CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

A Pobra do Caramiñal, 26 de novembro de 2023

 

     Ata o Barbanza nos achegaba a marcha atlética para a disputa do CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO. O Estadio Municipal da Alta acolleu esta importante proba de marcha en pista na que tiñamos tres amarel@s. Vera Boubeta disputaba os 2000 m. na categoría SUB 12 acadando o posto 13º. No mesmo lugar rematou Nahía Pintos pero na categoría SUB 14. Diego Garcia foi quen de acadar a victoria e proclamarse CAMPION GALEGO da categoria SUB 16 rematando os 5000 m en 27:07.25



CAMPIONATO DE ESPAÑA FEDERACIONS AUTONOMICAS SUB 16

Gijón, 07 de outubro de 2023

     As federacions autonomicas medianse en Gijón no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16. Alí estivo a mellor versión de Diego Garcia, quen foi capaz de realizar a sua mellor marca persoal 27:56.71 na proba dos 5000 metros da marcha. Acadou o posto 11º e sumou uns importantes puntos que axudaron no 6º posto final que obtivo a Selección Galega da categoria masculina. Salientar tamén o posto 4º que obtiveron na categoria feminina.



CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE MARCHA EN PISTA

A Pobra do Caramiñal, 26/11/2022

     O último sábado de novembro daba acollida no Estadio de A Alta da Pobra do Caramiñal ao CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE MARCHA EN PISTA. Todas as categorías da marcha atlética tiñan este importante test competitivo de cara ao relevo da tempada. Foi unha maña sen choiva o cal agradeceron atletas e público en xeral. No tocante ao deportivo, catro amarel@s disputaron este Campionato cun saldo máis que positivo. Sofia Corrales rachaba o xeo cun 9º posto na proba SUB 10 feminina. As suas compañeiras Nahia Pintos e Leire Fuentes participaban na categoria SUB 12, acadando os postos 7º e 12º respectivamente.



      Xabier Ferral foi quen de finalizar en 3ª posición nos 2000 m. da proba SUB 12 masculina. Xa para rematar Antia Baqueiro proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA nos 2000 m. da categoria SUB 14 feminina.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA

Pontevedra, 21 de novembro de 2021

     Moi boa maña de domingo se atoparon @s marchadores para a disputa do CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA. Polas pistas do CGTD de Pontevedra foron marchando , a primeira hora, @s máis pequen@s, a categoria SUB 10, na que Alan Malvido rematou 9º na carreira de 1000 m. Seguidamente tivemos ampla representación nas probas SUB 14, sobre un percorrido de 2000m. Diego Garcia foi 5º na carreira masculina. Na proba feminina Sabela Castelo impuso o seu trepidante ritmo e rematou 1ª, cun tempo de 9.:33.48 que supon un novo RECORD GALEGO e pasa a liderar o ranking nacional. As suas compañeiras Antia Baqueiro e Estela Raña remataron 7ª e 11ª respectivamente.



 Na categoria SUB 16 as irmans Iris e Nerea Malvido participaron nos 3000 m. acadando os postos 5º e 8º.



 

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA AO AIRE LIBRE

Pontevedra 22 de novembro de 2020

    As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA AO AIRE LIBRE. Desta volta, co novo formato de ano natural, colleu aos marchadores tocando o fin da tempada. A esixencia e particularidade da marcha atletica estivo representada no tartan do CGTD por catro amarel@s. Sabela Castelo rematou CAMPIOA GALEGA na proba de 2000 m. da categoria SUB 12, cun tempo de 10:18.06.



     Iris Malvido acadou a medalla de BRONCE, na mesma distancia da categoria SUB 14, con 10:46.47, a su irman Nerea Malvido fixo o 7º posto con 11:59.88. Diego Garcia participou na proba masculina de 2000 m SUB 14, cruzando a meta no 6º posto, cun crono de 12:38.27



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA DE INVERNO

A Pobra do Caramiñal, 23 de novembro de 2019

 

     O Estadio de A Alta acolleu este pasado sábado o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA DE INVERNO. Como xa coñecedes, esta tempada alargase ata o final do ano. Será a derradeira co formato antigo. A partir do 2020, as tempadas, coincidirán cos anos naturais. Por esta particularidade, repetiamos Campionato nesta tempada, e non será o último.



