PLAN DE VIAXE A RUA- MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

     A Federación Galega de Atletismo organiza o XXIII Memorial Alejandro Lorenzo – Campionato de Galicia de Categorías Menores de Campo a Través o domingo 26 de xaneiro do 2020 en A Rúa. – O Memorial está destinado ás seguintes categorías: Sub10 (2011-2012), Sub12 (2009-2010) e Sub14 (2007-2008) homes e mulleres. – Sumaranse os puntos dos/as 4 mellores clasificados de cada equipo.Todos/as os/as atletas deberán pasar por cámara de chamadas. A apertura será 25 minutos antes e pechará 15 minutos antes, da saída de cada proba. 

     Vai sair un autobús, da Estación de Cangas, as 06:30 horas. Se sobran prazas poderan ser ocupadas por acompañantes dos atletas (farase unha lista de espera coa xente que o comunique). Para quen faga a viaxe por conta propia será importante estar na saida con antelación (1 hora antes da proba).



     A volta do autobus está prevista ao remate da proba, polo cal se aconsella levar algo de comida ademais dunha muda de roupa. Achegase a ubicación do circuito, no Area Recreativa O Aguillón.



 

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

Friol 31 de xaneiro de 2016

    Fomos despedir o mes de xaneiro a localidade lucense de Friol. O entorno do Club Fluvial acolleu o MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO, para as categorías benxamín, alevín e infantil.  Tras o pertinente madrugón Friol recibiunos con frio e choiva.  O circuito, parecido o de anos anteriores, amosabase moi esixente con lama e charcos durante todo o percorrido. A carreira da categoria benxamín mulleres foi a que estreou o circuito e puideron dar conta do esvaradio terreo.  As nosas benxamins non tiveron dubida a hora de afrontar a carreira, remataron en primeiro posto por equipos.


benxaminM


     Tamén destacar que acadaron podio Lara Iglesias e Sara Nerga, subcampiona e bronce repectivamente. Despois entraron Gema Dacosta 5ª, Lucia Gil 8ª, Iris Malvido 10ª, Noa Nerga 11ª e Leire Fonseca 17ª. Acadaron o 1º posto do caixón cunha suma de 11 puntos.

     No tocante o equipo masculino acudiron tres compoñentes que non daban para completar o equipo. Desexar unha pronta recuperación a Sergio Valladares que foi baixa por enfermidade. Iso si os seus compañeiros non se achicaron e remataron con Raul Rial en 5º posto, Diego Rocha 16º e Eloy Domínguez 22º.


fcircuito


     O equipo alevin feminino rematou en 3º posto con 48 puntos. Para elo contribuiron Nuria Argibay 16ª, Andrea Sotelo 20ª, Agata Rodríguez 22ª,  Blanca Piñeiro 24ª, Nicole Vázquez 29ª, Paula Nerga 32ª e Carmen Castro 36ª.


alevinM


     O podio por equipos da categoria alevín maculina foi moi reñido. Os nosos puideron acadar o subcampionato con 41 puntos. Joel Curro foi bronce, seguido por Denis Fernández 5º, Daniel Quinteiro 22º, Carlos López 23º, Yago Juncal 29º, Carlos Corredoira 34º, Diego Martínez 42º e Manuel Roca 47º.


alevin


    Dabase remate o Memorial coa categoría infantil. As mulleres acadaron o 6º posto. Sara Mallo foi 11ª, Sabela López 19ª, Anais Santamaria 37ª, Ines Pardavila 40ª, Ainoa Santos 48ª e Iria Nieto 49ª. Os homes estiveron encabezados por Lope Quinteiro que acadou o bronce,  seguidos de Daniel Iglesias 18º, Eduardo Parcero 28º, Aaron Otero 30º, Adrián Pastoriza 33º, Ivan Iglesias 40º, Gabriel Dacosta 43º e Jairo Parcero 55º. Unha forte aperta para Pedro Verdeal que se mancou no percorrido, agardamos sexa leve. Con 57 puntos remataron en 4º posto

infantilH


     Como non tiñamos representación nos demáis Campionatos a disputar esa maña en Friol voltamos axiña a Cangas, de cando en vez non esta mal. RESULTADOS MEMORIAL