Dentro das actividades do día ORGULLO DE CANGAS non se esqueceron da practica deportiva. Este vindeiro sábado 20 de agosto nos Xardins da Palma terá lugar a saída dunha Milla Urbana. Para este percorrido (1609 m) están implicadas as categorías de cadete ata veterán. Nas categorías menores (mini-benxamin ata infantil) disporan doutros percorridos no mesmo circuito urbano. No programa esta previsto o comezo as 10:30 horas, polo cal unha hora antes tomarase nota dos interesad@s en participar nas diferentes probas.
- 10:30.- MINIBENXAMIN (200 mts)
- 10:40.- BENXAMIN (500 mts)
- 10:55.- ALEVIN (800 mts)
- 11:10.- INFANTIL (1000 mts)
- 11:25.- 3 ANOS (80 mts)
- 11:35.- 4 ANOS (100 mts)
- 11:45.- 5 ANOS (120 mts)
- 12:00.- CADETE-XUVENIL-JUNIOR-ABSOLUTO (milla)