CAMPIONATO GALEGO DE EQUIPOS CADETES E XUVENILES: OS XUVENILES MASCULINO FORON CUARTOS!! E FINALMENTE AS CADETES …

AS CADETES DO VILA DE CANGAS CAMPIONAS!!!

Esta foi a sensación que tivemos ata onte pola noite, cando a federación confirmou que  por un erro da súa parte (sumaron dúas veces a proba de lonxitude) e por empate en puntos, quedamos SEGUNDAS por ter 6 primeiros postos e o Lucus 7.

Disfrutamos dous días sendo campionas, e agora coa vista posta no próximo campionato, a previa do campionato de España, temos que loitar por mellorar e por intentar dar un pouquiño máis. Entre todas podemos. FELICIDADES CAMPIONAS!!!

 O sábado 10 fomos  ata Lugo onde competíamos con dous equipos, o de mulleres cadete e  o de homes xunior, o cal completamos con dous rapaces do Suárez Marquier, os nosos filiais.

Aínda que facer estes campeonatos despois das vacacións, non é a mellor idea, xa que todos están un pouco baixos de forma e as marcas obtidas no son as dexesadas…houbo  momentos inolvidables  alguns dos cales foron:

Na  primeira proba , a de marcha,  un pequeno malentendido fixo que as cadetes deran voltas de máis. Pero non houbo problemas para que se clasificaran como entraron nos 3 km polo que Mar  proclamouse campiona da proba

Juanma  fixo unha boa carreira nos 110 m valados, ía primeiro ata que na última  valla foi ao chan, pero tras levantarse rematou terceiro.

As lanzadoras Antía, Raquel e Talía lograron a victoria nas súas probas levándolles moita diferencia as súas rivais.  Noelia consegueu superar o medo a lesionarse e estrenouse no salto con pértega, logrando ser a segunda clasificada

Ana B. sorprendeu a todos nos 1500m obstáculos, e a primeira sorprendida foi ela mesma, xa que non ía moi  segura de obter un bo posto. Durante a carreira  foi subindo postos. Ía relevándose con outra rapaza  no liderazgo da proba, ata que na última volta ía soa. Pasou o último obstáculo sendo a primeira, cunha diferencia duns poucos metros e sen aumentar o ritmo da carreira. Isto aproveitouno unha rapaza do Cuntis, xa que consigueu atrapala casi na meta, polo que Ana quedou segunda por un segundo de diferencia  .                       

Os  relevos foron moi emocionantes e sen comparalos, tal vez o que levantou máis expectativa foi o 4×400 m.l. dos rapaces. Antón, Angel, Tomás e Simón sorprenderon a máis de un, que non pensaban que foran a aguantar e a correr tanto. Finalmente quedaron cuartos

Resultados

CADETES FEMENINOS:  Subcampionas galegas

1º Clasifiadas: Alexia Vidal – Lonxitude __Antía Román – Xavalina__Mar Chillón – 3 km marcha__Raquel Villa – Peso__Sara Villar – 100m vallas__ Talía García – Disco

 2ª Clasificadas: Alexia Vidal – Altura__Ana Bermudez – 1500m Obstaculos__Noelia Cousiño – Pértega__Sara Villar – 300 m vallas

 3ª Clasificada:  Julia Alonso – 1000m.l.

 4ª Clasificadas:  Ana Antepazo – 300 m.l.__Estela Costas – 100 m.l.__Eva Otero – Triple__Johana Villar – Martelo__Patricia Abal – 600 m.l.

 5ª Clasificada:  Esmeralda Corredoira – 3000 m.l.

 Relevos:  4×100 (Antía – Carla – Estela – Sara) – 2ª clasificadas__4x300 (Alexia – Ana A. – Julia – Patri) – 3ª clasificadas 

XUVENILES MASCULINOS:  Cuartos clasificados

  1º Clasificados:  Iván Rodriguez – Lonxitude__Jonathan Correa – Xavalina

 2º Clasificados:  Iván Rodriguez –  200m.l.__Jonathan Correa – Disco__Simón Acuña – Peso

3º Clasificados:  Angel Menduiña – 5 km marcha__Juanma Novo – 110 m. vallas__Juanma Novo – Pértega

 4º Clasificados:  Angel Menduiña – Altura__Antón Menduiña – 400 m. vallas__Tinín Maquieira – 100 m.l. e 400 m.l.

 5º Clasificados:  Antón Menduiña – 800 m.l.__Simón Acuña – Martelo__Tomás Ocaña – 3000 m.l.

 Relevos:  4×100 m.l.: 3º clasificados__4x400 m.l. (Antón-Angel-Tomás- Simón): 4º clasificados

Deja un comentario