PRESENTACION TEMPADA 2014/15

Cangas a 22 de novembro de 2014

Como xa é tradición o mes de novembro acolle a presentación da nova tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Este ano tamén se pretendía recordar e celebrar os 20 anos de existencia do Club, os seus inicios ligados ao Club de Remo e as vivencias dalgún atleta, adestrador ou directivo que foron e son testemuñas da historia do Vila.
O que  xa esta instaurado son os pinchos para rematar a presentación, sobre as 17.00 horas a contorna do Concello xa empezaba a ter unha mestura de olores culinarios que facían sospeitar cal ía ser a guinda do acto.
Houbo ata retornos como o de Maria Gestido, quen volve para reforzar ese magnífico equipo feminino, que tantas alegrías nos está a dar ultimamente. Sorte nesa nova andaina e benvida de novo.
Unha vez dentro do Salon de Plenos ímonos dando conta de que case non cabemos, de que particularmente este ano hai moitos nenos novos. Van desfilando as categorías para sacar as fotos dos equipos. A tradicional foto de grupo sacámola na praza do Concello aproveitando un respiro que nos dá a chuvia.
Cando todos os equipos remataron a sesión de fotos prodúcese unha planeada homenaxe, con tarta incluída, a Mari e a Calvar. Púxose bastante emotiva a cousa, non é para menos. A quen lle amarga un doce, e sempre é bo ter un momento para poder agradecer moitas cousas e este era o momento de Mari e Calvar.
Da tarta non quedou nada, esperemos que o recoñecemento dure máis. Xa dixemos que o Salón se nos quedou pequeno se a iso lle sumamos a media de idade dos nosos atletas, estaba claro que a charla-coloquio non se podía dilatar moito, e así foi breve, clara e concisa. Estaba preparado no piso de arriba o superpincho estilo «Bueu», cada un leva ou seu, que unha vez emplatado e distribuído non tiña nada que envexar aos caterings profesionais.
Tanta présa tivo a xente en subir que algún se esqueceu a revista n.º 19, xa sabedes se vos pasou o empacho e a queredes, podedes pedila. Vémonos nas Pistas.

Acordo Colaboración con Trig Money

Novo beneficio para membros!
Grazas ao noso máis recente socio Trig Money poderás aforrar diñeiro cando compras en liña. Inscribíndote hoxe mesmo poderás ter acceso a ofertas en miles de tendas en todo o mundo así como tamén recibirás un regalito de benvida.
Ademais, o club tamén obterá ganancias por cada compra que fagas!
Como funciona?
Trig Money é un servizo gratuíto que che permite recibir devolucións («Cash back» como o chaman eles) cando compras en liña. Todo o que tes que facer é descargar a aplicación de Trig Money e seguir comprando como de costume.
Cando finalices unha compra nunha das tendas afiliadas, a devolución será depositada automaticamente na túa conta de Trig Money.
É así de doado e… é gratis!
Dáte de alta hoxe mesmo e comeza a recibir devolucións en tendas como: Fnac, Carrefour, Vodafone, Sony, eDreams, Zavvi, Iberia, Telepizza e moitas máis.

Para máis información: http://trigurl.com/viladecangas

Fase Provincial III Liga Escolar Federada.

Vigo 15 de novembro de 2014.

 

Primeira competición oficial da nova tempada.  As pistas de Balaidos acollían a Fase Provincial da III Liga Escolar Federada. Clubes de toda provincia acudiron para completar esta competición pensada para equipos, segundo a normativa o primeiro clasificado acadaba o pase a fase final, despois dependendo da puntuación pasarían oito equipos máis de toda Galicia. O autobús partiu de Cangas cargado con representación en todalas categorías, eran as 09:15 horas da mañan e chovia de manera cuantiosa.

Unha vez en Vigo a mañan portouse, caiu algún chuvasvo pero de maneira puntual. As dez horas comenzouse a repartir os dorsais para ter tempo a quentar, sobre as 10:45 horas estaba programado o inicio das probas. Podían acudir dous atletas por proba e puntuar para os equipos.  Para alguns benxamins tamen era a sua estrea nas competicións oficiais, esperemos disfruten co atletismo e manteñan esa ilusión intacta. Claro esta que a peor parte levarona os entrenadores xa que tiveron que estar atentos do desenvolvemento de todalas probas, e eran unhas poucas.

No tocante os resultados, que tamén é importante, a xornada para os equipos foi de maneira global un éxito. Os esforzos dos atletas e o seu traballo en equipo alzaron o Vila de Cangas como mellor equipo da provincia nas tres categorías. En benxamins homes acadaron o primeiro posto, as mulleres segundas,  con 192 puntos na suma dos dous. En alevins os homes repetiron o primeiro posto e as mulleres foron cuartas, sumando 239 puntos. En Infantis os homes quedaron segundos o non poder completar o relevo, mentras que as mulleres conseguiron o primeiro posto, sumando os equipos 211 puntos.

Estes foron os resultados individuais:

BENXAMINS:

Guillermo Alonso            2º 50 m.l. e 2º peso

Yago Juncal                      5º 50 m.l. e 4º lonxitude

Sergio Valladares            5º 500 m.l. e 2º relevos

Raúl Rial                           7º 500 m.l.

Carlos López                    1º 1000 m.l. e 2º relevos Seguir leyendo

PRESENTACION TEMPADA 2014/15

A xunta directiva do Clube Atletismo Vila de Cangas ten a honra de invitarvos á presentación pública dos seus atletas para a tempada 2014/15.  Feito que terá lugar o vindeiro Sábado 22 de Novembro ás 17:00 na Sala de Plenos do Concello de  Cangas. Este novembro cumprimos 20 ANOS, e algo se falará do tema.

Detalle do acto:

– Presentación dos equipos por categorías  e sesión fotográfica.

– Charla-coloquio.

– Entrega do Nº 19 da revista do clube.

Como ven sendo costume remataremos con un pincho consistente nas aportacions culinarias de todos e todas. Xa sabedes Chefs do morrazo,  tedes un reto.

Esperando con ilusión a vosa asistencia á acto,aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.