MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-GALEGO CROSS SUB 16.

A Rua, 28 de xaneiro de 2018

A localidade de A Rua, dispuso a contorna do Aguillon para disputar o XXII MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CAMPIONATO DE GALICIA DE MENORES, máis o resto de campionatos autonómicos nas correspondentes categorías.

Preto das 10.30 horas da maña, deron comezo as probas coa carreira SUB-10 feminina. O percorrido de 800 mts era unha volta ao circuito pequeno. O noso equipo proclamouse CAMPIOAS GALEGAS, liderado por Sabela Castelo 1ª, Leire Brun 6ª, Candela Castro 13ª, Alba Del Valle 15ª e Leire Fernández 20ª. Coa suma de 27 puntos acadaron a victoria. No tocante aos homes proseguiron cun SUBCAMPIONATO GALEGO, gracias a Hugo Collazo 2º, Mario Torres 10º, Marcos Rial 18º, Iker Rial 23º, Miguel Fernández 24º e Pedro González 33º.



A seguinte categoría foron as mulleres SUB-12, sobre un percorrido 1500 mts acadaron a medalla de BRONCE, cunha suma de 47 puntos. O equipo estivo composto por Lucia Gil 10ª, Nerea Malvido 17ª, Sara Nerga 18ª, Goretti Carballal 28ª, Gema Dacosta 29ª, Iris Malvido 30, Uxia Gil 43ª e Carmen González 50ª. Os homes non sumaban para formar equipo, salientando de maneira individual a Raul Rial 9º e Hugo Domínguez 17º.



A categoría SUB-14 supuso un 8º posto para as mulleres, encabezadas por Agata Rodríguez 24ª, Uxia Sánchez 30ª, Cristina Taboada 56ª, Carmen Fraga 67ª, Noa Piñeiro 88ª e Sabela Lorenzo 94ª. O equipo masculino, con 79 puntos, rematou preto do podio no 4º posto. Contribuiron Joel Curro 16º, Miguel Núñez 17º, Carlos López 29º, Denis Fernández 35º, Yago Juncal 39º, Carlos Corredoira 40º.

O remate das categorías menores daba paso ao CAMPIONATO GALEGO SUB-16 DE CROSS. Neste caso contamos coa presenza do equipo feminino, que tras o percorrido de 2400 mts. rematou en 14º posto. Participaron Sara Mallo 45ª, Sabela López 46ª, Anais Santamarina 75ª, Nerea Piñeiro 96ª e Colomba Carballal 98ª.



RESULTADOS


PLAN DE VIAXE A RUA

     Este vindeiro domingo 28 de xaneiroa localidade de A Rua (Ourense) vai acoller o XXII MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO.-CAMPIONATO DE GALICIA DE CATEGORIAS MENORES CAMPO A TRAVES Para esta importante cita imos facilitar o desprazamento en autobús, sendo a saída desde a estación de Cangas as 06:00 horas. Ademáis das categorías menores esta previsto compita o equipo feminino SUB-16, conforme ao seguinte HORARIO:


SORTEO CAIXONS SAIDA


      Ao remate da categoría CADETE está pensada a volta, tomarase un bocata polo camiño para non prolongar moito a viaxe. Para @s nen@s que veñan sen adultos será preciso teñan preparada roupa para mudarse máis algo para picar. O Club vai proporcionar AVITUALLAMENTO para os participantes. 

     Pregamos se comunique, canto antes, calquera incidencia respecto ao viaxe, tal coma baixas, viaxes por conta propia, que poidan afectar a hora de conformar os equipos.



INFORMACION CAMPIONATO


CAMPIONATO ZONAL DE CROSS XOGADE

Moaña, 17 de decembro de 2017

     O domingo, 17 de decembro, daba comezo a tempada de campo a través do programa XOGADE. A primeira fase (ZONAL) abrangue os clubes do Morrazo e celebrouse no cirucito de Meira-Moaña, nunha maña seca e fria.

