II CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL

A Veiga, 3 de abril de 2016

     A maña en Trevinca non presaxiaba un campionato doado. O percorrido visto no perfil xa facía quentar o corpo. De todas formas tanto corredores como integrantes da andaina ian ben abrigados. A paisaxe foi admirada e tamén palpada. Os rios baixaban con forza e as cordas habilitadas pola organización non estaban de máis, isto non era triathlon, non se precisaba nadar.  Houbo tramos da proba acompañados por neve ademáis de alguns camiños onde a vexetación autoctona galega, entendase toxos, foron rozados polos corredores. Como crítica constructiva o evento tal vez se poida engadir unha sinalización máis abundante.


IMG-20160404-WA0004


     No tocante a Fran Rodal, rematou notablemente o Campionato Galego de Trail. De posto 13º na xeral e 2º na súa categoría, a senior.  Parece que se adapta ben a esta disciplina, sube moi ben e ten ampla experiencia como corredor. A presión mediatica d@s seus pupil@s fixo o resto, o luns tendra que adestrar o equipo sen apenas maniotas. 


IMG-20160404-WA0002

rtrail2016-page-001

CAMPIONATO DE GALICIA JUNIOR, PROMESA, ABSOLUTO E VETERÁN DE TRAIL

     A localidade de Veiga-Trevinca servira de emplazamento para o CAMPIONATO DE GALICIA JUNIOR, PROMESA, ABSOLUTO E VETERÁN DE TRAIL.  O domingo 03 de abril será unha boa oportunidade para disfrutar da montaña ourensá correndo nunha modalidade que se encontra nun punto algido. As probas serán Trail Corto-Campionato de Galicia Junior (masculino e feminino) con un percorrido de 15.3km aprox. e Trail Longo- Campionato de Galicia de Trail con un percorrido de 21.3km aprox. Neste último vai participar Francisco Rodal Abal. Agardamos poida disfrutar da carreira e coidado cos nocellos.


rgtrail2016-page-003