CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS

O pasado domingo día 22 celebrouse en Pontevedra o campionato galego de probas combinadas das categorías cadete e xuvenil, así como o critérium galego de probas combinadas xunior, promesa e absoluto.

As participantes do club Vila de Cangas foron Mónica Cabirta na categoría promesa ,e Paula Martínez ,Sara Villar e Alexia Vidal na categoría cadete.Os resultados foron satisfactorios a pesares do frío, os retrasos e as sempre inoportunas lesións ,acadando Mónica unha ben merecida medalla de prata despois de competir cun pé moi inflamado.

Na categoría cadete temos que lamentar a retirada de Sara despois de mancarse o xeonllo na proba de 60m valados, que lle impediu seguir competindo,pero conseguiu remata-la carreira cun excelente rexistro.Por outro lado destacar as participacións de Paula, que  mellorou a súa marca nesa mesma proba e acadou a 8ª posición na clasificación final. Alexia  mellorou marca en altura, a pesar de que tras saltar 1.52 o listón cae, finalmente  acadou a medalla de bronce.

Araceli Martinez

Resultados galego combinadas xan 2012

CROSS ZONAL CANGAS

Estrenamos circuito no concello de Cangas, en Darbo, na zona de Varalonga.  O lugar  está moi ben, ten unas vistas magníficas de Vigo ,a ría e a illas Cíes. Tamén se  pode mirar todo o recorrido, menos cando ao facer a volta grande, teñen que ir por abaixo. Como non ten unha zona de vestuarios e duchas, o exército colocou tres tendas de campaña, dúas para vestuarios e unha para secretaría.

As primeiras en estrenar o circuito foron as benxamíns, subiron ao pódium Ana Piñeiro, ouro, Sara Mallo, prata, as dúas do Vila de Cangas, e María do Morrazo,bronce. Clasificáronse os dous equipos do Vila. En homes  os tres primeiros foron do Vila de Cangas. Por orden de entrada foron Gabriel Dacosta, Lope Quinteiro e Teo Iglesias. Clasificáronse para o provincial un equipo do Vila e outro do Morrazo.

Na seguinte carreira, a das alevíns femenina, casi fixo falta outro aparello do que carece esta instalación, a foto finish. Tras unha dura carreira Sandra Souto conseguiu acercarse a Ariadna Gil que ía primeira todo o tempo. Tras un forte sprint, un paso foi o que as separou, quedando Ariadna primeira e Sandra segunda. As dúas son do Vila e viñan seguidas de Raquel do Samertolameu. Os equipos clasificados foron o Vila de Cangas e o Samertolameu. Nos rapaces  entraron os tres primeiros do Vila,  Carlos Bacelar (ouro) Aarón Dominguez (prata) e Antón Iglesias (bronce) e pasan o provincial os dous equipos do Vila.

Na carreira das  rapazas infantiles tamén houbo emoción. Durante toda a carreira os postos mantuvéronse, correndo con certa distancias unhas das outras. Alba Vidal foi a primeira en entrar en meta seguida de Noa García. Tras ela viña Vanesa do Morrazo   pero María Jesús Corredoira,  que aínda non se recuperara da lesión, foi acortando distancia  ata que o final, nun apretadísimo sprint  conseguíu arrebatarlle o posto, sendo María a terceira. Na carreira masculina  tivemos un invitado, José Villar, que foi o ganador moral da carreira. Os tres primeiros foron do Vila, Sergio Piñeiro (ouro), David Lorenzo (prata) e Adrián Outeiral (bronce). Tanto en homes como en mulleres clasificáronse os dous equipos do Vila.

As rapazas cadetes tamén lograron un pódium completamente amarelo ao ser as tres primeiras Noa Rouco (ouro),  Noelia Graña(prata) e Lucía Piedras (bronce) do Vila.  Julia Alonso fixo unha magnífica carreira a pesar de estar lesionada, logrando quedar cuarta. Todos os participantes na carreira dos rapaces desta categoría  clasificáronse para o provincial , xa sexa por equipos ou individualmente, xa que eran moi pouquiños. O primeiro en traspasar a liña de meta foi Eloy Guimeráns seguido de Jaime Ocaña, os dous do Vila, e o terceiro foi Andrés  do Morrazo.  Por equipos clasificáronse tanto os homes como as mulleres para ir o provincial.