   Na primeira proba do zonal, SUB-12 feminino pasaron os dous equipos VILA A (Lucia Gil– 2ª, Gema Dacosta-3ª, Nerea Malvido-5ª, Iris Malvido– 6ª, Mar Curra-11ª e Carmen Gonzalez -17ª),  e tamén o outro equipo do Club, VILA B (Sara Nerga– 4ª, Noa Nerga -11ª, Uxia Gil-12ª e Claudia Carcer-14ª)



     Os homes desta mesma categoría, foron os seguintes en correr. Clasificouse en primeira posición o equipo composto por Raul Rial 1º, Hugo Domínguez, 4º, Juan Gallego, 5º e Sergio Valladares, 10º.

     A categoría SUB-10sobre un percorrido de 600 mts.,  acadou o 1º posto en mulleres cun equipo encabezado por Sabela Castelo 1ª, Leire Brun 2ª, Candela Castro 3ª, Alba del Valle 4ª, Sabela Domínguez 8ª, Leire Fernández 9ª e Vega Piñeiro 10ª. Esta claro co mellor para a “resaca” das victorias son máis victorias. Os homes repetiron triunfo coa inestimable colaboración de Hugo Collazo 1º, Mario Torres 2º, Marcos Rial  5º, Miguel Hernández 7º, Iker Rial 9º, Pedro González 10º e Breo Fernández 11º.



     No SUB-14  femnino participaron dous equipos, o VILA A rematou 1º e acadou o pase ao Provincial.  Estivo composto por Agata Rodríguez 2ª, Uxia Sánchez 3ª, Nuria Argibay 5ª, Carmen Fraga 7ª e Sabela Lorenzo 17ª. As compañeiras do VILA B foron Carmen Castro 6ª, Blanca Piñeiro 10ª,  Erea Bastón 12ª, Noa Piñeiro 15ª e Rocio Novas 16ª.



     No tocante os homes tamén se presentaban dous equipos e ambos acadaron os primeiros postos. O VILA B  rematou primeiro coa aportación de Miguel Nuñez 2º, Joel Curro 3º, Denis Fernández 5º, Daniel Quinteiro 9º, Mario Santos 10º, Javier Santos 12º e Mateo Rivera 18º. O segundo escalón foi para o VILA A composto por Carlos López 4º,  Carlos Corredoira 6º, Yago Juncal 7º, Manuel Lemos 13º, Rubén Lemos 15º e Luca Piñeiro 16º.



RESULTADOS


     Resumindo, unha boa introducción no campo a traves nesta tempada. Pero non nos engañemos a partir de agora imos topar con lama, chuvia e costas…ou non, xa se vera.

 

COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA

     A actividade atlética da fin de semana concentrase no domingo 12 de febreiro. Duas importantes probas do calendario coinciden no tempo pero non no espazo.  O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVES terá lugar en San Miguel de Oia, a dirección exacta Circuíto Loureiro – Camiño da Verdella – San Miguel de Oia (Vigo)Este Campionato, continuación do Zonal, servira coma pase ao Campionato Galego (alevín, infantil e cadete) clasificaranse os 2 mellores equipos de cada fase provincial, así como os 8 primeiros atletas clasificados individualmente que non estiveran incluídos nos equipos clasificadosO autobus saira da Estación de Cangas as 08:00 horas.

     Os atletas convocados para o PROVINCIAL son:


  • BENXAMIN MULLERES.-  Goretti Carballal- Candela Castro- Alba Del Valle – Sabela Domínguez- Leire Fonseca- Leire Brun.
  • BENXAMIN HOMES.-  Hugo Domínguez
  • ALEVIN MULLERES.-  Agata Rodríguez- Lucia Gil- Sara Nerga – Carmen Fraga- Cristina Taboada- Uxia Sánchez.
  • ALEVIN HOMES.-  Carlos López- Raúl Rial- Sergio Valladares- Manuel Lemos- Carlos Corredoira – Yago Juncal.
  • INFANTIL MULLERES.- Sara Mallo- Angela Fraga- Abril Entenza- Nuria Argibay- Irene Ruiz – Ana Cerqueira-  Anais Santamarina- Carmén Castro – Blanca Piñeiro- Erea Bastón-Nerea Piñeiro.
  • INFANTIL HOMES.-  Aaron Otero- Joel curro- Iván Iglesias- Daniel Quinteiro- Carlos Portela- Adán Dacosta – Miguel Núñez  -Rubén Medraño- Jairo Parcero- Antón Núñez- Javier Rodal  -Mario Santos – Jacobo Díaz.
  • CADETES HOMES.- Lope Quinteiro-  Aaron Domínguez- Alex Iglesias- Gabriel Dacosta- Anxo Camaño- Manuel Otero.
  • CADETES MULLERES.-  Sabela López- Sandra Souto-Ines Pardavila-Naiara Villar -Alba Pardavila-Noelia Villaverde.

