Campionato Galego de Pista Cuberta para Veteranos.

A Coruña a 2 de marzo de 2014.

 

Tras a xornada das categorías menores o domingo foi o día dos veteranos na Pista Cuberta. O Vila contou coa representación de Belen Lemat, que o sábado andaba por ali cerca, en Guitiriz facendo un duatlón. Pois iso o domingo completou a fin de seman no Campionato de Veteranos de Pista Cuberta,  e parece que non acusou o cansancio. Conseguiu dous Subcampionatos Galegos en 400 ml. e 1500 m.l. e un terceiro posto en 50 m.l. Parabens para esta incombustible atleta.

Campionato Galego Pista Cuberta 2014 para Benxamin- Alevín e Infantil.

A Coruña 01 de marzo de 2014

 

O primeiro sábado do recen estreado mes de marzo,  coincidindo co entroido e as vacacións escolares parecía un bo dia para disputar na cidade herculina o Campionato de Pista Cuberta.  Ollando a chuvia que nos viña enriba non se pudo escoller mellor día. Non parou de chover en toda a xornada, e foi longa,  de maña e tarde con parada para xantar e volta a pista de Riazor. Este ano houbo unha participación moi importante por parte dos clubes de toda Galicia. O Vila presentouse con 40 nenos/as que lograron acreditar marca para participar nun máximo de dúas probas por atleta. Tendo en conta o nivel de participación o resultado global do Campionato podese considerar de moi positivo, acadaronse 11 medallas. Destas foron 5 ouros, 2 pratas e 4 bronces. Salientar que Denis Fernández logrou batir o record galego de 1000 m.l. da categoría benxamín.  Unha longa xornada moi ben aproveitada para congratularse coa pista cuberta, esta ben iso de non mollarse de vez en cando.

 

 

 

 

RESULTADOS:

Benxamíns:

Guillermo Alonso     5º semif.  50m.l.

Joel Curro                  4º lonxi.

Denis Fernández       1º 1000 m.l. e 1º altura

Yago Juncal                15º  1000 m.l.

Eloy Domínguez        8º altura e 9º peso

Carlos Menduiña       6º peso

Agata Rodríguez        14º 500 m.l. Seguir leyendo