADE e MELLOR PROMESA FEMININA, ao final non foi elexida coma gañadora en estas categorías. 

     Onde si contaba con dous premios seguros era na Gala da FGA, todo en base as medallas obtidas nos Campionatos Nacionais.  Estas premiacions permitironlle subir duas veces, unha coma medallista no Campionato de España Cadete e outra coma compoñente da selección Galega que obtivo a medalla de Bronce no Campionato de España por Federacións Autonómicas.  



GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO

    No día de onte, venres 07 de abril, celebrouse en A Pobra do Caramiñal a X GALA DO ATLETISMO GALEGODe maneira individual e por equipos premiabase @s máis destacados da tempada 2015/16. Por segundo ano consecutivo o noso Club foi premiado na categoría MELLOR CLUB DE CATEGORIAS INFERIORES. Agradecer esta distinción e facela extensiva a toda a familia amarel@.  



     No acto estiveron presentes o adestrador Jose Calvar, máis a Presidenta Mª Carmen Paradaque foi quen recolleu o premio.


GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO

    O vindeiro día 1 de abril terá lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela  a GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO. Será a partir das 19:00 horas no Salón de Convencions do Edificio CINC. As premiacions xa están decididas en base a seguinte CIRCULAR Na categoría Junior  Raquel Villa Carracelas, vai ser recoñecida polo Subcampionato de España. Por clubes vai ser premiado o EQUIPO INFANTIL FEMININO que se proclamou Campión de España.

     Tamén salientar as premiacións de Laura Meira e Mar Chillón, que acadarón os podios baixo os colores do Vila de Cangas, ainda que nesta tempada xa non militan no Club. Parabens por estes e vindeiros logros, agradecendo a súa gran aportación a  familia amarela.

     Ainda nos deparará unha sorpresa a GALA.  O Vila de Cangas será elexido coma o MELLOR CLUB CATEGORÍAS INFERIORES.  Parabens a toda a familia amarela.


IMG-20160401-WA0005


 

 

NOMEADOS GALA DO DEPORTE DE CANGAS

     Temos o pracer de comunicarvos o nomeamento das persoas que se detallan máis abaixo como candidato/as os premios da GALA DO DEPORTE DE CANGAS – 2015, que vai ter lugar o vindeiro venres, día 15 de xaneiro de 2016, a partires das 20.00 h no Auditorio Municipal do Concello de Cangas.


Mar Chillon.- MELLOR PROMESA FEMENINA


11816255_10204730968139662_4702727999983936393_o


  • Campiona  Galega de Marcha en Ruta (Marín 15.02.2015)

    Subcampiona Absoluta de Marcha en Ruta (Marín 15.02.2015)

    Compoñente Selección Galega de Marcha (Jumilla 01.03.2015)

    Campiona de España coa Selección Galega de Marcha (Jumilla 01.03.2015)

    Subcampiona de España  de Marcha en Ruta  (Jumilla 01.03.2015)

    Campiona Galega Marcha en Pista A.L. (Pontevedra 30.05.2015)

    Bronce Cto. España Marcha Pista A.L. (Valladolid, 04.07.2015)

    Record Galego 10.000Mts Marcha Pista A.L. (Valladolid, 04.07.2015)

    Compoñente Selección Galega Absoluta (Gijón, 25.07.2015)


    Francisco Rodal.–       MELLOR ADESTRADOR


    936040_189629951225508_129247396_n


    Equipo Feminino Infantil.- MELLOR PROMESA FEMENINO


    infantil


    Record Galego Relevo 4 X 1 Volta P.C. (A Coruña 17.01.2015)

    Campionas Galegas III Liga Federada (A Coruña 17.01.2015)

    Campionas Galegas Pista A.L. (Riveira, 23.05.2015)

    Campionas de España Pista A.L. (Valladolid, 20-21.06.2015)

    Record Galego Relevo 5X80 A.L. (Valladolid,  21.06.2015)


     

    Raquel Villa.- MELLOR DEPORTISTA FEMENINA


    Raquel_Villa,_junio_2008


    Campiona Absoluta Peso en P.C. (A Coruña 31.01.2015)

    Subcampiona de España de Peso (Valencia 08.03.2015)

    Campiona Galega Peso A.L. (A Coruña 07.06.2015)

    Campiona Galega Disco A.L. (A Coruña 07.06.2015)

    Bronce Galego ABSOLUTO en Pista A.L. (P. de Aguiar 18.07.2015)


     CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS.- MELLOR CLUB


    escudo_vila


GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO 2013/14.

Hoxe, a partir das 19:30 horas, vai ter lugar no Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Sada a GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO 2013/14. Alí estaremos presentes, neste caso sera o adestrador de fondo Alvaro Prieto Fervenza.  Ten que recoller un premio como MELLOR CLUB DE CATEGORIAS INFERIORES, outro para Mar Chillón e Noa García como compoñentes da SELECCION GALEGA DE MARCHA e por último MELLOR ATLETA JUNIOR DE PESO para Pablo Castro.  Noraboa por estes premios en nome do CLUB. E tamén dar as gracias pola parte que nos toca.

LISTA DE PREMIADOS

Agardemos que Alvaro teña sitio  no coche, xa que vai acompañar a Solange Pereira, que tamén esta premiada en varias categorías. Moitos parabens para ela e GRACIAS a todos os que formades parte do CLUB, este premio tamén e voso.

GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO(2)