     PREGASE comunicar calquera incidencia que impida acudir ao Campionato, co fin de confeccionar os EQUIPOS.

PLANO LOCALIZACION

CIRCUITOS E HORARIO


     A mesma mañá de domingo, disputarase en a Pobra do Carmiñal o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTANo REGULAMENTO da proba detallanse os pormenores do Campionato. @s amarel@s que acudiran a esta importante cita son Esmeralda Corredoira, Ana Piñeiro, Valeria Fernández, Denis Fernández, Rocio Novas, Lara Iglesias, Iris Malvido, Gema Dacosta e Nerea Malvido.



     O sábado 11, en NOVO HORARIO pola mañá, no estadio do CGTD de Pontevedra vaise disputar a I Xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de PontevedraTamén imos ter unha ampla representación. HORARIO DEFINITIVO

     No mesmo estadio tera lugar o CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO CADETE-XUVENIL. Duas cadetes tomaran parte, Valeria Rodríguez en martelo e Ainoa Santos en disco. HORARIO – RESULTADOS EN DIRECTO


  • Daniel Calvar.- 60 m.l. e 400 m.l
  • Daniel Armada.- 60 m.l. 
  • David Lorenzo.- 400 m.l.
  • Paula Martínez.- 60 m.l.
  • Ariadna Gil.- 60 m.l. e 60 m.v.
  • Colomba Carballal.- 60 m.v.
  • Noelia Villaverde.- 60 m.l.
  • Irene Menéndez. 60 m.l.
  • Ines Villamor.– 60 m.l.
  • María Rodríguez.- 400 m.l.
  • Iria Rodriguez.- 400 m.l.
  • Lope Quinteiro.- 600 m.l.
  • Alex Iglesias.- 600 m.l.
  • María Rial.– 60 m.l.
  • Ainoa Santos.60m.l.
  • Anxo Camaño.– 60 m.l. e 600 m.l.

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CTO. GALEGO CROSS CURTO

A Baña, 05 de febreiro de 2017

     Estreabase emplazamento para o MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CTO. GALEGO CROSS CURTONa localidade de A Baña estivemos coas categorías inferiores no Memorial máis cos cadetes masculinos no autonómico de Cross Curto. O terreo do circuito estaba ben tralo paso das borrascas destes días, iso si, era esixente e dos que hai que correr con cabeciña. A orde das carreiras estivo disposta de menor a maior categoría.



     Así as benxamins feminas deron comezo ao Memorial, encabezadas por Leire Fonseca, 10ª, Leire Brun 12ª, Candela Castro 15ª, Sabela Domínguez 18ª e Nerea Rial 33ª. O esforzo do equipo permitiu sumar 28 puntos e acadar a medalla de BRONCE. No tocante os homes, sobre o mesmo percorrido de 800 metros, participou Hugo Domínguez, que rematou 11º.



      Na categoría alevin o percorrido das mulleres era de 1400 metros e supoñia unha volta grande. Todo o sufrimento tivo recompensa cun 1º posto por equipos, no que interviron Lucia Gil, 8ª, Iris Malvido, 15ª, Lara Iglesias, 16ª, Sara Nerga, 17ª, Cristina Taboada, 18ª, Uxia Sánchez, 23ª, Noa Nerga, 32ª, Gema Dacosta, 33ª, Nerea Malvido, 42ª e Carmen González ,49ª.

     Os homes sumaronse a festa acadando o subcampionato, con 28 puntos, aportados por Raúl Rial, 6º, Carlos López, 9º, Yago Juncal, 17º, Carlos Corredoira, 22º, Manuel Lemos, 23º, Ruben Lemos, 34º e Diego Martínez, 43º.



     O equipo infantil feminino estivo preto do podio, con 68 puntos rematou en 4º posto. As integrantes do mesmo foron Sara Mallo, 8ª, Abril Entenza, 26ª, Nuria Argibay, 28ª, Irene Rúiz, 39ª, Nerea Piñeiro, 51ª, e Ana Cerqueira, 57ª.

