CAMPIONATO GALEGO XUNIOR- PROMESA Ó AIRE LIBRE

Ourense, 9 de xuño de 2012.

“Ata o 40 de maio non te saques o saio”. Iso é o que reza o noso refraneiro, pero este ano habería que aplicarlle aquilo de: “nin no 40 de maio te quites o saio”.
A data sinalada para este campionato galego debería ser de calor e bo tempo, pero o que os nosos atletas se atoparon cando chegaron a Ourense foi moito frío para estar en xuño. Isto notouse sobre todo nas gradas, que estaban desertas de público.
Con todo, os nosos atletas fixeron todo o posible para subir o podio, e todos eles o conseguiron. A que máis Mónica Cabirta Gutiérrez, que o día seguinte tiña maniotas de tanto subir e baixar do caixón. Para ela foron as medallas de ouro nos 100 m. valados e nos 400 m. valados , de prata no salto de altura e salto de lonxitude e foi 4º en 100m. lisos. Juanma Novo Pardavila trouxo a prata nos 110 m. valados e quedou 6º en xavelina.
Entre as xunior, Alejandra Vidal Gómez levou a medalla de bronce nos 100 m.l.; Nerea Outeiral Vilas a de prata nos 400 m.l.; e Ainara Rodíguez Nogueria a de ouro nos 800 m.l.
Neste campionato, pero fora de concurso, tamén participo Aida Amoedo nos 200 m.l., onde quedou 2ª, e nos 400 m.l. (3ª). María Novo Pardavila encabezou a proba dos 400 m. valados, logrando superar a súa marca persoal .

Deja una respuesta