Cuntis, 06 de decembro de 2015
O domingo 06 de decembro Cuntis converteuse na Capital Nacional da marcha atletica. As pistas de atletismo de As Canteiras acollían o V CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA PROMOCION e paralelo a este gran evento tamén se celebrou o G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA. No Campionato de España estivemos representados pola cadete Valeria Fernandez, quen recorreu os 3000 metros nun tempo de 16:38.7- acadando o posto 20 desta categoría.
No G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA contamos coa presenza do alevín Denis Fernández, quen rematou en 1ª posición o percorrido dos 1000 metros para a súa categoría. A todo isto hai que engadirlle un tempo de 5:14.7-, polo que obra na web da FGA suporía un novo RECORD GALEGO.