VI TROFEO VILA DE CANGAS


A pesares de haber varias competicións neste día, a nosa proba contou con atletas de renome como María Jesús Gestido, Víctor Gallego Bernárdez , José Angel Rodríguez Casal ou Solange Andreia Pereira, entre outros.

A xornada non se presentou propicia para superar marcas persoais, pois había bastante e frío e vento que dificultaban os bos resultados.

vila_de_cangas

VI TROFEO VILADE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

Salvo modificacións de última hora este é o
REGULAMENTO
VI TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA
O Clube Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas e da Fundación Cangas Deporte, organiza o VI Trofeo Atletismo Vila de Cangas en pista, a celebrar no estadio municipal de Cangas de Morrazo o día 28 de marzo de 2009.
1. VI TROFEO CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS EN PISTA
28 DE marzo De 2009
2. Horario previsto das probas:

Horario Probas
10:00 5km Marcha homes (rúa 5)
5km. Marcha mulleres (rúa 1)
10:00 Lonxitude mulleres cadete, xuvenil,infantil
(mínima 3,40m)
Peso homes absoluto (7,260kgr)
Disco homes absoluto (2 kgr.)
10:40 300m.l. homes cadete
10:50 300 m.l. mulleres cadete
11:00 500 m.l. benxamín, alevín infantil homes
11:15 500m.l. benxamin, alevín, infantil mulleres
11:40 Xabalina cadete/xuvenil homes

Peso mulleres Infantil.
Triple homes mínima
11:40 400m.l. valados mulleres absoluta

12:20 Peso infantil homes
600m.l. homes cadete
12:30 600 m.l mulleres cadete
12:40 3.000 m.l. homes
13:00 3.000 m.l. mulleres
13:20 800 m.l. mulleres
13:40 800 m.l. homes

14:00 Entrega de premios
Minimas lonxitude: 3,40m.
3. A competición está reservada a atletas con licencia federativa ou do Deporte Escolar en vigor.
4. Cada atleta poderá participar como máximo en dúas probas.
5. As inscripcións deberán ser entregadas en secretaría media hora antes da sinalada para o inicio de cada proba.
6. Concederanse trofeo para o gañador de cada proba; facendo un total de 20 trofeos.
7. A FUNDACIÓN CANGAS DEPORTE entregará premio en metálico as 2 mellores marcas segúna táboas IAFF. En vigor de 255, e 170€ respectivamente; en categoría femenina e masculina. En caso de empate repartirase a cuantía dos premios.
8. E un accesitt de 75€ a mellor marca en concursos, que se entregará soamente se ningunha das marcas de concursos entra no rexistro das dúas mellores marcas según táboas IAFF. No suposto de entrar no mesmo quedaria deserto.
9. .- O Ilmo. Concello de Cangas, Fundación Cangas Deporte e o Club Atletismo Vila de Cangas e os seús colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra .
10.-As reclamacións e todo o non previsto neste regulamento resolverase dacordo co regulamento da federación Internacional de Atletismo, en vigor.
11.-O control e dirección das carreiras e concursos estará a cargo do Comité de Xuices de Atletismo da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo.
12.-A inscripción neste evento deportivo implica a aceptación deste regulamento.
Resolución de empates premios en metálico
 Si hai 2 Atletas empatados á primeira marca sumase a cuantia do primeiro e segundo premio e dividise entre dous (255+170)/2.
 Si ahí 2 ou máis atletas empatados no segundo posto, repartense equitativamente o importe do segundo e terceiro premio. (170)/nº atletas empatados.
 Idem accesitt.

CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA

Con isto de que as idades nas categorías federadas son diferentes que as escolares, os nosos infantís de segundo ano ou cadetes de primeiro ano, atopáronse con unha dobre competición nesta fin de semana. Así, o domingo desprazámonos ata A Coruña, pero coa plantilla un pouco mermada polas lesións dos atletas ou, mellor dito, das atletas. Aida, Iria, María e Sandra parece que se puxeron de acordo para mancarse. Pese ás lesións Sandra e María aínda intentaron facer as súas probas, pero sen alcanzaren as súas marcas.

