PREVIA DA FASE PROVINCIAL DA LIGA FEDERADA ESCOLAR

     O sábado 01 de decembro o CGTD de Pontevedra vai acoller a FASE PROVINCIAL DA LIGA FEDERADA. A competición, por equipos, abrangue as categorías escolares (SUB 10-12-14). Nesta competición trataremos de clasificarnos para a FASE FINAL que terá lugar en Ourense o vindeiro 22 de decembro.  Da estación de autobús de Cangas  sairá un BUS as 08:45 horas, voltando ao remate da competición.  MOI IMPORTANTE ao tratarse dunha competición por EQUIPOS comunicar canto antes as BAIXAS de nen@s que puideran afectar ao conformar os equipos. No seguinte enlace atopase o REGULAMENTO, cun HORARIO PROVISIONAL que no caso de non cambiar será o definitivo, tamén se especifica a ubicación das pistas do CGTD Pontevedra, en resumo,  toda a información importante en relación co Campionato:


INFORMACION CAMPIONATO

NOVO HORARIO


 


   @s atletas convocad@s son:

SUB 10 HOMES

  • IKER RIAL,  50 m.l. e salto altura
  • BREO FERNANDEZ, 500 m.l. e 50 m.l.
  • MIGUEL FERNANDEZ, 500 m.l. e salto lonxitude
  • PEDRO GONZALEZ, 1000 m.l. e relevos
  • MARCOS RIAL, 1000 m.l. e salto de lonxitude
  • AMARO BASTON, peso e relevos
  • HECTOR ABAL, peso e relevos
  • BRUNO DIAZ, salto de altura e relevos

 

SUB 12 HOMES

  • HUGO DOMINGUEZ, 1000 m.l. e 60 m.l.
  • HUGO COLLAZO, 500 m.l. e salto lonxitude
  • BRAIS RODRIGUEZ, salto de altura e relevos
  • BRAIS PINTOS, 1000 m.l. e relevos
  • DIEGO GARCIA, 500 m.l. e relevos
  • MARTIÑO SOTELO, peso e relevos
  • UNAI FERRAL, 60 m.l. e salto de lonxitude
  • RAFAEL VINICIUS, peso e salto de altura

SUB 12 MULLERES

  • GORETTI CARBALLAL, 60 m.l. e peso
  • ESTELA RAÑA, 60 m.l. e relevos
  • LEIRE FONSECA, 500 m.l.
  • LEIRE BRUN, 500 m.l.
  • SABELA CASTELO, 1000 m.l. e relevos
  • UXIA GIL, 1000 m.l.
  • NOA QUINTEIRO, peso
  • LEIRE FERNANDEZ, relevos
  • HELENA BELLO, salto de lonxitude e relevos
  • ANA CORDEIRO, salto de lonxitude
  • ALBA DEL VALLE, salto de altura
  • SABELA DOMINGUEZ, salto de altura
  • CANDELA CASTRO, (reserva)

SUB 14 HOMES

  • MANUEL LEMOS, 60 m.l. e pértega
  • LUCA PIÑEIRO, 60 m.l. e salto de lonxitude
  • RAUL RIAL, 500 m.l. e salto de lonxitude
  • CARLOS CORREDOIRA, 500 m.l. e triple salto
  • CARLOS LOPEZ, 1000 m.l. e 60 m.v.
  • YAGO JUNCAL, 1000 m.l. e triple salto
  • DIEGO MARTINEZ, 60 m.v. e salto de altura
  • ELOY DOMINGUEZ, peso e salto de altura
  • IKER PIÑEIRO, peso e relevos
  • RUBEN LEMOS, pértega e relevos
  • MIGUEL LOPEZ, relevos
  • JUAN GALLEGO, relevos

