VI TROFEO VILADE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

Salvo modificacións de última hora este é o
REGULAMENTO
VI TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA
O Clube Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas e da Fundación Cangas Deporte, organiza o VI Trofeo Atletismo Vila de Cangas en pista, a celebrar no estadio municipal de Cangas de Morrazo o día 28 de marzo de 2009.
1. VI TROFEO CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS EN PISTA
28 DE marzo De 2009
2. Horario previsto das probas:

Horario Probas
10:00 5km Marcha homes (rúa 5)
5km. Marcha mulleres (rúa 1)
10:00 Lonxitude mulleres cadete, xuvenil,infantil
(mínima 3,40m)
Peso homes absoluto (7,260kgr)
Disco homes absoluto (2 kgr.)
10:40 300m.l. homes cadete
10:50 300 m.l. mulleres cadete
11:00 500 m.l. benxamín, alevín infantil homes
11:15 500m.l. benxamin, alevín, infantil mulleres
11:40 Xabalina cadete/xuvenil homes

Peso mulleres Infantil.
Triple homes mínima
11:40 400m.l. valados mulleres absoluta

12:20 Peso infantil homes
600m.l. homes cadete
12:30 600 m.l mulleres cadete
12:40 3.000 m.l. homes
13:00 3.000 m.l. mulleres
13:20 800 m.l. mulleres
13:40 800 m.l. homes

14:00 Entrega de premios
Minimas lonxitude: 3,40m.
3. A competición está reservada a atletas con licencia federativa ou do Deporte Escolar en vigor.
4. Cada atleta poderá participar como máximo en dúas probas.
5. As inscripcións deberán ser entregadas en secretaría media hora antes da sinalada para o inicio de cada proba.
6. Concederanse trofeo para o gañador de cada proba; facendo un total de 20 trofeos.
7. A FUNDACIÓN CANGAS DEPORTE entregará premio en metálico as 2 mellores marcas segúna táboas IAFF. En vigor de 255, e 170€ respectivamente; en categoría femenina e masculina. En caso de empate repartirase a cuantía dos premios.
8. E un accesitt de 75€ a mellor marca en concursos, que se entregará soamente se ningunha das marcas de concursos entra no rexistro das dúas mellores marcas según táboas IAFF. No suposto de entrar no mesmo quedaria deserto.
9. .- O Ilmo. Concello de Cangas, Fundación Cangas Deporte e o Club Atletismo Vila de Cangas e os seús colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra .
10.-As reclamacións e todo o non previsto neste regulamento resolverase dacordo co regulamento da federación Internacional de Atletismo, en vigor.
11.-O control e dirección das carreiras e concursos estará a cargo do Comité de Xuices de Atletismo da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo.
12.-A inscripción neste evento deportivo implica a aceptación deste regulamento.
Resolución de empates premios en metálico
 Si hai 2 Atletas empatados á primeira marca sumase a cuantia do primeiro e segundo premio e dividise entre dous (255+170)/2.
 Si ahí 2 ou máis atletas empatados no segundo posto, repartense equitativamente o importe do segundo e terceiro premio. (170)/nº atletas empatados.
 Idem accesitt.

Deja una respuesta