         
A quen si hai que destacar nesta xornada é a Claudia, que conseguiu dúas medallas de ouro, unha en 600 e outra en 1.000 m.l., ademais dun quinto posto en lonxitude. A marca dos 600 m.l. ábrelle a porta para o campionato de España en pista cuberta, que será a próxima fin de semana en Oviedo.
En total, foron catro medallas as que se trouxeron para Cangas: as dúas de Claudia, unha de bronce de Tinín en triplo e outra de prata de Ariana en 1.000 m.l.
Os resultados foron:
Homes:
Faustino Maquieira Outeda: medalla de bronce en triplo, 8º en 600 m.l., 18º en 50 m.l.
Rubén Lorenzo Germade: 13º en 600 m.l., 20º en 1000 m.l.
Antón Menduiña Duran: 21 en 1000 m.l.
Jesús Parcero Ríos: 6º en 2000 m.l.
Mulleres:
Nerea Outeiral Vilas: 9º en 300 m.l., 17º en 50 m.l.
Claudia Martínez Gutiérrez: medalla de ouro en 600 m.l. e 1.000 m.l. e 5ª en lonxitude
María Jesús Novo Pardavila: 7ª en 600 m.l., 8º en 3000 m.l., 9ª en triplo
Ariana Martínez Lorenzo: medalla de prata en 1.000 m.l.
Raisa Piñeiro Herbello: 8º en 1.000 m.l.
Alicia Dacruz Domínguez: 13ª en 50 m.v.
Sandra Fernández Paz: 5ª en altura
Ainara Rodríguez Nogueira: 10ª en triplo

CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBS

Impresionante ambiente atlético era o que se vivía en Cáceres, que un ano máis foi a capital do campo a través.
Mentres lucía o sol na súa xusta medida, a proba foi todo un éxito tanto en público como en participación, chegando a superar algunha carreira os 300 participantes. Debido a que a capacidade hoteleira estaba ocupada ao 100%, algúns dos participantes tiveron que pernotar a máis dunha hora do circuíto.

O Club Atletismo Vila de Cangas conseguiu uns impresionantes nas dúas categorías nas que presentaba equipo.
Xunior feminino por orden de chegada: Cristina Gil(25), Mariana da Noite Fernández(36) , Rebeca Obenza(49) y Mónica Cabirta , as catro atletas locais completaron un percorrido mas duro pola forza e o ritmo de las rivais que pola dureza do circuíto en si mesmo. Entre máis de 20 equipos participando lograron un extraordinario noveno posto. O forte ritmo deixou a moitas atletas fora de clasificación.
Na categoría promesa masculino, os cinco atletas completaron todo o recorrido e foi un de los poucos equipos que logrou meter a cinco atletas dentro de tempo, a pesar do ritmo frenético da carreira. Lograron una meritoria 11ª posición. Por orden de llegada: Sergio Iglesias (27), Manuel Caeiro (41), David González (47), Brais Misa (81), Maykel Portela(93).
O delegado del Club, José Calvar Parada, mostrouse moi satisfeito cós resultados e lembrou que Cristina Gil e Sergio Iglesias, formarán parte de la selección galega no vindeiro campionato individual e de selecciones.

PISTA EN IDADE ESCOLAR -VILAGARCÍA

O sábado sete de marzo foi, para moitos nenos, os que competían por primeira vez fóra de casa e moi, moi lonxe, un día cheo de emocións.
A pesar do madrugón e tendo en conta que, moitos repetirían o madrugón ao día seguinte para ir A Coruña, non hai quen lles quite a alegría de xuntarse cos amigos e a aventura de ir de competicións.
O tempo axudou a que o día fose máis redondo, xa que non choveu. Algúns dos nosos atletas fóronse para a casa cós dous pés postos no campionato provincial, pois quedaron entre os tres primeiros de cada proba. Os demais están desexando que chegue a xornada que se celebrará en Cangas o próximo día 21 do mes que corre para mellorar os resultados obtidos nesta xornada.

