XORNADA ATLETISMO BASE


 


REGULAMENTO

1.- O Club Atletismo Vila de Cangas organiza a XXIV Xornada de Atletismo Base o venres 04 de maio de 2018 , ás 17:30 horas.

2.- As probas celebraranse no estadio municipal de atletismo de Cangas de Morrazo.

3.-Celebrarase unha competición na modalidade de probas combinadas. ( Os rapaces teñen que participar nas tres/catro probas da súa categoría).

4.- Os atletas virán acompañados dun responsable maior de idade (pai, nai, delegado …).

5.- A inscrición farase a través do correo electrónico do Club: at.viladecangas@gmail.com, antes do mércores 02 de maio de 2018, facendo constar nome, apelidos, data de nacemento e colexio.

6.- O horario das probas pode adiantarse dependendo da participación.

7.- Categorías de ano de nacemento dos atletas:

  1. a) MINIBENXAMÍN: 2011/2012/2013

  2. b) SUB 10:  2009/2010

  3. c) SUB 12: 2007/2008

8.- Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría, tanto masculino como feminino, e medallas para os finalistas.

9.- Todos os atletas poderán participar nun máximo de catro probas. A efectos de seleccionar o campión/a contabilizaranse as tres mellores puntuacións obtidas polo atleta.

10.- A organización, así como as entidades colaboradoras, non se fan responsables dos danos  morais ou materiais que poidan derivarse desta competición.

11.- Os atletas poderán inscribirse como representantes dun colexio ou a título individual, pero nunca como representantes de club. A proba está aberta todos os centros de ensino do Morrazo e arredores.

12.- A participación na mesma implica a total aceptación  do presente regulamento.