O resultado final para o Vila de Cangas foi  8 ouros, 8 pratas e 5 bronces e 12 equipos clasificados  para o provincial.

Resultados cross zonal Varalonga 2012

Memorial Alejandro Lorenzo – Cto. Galego de Cross Curto clubes – Cto. Galego campo a través cadete e xuvenil individual e de equipos

Domingo 15 Enero 2012

Nesta fría mañan fomos ata o circuito de Monterrei en Ourense onde se celebraron os tres campionatos galegos. A chuvia non fixo demasiados  estragos  no circuito e non durou demasiado, aínda que os atletas chegaron con  lama.

O saldo final para o Vila de Cangas foi 2 podiums individuales, 7 podiums por equipos e un atleta e un equipo clasificados para o campionato de España de cross.

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

Comezamos a mañá de boa maneira, as primeira en correr foron as benxamíns  é Ana Piñeiro foi terceira logrando a medalla de bronce. O seu equipo, formado tamén por Sara, Alba, Ainoa, Araceli e Emma, foron segundas. Os homes  desta categoría foron primeiros.  Gabriel  foi 4º e Lope 5º, o resto do equipo estaba formado por Teo, Lois, Pedro, Adrián, Ramón e Martiño.

O equipo das rapazas alevíns foron segundas por equipos. A primeira en chegar foi Sandra, 5ª, seguida moi cerquiña por Ariadna, completaban o equipo  Valeria, Irene, Naiara C, Naiara V, e Alba. Os rapaces, para  non ser menos, tamén quedaron segundos por equipos. Os catro primeiros chegaron seguidos uns dos outros ,liderados por Aaron Dominguez , seguíano Simón, Juan e Antón e non moi lonxe, Aaron F, Mauro e Jesús.

As infantiles tamén subiron o pódium, aínda que o fixeron no terceiro posto. Alba, tras unha magnífica carreira, quedou 4ª. O resto do equipo por orden de chegada son Noa, Paula, Ana, Saray e Nerea. O equipo dos homes subiron ó pódium no segundo posto. Jorge, foi o primeiro en chegar, fíxoo no 9º posto, tras él chegaban Adrián, David, Dani A, Martín, Andrés, Manel e Dani C.

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CADETE E XUVENIL INDIVIDUAL E EQUIPOS

As dúas categorías competiron  xuntas. Primeiro foron as rapazas, Mar Chillón quedou 4ª  obtendo praza para o campeonato de España de cross. Despois chegaban María N, Iria, Ana, e Patricia. Por equipos quedaron 6ª. Os rapaces Xuveniles tamén fixeron unha boa actuación, quedaron terceiros por equipos, polo que se clasificaban para o campionato de España, e por isto non fora suficiente,   Tomás Ocaña obtivo  a medalla de bronce, os demais componentes do equipo son Jesus, Antón, Adrián e Rafael.

Na categoría cadete participamos con dous rapaces Eloy que chegou de 27º e Jaime de 47º. As rapazas foron 6ª por equipos, a primeira en cruzar a meta foi Noa (13ª) seguida de Noelia, Lucía, Alexia, Esmeralda, Ana e Sara.

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CORTO DE CLUBS

O equipo femenino quedou mellor  que os dos homes, elas foron 5ª e eles 13º. A primeira en entrar en meta foi Andrea, seguida das irmáns Eva e Marina, tras elas chegaban Belen e Rebeca, Mónica, por razóns descoñecidas ata agora, tivo que retirarse. Os homes , encabezados por Maikel, chegaron neste orden: Alberto, Sebastián, Angel, Fernando e Roberto.

Resultados  http://www.championchipnorte.com/externos/20120115200304_V_CROSS_OURENSE_CAPITAL_TERMAL/V_CROSS_OURENSE_CAPITAL_TERMAL.htm