   Impresionante estivo Sabela Casteloquen rematou o percorrido da categoria SUB 12 nun tempo de 10:04.19. Ademáis de proclamarse CAMPIOA GALEGA mellorou o rexistro da distancia en 30 segundos, acadando un novo RECORD GALEGO.



     Na categoria SUB 14, as irmans Iris e Nerea Malvido seguen dando guerra na marcha atletica e remataron 5ª e 19ª respectivamente na súa proba.


 

 

PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

     O vindeiro sábado 19 de xaneiro de 2019 terá lugar na localidade coruñesa de A Pobra do Caramiñal XXX CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA. En xornada de tarde marcharan polo circuito urbano con distancias comprendidas entre os 1 e  10 kms.  Pedro González percorrera a distancia de 1km da categoría SUB 10.  Carlos Corredoira e as irmás Iris e Nerea Malvido marcharan nos 3 kms da categoría SUB 14. Sabela Castelo pecha a participación d@s amarel@s cos 2 kms da categoría SUB 12. Moita sorte a tod@s nesta esixente disciplina.


INFORMACION CAMPIONATO



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

Narón, 24 de novembro de 2018

     A primeira proba oficial da tempada se disputaba na localidade de Narón. Sería o XXX CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO. As pistas do Estadio municipal Rio Seco avaliaron o estado de forma d@s marchador@s neste comezo da tempada. As probas foron en xornada de maña, sendo a primeira en marchar e tamén en cruzar a meta, Sabela Castelo. Mal acostumados nos ten esta atleta SUB 12, moitos PARABENS para ela. Rematou o percorrido de 2000 m. en 11:20.2. As seguintes en competir foron as irmans Iris e Nerea Malvidoque tiñan a mesma distancia de 2000 m. na categoria SUB 14. Remataron no posto 8º e 16º respectivamente. Carlos Corredoira pechou a participación amarela neste Campionato. Rematou 8º nos 2000 m. da categoria SUB 14.



     Tamén se aproveitou o Campionato para facer as premiacions do CIRCUITO de MARCHA JOSEFINA ROMERO da tempada recen rematada.

FIN DE SEMANA DE ENTROIDO ATLETICO.

     As mellores atletas SUB 23 teñen unha cita en Salamanca no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. A pista Carlos Gil Pérez albergará o primeiro Campionato Nacional do inverno, entre @s máis de 500 atletas inscrit@s atopase Paula Martínez. Participará nas probas de 60 m.l. e 60 m.v. 



     No peirado de Aldán disputarase, este domingo 11, o XXIX CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA.  A partir das 11 da maña, competirán as diferentes categorías desde SUB 10 ata MASTER, con percorridos entre 1 e 10 km. No seguinte dossier non falta detalle do Campionato. 


GUIA DO CAMPIONATO



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

Lugo, 25 de novembro de 2017

 

     Progresivamente imos topando coa Tempada, este sábado 25 de novembro disputouse o XXIX CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO. Era o primeiro autonómico, neste caso de marcha atlética. En Lugo parece que primaron as temperaturas baixas, pero iso xa se intuia coa denominación do Campionato. Os primeiros en quitar o frio foron a categoría BENXAMIN, recen nomeada SUB 10. Pola nosa parte SABELA CASTELO mudou o frio por una medalla de CAMPIOA GALEGA, moi disputado ese primeiro posto cunha chegada de foto-finish. Co tempo rexistrado ( 5:16.21) tamén suporía un NOVO RECORD GALEGO de 1000 mts marcha en pista. Parece que Sabela nos vai facer escribir bastante, e nós encantados.



     A categoría SUB 12 feminina foi a seguinte en competir sobre un percorrido de 2000 mts. Alí contabamos con tres amarelas, LARA IGLESIAS, que se proclamou CAMPIOA GALEGA, cun rexistro de (11:48.08), IRIS MALVIDO, rematou 4ª e a súa irmá NEREA MALVIDO, que finalizou 8ª. 



      Tanto homes coma mulleres da categoría SUB 14 marchaban nunha carreira de 3000 mts. DENIS FERNANDEZ, acadou medalla de BRONCE e CARLOS CORREDOIRA rematou no posto 16º. Na clasificación feminina ROCIO NOVAS rematou de  18ª. 


       A nosa participación pechouse con ANA PIÑEIRO, na proba de 3000 mts da categoría SUB 16.  Despois da carreira sumase un SUBCAMPIONATO GALEGO ao seu curriculum.



 RESULTADOS