TROFEO JOSEFINA ROMERO DE MARCHA ATLETICA

A Coruña, 2 de xuño de 2018

     Este sábado na proba de Cantones dabase un digno remate ao Circuito Galego de Marcha Atletica. Tivemos tres amarel@s competindo, Sabela Castelo rematou 1ª no km da categoria SUB 10 cun tempo de 5:24. Lara Iglesias foi 4ªcon 12;12 no percorrido de 2 kms. Ana Piñeiro con 15:29 proclamouse vencedora na proba de 3 kms.



   Entregaronse as premiacions do TROFEO JOSEFINA ROMERO, onde de maneira individual Ana Piñeiro e Denis Fernández acadaron o primeiro posto. Por equipos foron segundos tanto o feminino coma o mixto.



TROFEO JOSEFINA ROMERO DE MARCHA ATLETICA

     Hoxe estase a disputar TROFEO JOSEFINA ROMERO DE MARCHA ATLETICA dentro da festa que supon o GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA CANTONES. O citado Trofeo ofrece as categorías menores a oportunidade de compartir circuito con alguns dos mellores marchadores internacionais. Sorte a tod@s, e @s amarel@s un chisco máis.


RESULTADOS EN DIRECTO TROFEO



CAMPIONATO ESPAÑA LANZAMENTOS LONGOS E MARCHA POR FEDERACIONS

 

     Disputouse en Castellón, esta pasada fin de semana, o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LANZAMENTOS LONGOS. Na categoría SUB 20 participaba Manel Iglesias. Non tiña claro que puidera entrar ata a última semana pero non lle quitaron as gañas. Amosou no Campionato que estar entre os mellores de España non foi casualidade. Excelente concurso de lanzamento de xavelina, onde de maneira moi regular superou os 50 mts. A marca final foi de 53.10, acadando un meritorio 4º posto. Agora mesmo esta situado no cuarto posto do ranking nacional con esta marca, que ademáis supon mínima para o Campionato de España SUB 20 ao Aire libre. Desexamolle unha longa e fructifera estadía na élite, NORABOA.

     A localidade de Burjassot  acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA. Coma compoñente da SELECCION GALEGA na categoría SUB 16 participou Ana Piñeiro. Disputou a proba de 5kms. e rematou 9ª na xeral. Para o equipo ese posto computou coma 7º e aportou uns valiosos puntos que alzaron a Galicia ata a medalla de BRONCE por equipos. Repite posto o combinado galego, o cal sumado a medalla de ouro da categoría SUB-20, afianza o valor da marcha galega a nivel nacional.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Cangas, 11 de febreiro de 2018

 

     O circuito do porto de Aldán, acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. E coñecida a dificultade tecnica que ten esta proba, se lle engadimos chuvia toda a maña máis os mellores marchadores galegos, temos o cóctel perfecto para o que alí sucedeu. @s amarel@s tamén acadaron o seu protagonismo e ben meritoria que foi a sua actuación. Na categoría SUB 10 tinguiron o podio de amarelo, Sabela Castelo e Candela Castro proclamaronse CAMPIOA e SUBCAMPIOA na proba de 1km. Engadir o RECORD GALEGO na distancia, ao rematar en 5:13 a carreira. Segundo record para Sabela nesta tempada, e polo que se adiviña non será o último.



     Catro atletas disputaron a proba de 2kms na categoria SUB 12, todas elas mulleres.  Lara Iglesias acadou o BRONCE,  Iris Malvido foi 4ª, Goretti Carballal 8ª e Nerea Malvido 9ª. Outro grupo con valores seguros, traballo igual a resultados.



     A categoría SUB 14 aumentaba o percorrido ata os 3 kms, rematando Denis Fernández en 5º posto e Carlos Corredoira no 12º. Ana Piñeiro impusose na proba de 5kms e acadou o titulo de CAMPIOA GALEGA DE MARCHA EN RUTA da categoria SUB 16. Esta regular traxectoria suponlle, un ano máis, formar parte da SELECCION GALEGA DE MARCHA.


RESULTADOS