     O percorrido máis longo do Memorial estaba reservado para a carreira infantil masculina. Un total de 2450 metros que remataron Iván Iglesias, 14º, Denis Fernández, 17º,  Aaron Otero, 19º, Daniel Quinteiro, 20º, Adan Dacosta, 25º, Carlos Portela, 28º, Miguel Núñez, 35º e Jairo Parcero, 45º. A suma de 45 puntos supuso a medalla de BRONCE.



     Para a categoría cadete masculina o percorrido supoñia 3500 metros. Foi a nosa representación no CAMPIONATO GALEGO CADETE DE CROSSintegrado por Lope Quinteiro, 14º, Alex Iglesias, 48º, Aaron Domínguez, 51º, Anxo Camaño, 56º, Gabriel Dacosta, 71º, Daniel iglesias, 78º e Manuel Otero 79º.  A suma do equipo levounos ao 8º posto.



PLAN DE VIAXE A BAÑA

     Este vindeiro domingo 5 de febreiro, vaise disputar na localidade de A Baña o MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO e o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CURTOPara @s atletas do Club imos dispor dun autobus, con saída da estación de Cangas as 08’15 horas. Esta competición esta pensada tanto para equipos coma individual. O Memorial abrangue as categorias BENXAMIN, ALEVIN e INFANTIL. Na Categoría CADETE tamén contaremos con presenza de equipos no CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CURTO. @S atletas destas categorías que non vaían (lesión, enfermidade…) deberán comunicalo ao adestrador, co fin de conformar os equipos de cara a proba.

     Achegamos información dos circuitos, máis da circular do Campionato onde se detalla o regulamento e horarios da proba.


REGULAMENTO MEMORIAL –  INSCRITOS 

CROSS CADETE-XUVENIL – INSCRITOS

CIRCUITOS



COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA

     O domingo 11 de decembroo parque de Castrelos en Vigo,  vai ser esceario para o XVI MEMORIAL ANDRES ABANQUEIRO.  Un clásico na recen estreada tempada de cross. Por parte d@s amarel@s están inscritos na proba:


Pitufo:

Alejandro Fernández- Carlos  Pérez

Prebenxamin:

Miguel Fernández- Saul Parcero 

Benxamín:

Leire Brun- Sabela Domínguez – Marina Nuñez -Noa Quinteiro – Hugo Domínguez – Candela  Castro – Aitor  Costas  – Ruben Costas 

Alevin:

Sara Nerga – Gema Dacosta – Nerea Malvido – Eloy Domínguez – Yago Juncal – Diego Martínez – Carlos Lopez – Carlos Corredoira 

Infantil:

Nerea  Piñeiro- Ana Cerqueira – Sara Mallo – Miguel  Nuñez – Ivan Iglesias – Daniel Quinteiro  – Aaron Otero – Jairo Parcero – Carlos   Portela – Carmen Castro – Abril  Entenza 

Cadetes:

Manuel Otero- Daniel  Iglesias – Aaron Domínguez – Lope Quinteiro – Sabela López 



     Un pouco máis lonxe, na localidade murciana de Cehegín vai ter lugar o VI CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO DE PROMOCION para as categorías cadete, xuvenil e junior.  O mesmo disputarase na mañá do día 11 de decembro e contaremos coa presenza das cadetes Ana Piñeiro e Valería Fernández, que percorreran o circuito de 3000 mts. Paralelamente tamén se fara o TROFEO 35º ANIVERSARIO CEHEGIN ATLETICO DE MARCHA onde competiran a alevín Lara Iglesias máis o infantil Denis Fernández.



CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS.

A Estrada, 12 de marzo de 2016

 

     Pechabase a tempada de Cross do programa XOGADE. Para o Campionato Galego das categorías alevín, infantil e cadetes ultimouse o cirtuito no entorno da praia fluvial do rio Liñares. Alí tiñamos a participación dos equipos alevín e infantil masculinos. Polo primeiro, sobre un percorrido de 1800 metros, participou Joel Curro, que foi 9º, Denis Fernández,  13º, Carlos López, 35º, Yago Juncal, 37º, Daniel Quinteiro, 41º e Carlos Corredoira, 45º. A suma do equipo chegou os 66 puntos, co cal obtiveron o 5º posto


12823517_891191864312139_5325159030668766626_o


     O equipo infantil, cun circuito de 2300 metros,  estivo formado por Lope Quinteiro, que rematou 8º, Jacobo Díaz, 36º, Aaron Otero, 45º, Daniel Iglesias, 46º e Adrián Pastoriza,  49º. Por equipos acadaron o 7º posto con 87 puntos.