SUB 14 MULLERES

  • CLAUDIA CARCER, 60 m.l. e salto de lonxitude
  • CARMEN FRAGA, 60 m.l. e salto de lonxitude
  • AGATA RODRIGUEZ, 500 m.l. e 60 m.v.
  • LUCIA GIL, 500 m.l. e relevos
  • UXIA SANCHEZ, 1000 m.l. e relevos
  • MAIALEN FERNANDEZ, 1000 m.l. e relevos
  • GEMA DACOSTA, peso e 60 m.v.
  • NOA NERGA, peso e salto de altura
  • SARA NERGA, salto de altura
  • IRIS MALVIDO, pértega e triple salto
  • ARIADNA BECERRA,  pértega e triple salto
  • MAR CURRA, relevos
  • NOA PIÑEIRO, (reserva)
  • CRISTINA TABOADA, (reserva)
  • NEREA MALVIDO, (reserva)
  • MARTA RUA, (reserva)
  • CARMEN GONZALEZ, (reserva)

PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

     O vindeiro 24 de novembro vai ter lugar en Narón o XXX CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO. Vai ser o primeiro Campionato Federado da actual tempada e disputarase no Estadio Municipal Rio Seco. Esta proba de pista ao aire libre contará coa presenza de vari@s amarel@s. Pedro González na proba de 1km para SUB 10. Carlos Corredoira en 2km para SUB 14. Iris e Nerea Malvido nos 2km da categoria SUB 14. Sabela Castelo estreará categoria SUB 12 cun percorrido de 2km. O programa de probas do Campionato ten previsto o seguinte HORARIO:


10:45  1000m Sub10 H-M
10:55  2000m Sub12 Mulleres
11:15  2000m Sub12 Homes
11:35  2000m Sub14 Mulleres
11:55  2000m Sub14 Homes
12:15  3000m Sub16 Mulleres
12:45  5000m Sub16/Sub18/Sub20/Sub23/Senior/Máster Homes
13:15  5000m Sub18/Sub20/Sub23/Senior/Máster Mulleres


INFORMACION CAMPIONATO



PRESENTACION TEMPADA 2018/2019

Cangas, 17 de novembro de 2018

     O sábado 17 de novembro no Salón de Plenos do Concello de Cangas, arroupados pol@s soci@s, tivo lugar a presentación dos equipos do Vila de Cangas para a presente tempada. A familia politica que nos acompañou estivo representada por Chelo Besada, Deputada de Deportes, Xoan Chillon, Concelleiro de Deportes e Jose L. Gestido coma membro de Cangas Decide. No tocante a familia atlética tivemos a sorte de contar con un podio de categoria.  Escoitamos, da man de María Abel Dieguezos pormenores dunha exatleta olímpica. Contounos o que se lle pasaba pola cabeza neses durisimos maratons que a encumbraron a élite do atletismo. Agora e a nosa veciña polo cal agardamos poder empaparnos da sua sabiduria.



     Solange Pereira tamén nos acompañou. Tivo a deferencia de relatarnos os avatares da sua clasificación para o Campionato Europeo de Cross Mixto, sempre desde a humildade que a fai dobremente grande. Mar Chillón pechou o trio de invitadas poñéndonos o día do atletismo universitario, do seu pasado no Club e esas amizades que fixo para sempre. Será difcil esquecer a impronta que deixou a marchadora tanto no Club coma nos seus integrantes.



     O programa seguiu a orde establecida o longo dos anos anteriores. Primeiramente sacamos  a foto de grupo no exterior. Xa dentro do Concello, foron desfilando os diferentes equipos segundo as categorias. Pasamos lista, e a verdade, viñeron case tod@s. Menuda canteira, abraiados nos teñen. Máis cando os xuntamos en tan pouca superficie, nos desborda a sua vitalidade.



     Como toda festa galega, que se precie, rematamos degustando productos da casa (de cada un). Previamente foi repartida a revista nº 23, chegando a ser «trending topic» na sobremesa. Non nos queda máis que agradecervos formar parte da familia amarela un ano máis. No vindeiro ano cumprense 25 anos da creación do Club, así que igual nos da por facer unha xuntanza de amarelos, ex-amarelos…daquela si que non cabemos.


DATA PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2018/19

  O mes de novembro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2017/18, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 23 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 17 de novembro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estará composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • Entrega da revista nº 23 do Club.

  • PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

*(Procuraremos sexa unha comida saudable,  para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )