FIN DE TEMPADA

     O xoves 30 de decembro xuntamonos no Estadio Municipal de Cangas para despedir a tempada atlética. Foron chamados @s atletas que acadaron podios nesta tempada, tanto de maneira individual coma para o equipo. Principiando polas categorias menores, nas que houbo especial mención a categoria SUB 10, que viñan de facer podios no Campionato Abanca de Categorias Menores. De maneira individual detallaronse as preto de vinte premiacións en Campionatos Galegos.



  Foise continuando coas categorias superiores, recordando un a un, os podios d@s atletas. Salientar o equipo SUB 16 feminino que participou no Campionato de España, tras proclamarse Campioas Galegas, enorme labor de equipo coa participación de vinte atletas.



      No apartado de incentivos premiouse a tres atletas que participaron en Campionatos de España, acadando unhas marcas propostas polo Club. Foron Juan Piñeiro en lonxitude, Ariadna Gil e Saray Amoedo en triplo. Que dicir d@s adestradores, tamén tiveron o seu agasallo para premiar esa labor desinterasada.



   Simplemente, foi iso, despedir a tempada, un punto e aparte. Agora toca encarar esta nova tempada, chea de retos, na que imos estar dando guerra. Unha aperta e feliz ano atlético.



ACTOS DE FIN DE TEMPADA

 O vindeiro sábado dia 03 de agosto  tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase aos atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA  que terá lugar no mesmo lugar  as 18:00 horas en primeira convocatoria  e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:


  • Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

  • – Memoria  dos resultados da tempada 2018/19.

  • Lectura e aprobación do estado de contas.

  • Ampliación Xunta Directiva.

  •  Rogos e preguntas.


    Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a CEA FIN DE TEMPADA A mesma esta reservada no Restaurante Plaza de Cangas, sito na Rua Méndez Núñez 37 no baixo das Galerias en Cangas. O menú serán entremeses variados (empanada, tortilla,croquetas e calamares) e codillo asado, inclue pan,bebida postre e café por 20 €. Precisamos confirmar o número de xente que acudirá, por iso, ata o 01 de agosto poderedes apuntarvos. Agardamos a vosa asistencia para darlle un digno remate a tempada.



ACTOS PARA PECHAR A TEMPADA.

     O vindeiro sábado dia 04 de agosto  tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase aos atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA  que terá lugar no mesmo lugar  as 18:00 horas en primeira convocatoria  e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:


  • Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

  • – Memoria  dos resultados da tempada 2017/18.

  • Lectura e aprobación do estado de contas.

  • Ampliación Xunta Directiva.

  •  Rogos e preguntas.


    Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a CEA FIN DE TEMPADA Co fín de acadar as tres BBB (bo, bonito e barato), imos solicitar varios orzamentos, polo cal,  tamén agradecemos se alguen quere ou pode mandarnos diferentes propostas, que o faga ao correo do club at.viladecangas@gmail.com . Agardamos a vosa asistencia para darlle un digno remate a tempada.



ACTOS FIN DE TEMPADA

     O vindeiro sábado dia 05 de agosto  tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA  que terá lugar no mesmo lugar  as 18:00 horas en primeira convocatoria  e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:


  • Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

  • – Memoria  dos resultados da tempada 2016/17.

  • Lectura e aprobación do estado de contas.

  • Ampliación Xunta Directiva.

  •  Rogos e preguntas.


     Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante A Toda Brasa, sito na Rua Redondela nº 7 baixo de Cangas. O menú constará de entremeses, empanada e tortilla. Churrasco de porco e tenreira, criollo e ensalada máis postre, bebidas, café e  chupito. O prezo 20 €. Para ter unha previsión dos asistentes pregase confirmar antes do xoves 3 de agosto, ben a través dos grupos de whatsapp ou no enderezo at.viladecangas@gmail.com.