Os que se clasificaron directamente para o provincial son:
Benxamín:
Adrián Outeiral Vilas en 500 m.l.
David Lorenzo Germade en 1.000 m.l. e altura
Jorge Piñeiro Garrido en altura
Gabril Fernández González en lonxitude
Mauro Rodríguez Pousada en peso
María Jesús Corredoira herbello en 1.000 m.l.
Paula Santos Gil en 500 m.l.
Alba Vidal Soliño en 1.000 m.l.
Noa García Prieto en marcha e peso
Saray Amoedo Portabales en triatlón

Alevín:
Oscar Iglesias Menduiña en 1000 m.l.
Óscar Broullón Sotelo en peso
Yeray Alvarez Gallego en Triatlón
Eva Otero Pastoriza en 60 m.l.
Noa Rouco Baqueiro en 60 m.l. e 500 m.l.
Estela Costas Gandón en 500 m.l. e lonxitude
Noelia Graña Casas en 500 m.l. e altura
Ana Antepazo Regueira en 1.000 m.l.
Carla Bernáedez Miranda en lonxitude e peso
Patricia Torres Ferradás en peso
Alexia Vidal Martinez en triatlón

 

II COPA XUNTA DE GALICIA

O Club Atletismo Vila de Cangas participou este domingo 8 de marzo na II Copa Xuta de Galicia. Este campionato está considerado como o campionato galego para pista cuberta das categorías menores e celebrouse en xornada de mañá e tarde.
Os nosos atletas parecen que empezan a acadar a fama, porque foron enquisados polos xornalistas. Haberá que empezar a pedirlles autógragos, non vaia a ser que logo os vendan caros.
En canto a competición en si, houbo carreiras moi emocionantes que levantaron aos espectadores dos seus asentos, como os cincocentos dos infantís, tanto en homes como en mulleres. Tamén se superaron marcas persoais, como a de Sandra en altura, que superou o 1’38 m. Outros en cambio, notaron o esforzo feito o día anterior en Vilagarcía e non alcanzaron a marca que esperaban.

  
Polos atletas deste Club conseguírense un total de 16 medallas individuais. En canto aos resultados por equipos, o Club conseguiu proclamarse campión en infantil feminino e masculino así como en benxamín feminino. Foi subcampión galego cós equipos benxamín masculino y alevín feminino.

  
Las medallas individuais repartíronse da seguinte forma:

 

infantil
María Jesús Novo Pardavila
Campiona galega infantil en 2.000 m.l. de pista cuberta (8-3-09)

Mar Chillón Camaño
Subcampiona galega infantil en 2.000 m.l. de pista cuberta (3-8-09)
Aida Amoedo Portabales
Subcampiona galega infantil en 500 m.l. en pista cuberta (8-3-09)
Patricia Abal Herbello
Medalla de bronce infantil de 1.000 m.l. en pista cuberta (8-3-09)

Raquel Villa Carracelas
Campiona galega infantil de peso en pista cuberta (8-3-09)

Talía García Prieto
Medalla de bronce infantil de peso en pista cuberta (8-3-09)

Faustino Maquieira Prieto
Campión galego infantil de 500 m.l. de pista cuberta (8-3-09)
Campión galego infantil de triplo en pista cuberta (8-3-
Rubén Lorenzo Germade
Subcampión galego infantil de 500 m.l. de pista cuberta (8-3-09)
Pablo Castro Chapela
Campión galego infantil de peso en pista cuberta (8-3-09)

Benxamín

Saray Amoedo Portablaes
Subcampiona galega benxamín de 500 m.l. en pista cuberta (8-3-09)
Subcampiona galega benxamín de lonxitude en pista cuberta (8-3-09)

Alevín
Óscar Broullón Sotelo
Medalla de bronce en peso alevín de pista cuberta (8-3-09)

Noelia Graña Casas
Subcampiona galega alevín de 1000 m.l. en pista cuberta (8-3-09)

Alexia Vidal Martínez
Campiona galega alevín de altura en pista cuberta (8-3-09)
Medalla de bronce alevín en lonxitude de pista cuberta (8-3-09)

RESULTADOS: c080309

SELECCIÓN GALEGA

catro dos atletas do Vila de Cangas están convocados para acodir ao campionato de España das categorías senior, promesa e xunior coa selección galega. Terá lugar en Albacete o 15 de marzo de 2009. A lista aínda non está cerrada. Publicarase definitivamente o 9 de marzo. Mentres tanto, do noso Club estan convocados o promesa Sergio Iglesias Alonso; o tamén promesa Manuel Caeiro Vigo ( Coruña Comarca); a promesa Andrea García Soage e a xunior Ana Cristina Gil Estévez.
Por outra banda, hoxe marcharon para Cáceres os nosos equipos de promesa homes e xunior mulleres para participar no campionato de España de Clubs. Moita sorte!