1075580_891197967644862_8382762139436232149_o


RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVES-XOGADE

     O sábado 12 de marzo a localidade de A Estrada vai acoller o CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVES-XOGADE. Achegamos a NORMATIVA do Campionato, onde estan clasificados os equipos alevin e infantil masculinos. Esta previsto que o autobús do deporte escolar salga de Cangas as 08:30 horas


circuito estrada-page-001


O circuito estará no entorno da praia fluvial do Rio LiñaresLISTADO CLASIFICADOS


 

CAMPIONATO PROVINCIAL CROSS XOGADE

Baiona, 13 de febreiro de 2016

 

     Celebrouse na praia da Ladeira en Sabaris o CAMPIONATO PROVINCIAL  DE CROSS do programa Xogade. A predicción metereoloxica daba choiva pero o día despertou sen ela. Despois si choveu durante toda a xornada. O percorrido era duro, cando non era lama era area, non había alternativa. En canto a loxistica non estivo a altura. Algún ainda esta buscando as duchas, e non estaría de máis unha carpa na liña de saída xa que ian estar os atletas 15 ou 20 minutos agardando baixo a choiva. Tomese todo isto como critica constructiva.


primera


     No tocante o meramente competitivo a xornada comezou coa carreira da categoría cadete.  Na carreira feminina Maria Rodriguez foi 15ª,  Verónica Núñez 26ª,  Sandra Souto 27ª, Maria Broncos 33ª e Isaura Framil 36ª. No computo por equipos acadaron o 6º posto.

     Para o campionato galego (alevín, infantil e cadete) clasificabanse os 2 mellores equipos de cada fase provincial, así como os 8 primeiros atletas clasificados individualmente que non estiveran incluídos nos equipos clasificados. En ningún caso se correrá o posto de invitado aos atletas que chegaran a partir do 8º clasificado.

     O equipo cadete masculino obtivo a 3ª plaza con 25 puntos. Juan Piñeiro foi 10º, Alex Iglesias 13º, Aaron Dominguez 25º, Kevin Marcos 31º e Alex Camaño 34º.  


cadeteshomes

     O percorrido da categoría infantil feminino tivo un total de 1600 mts. A primeira amarela foi Sara Mallo 9ª, seguida por Sabela Lopez 18ª, Anais Santamaria 39ª, Colomba Carballal 43ª, Maria Rial 48ª e Ainoa Santos 56ª. O equipo rematou 5º con 96 ptos. Os homes remataron en 2º posto sumando 44 ptos.  Con esta actuación acadaron a clasificación para o Campionato Galego. Estiveron liderados por Lope Quinteiro que rematou 3º, Eduardo Parcero 17º, Jacobo Díaz 18º, Aaron Otero 19º, Adrian Pastoriza 22º, Anxo Camaño 31º, Ivan Iglesias 39º, Gabriel Dacosta 46º, Miguel Gallego 49º e Martiño Nuñez 53º.  O equipo “B” rematou en 8º posto sumando 111 ptos.


dani


     Na categoría alevín as mulleres remataron en 3º posto por equipos. Andrea Sotelo foi 9ª, Agata Rodriguez 23ª, Nicole Vazquez 29ª e Paula Nerga 43ª. Os homes acadaron o Campionato Provincial  por equipos coa contribución de Joel Curro que conseguiu o bronceDenis Fernandez 5º, Carlos Lopez 8º, Daniel Quinteiro 13º, Yago Juncal 19º e Carlos Corredoira 34º.


 FB_IMG_1455384871956


    Os benxamins tanto homes coma mulleres daban unha volta grande o circuito, 700 mts. A proba feminina daba o Campionato Provincial  a Lara Iglesias, gracias a ela e o resto das compoñentes do equipo, Sara Nerga 11ª, Lucia Gil 12ª, Noa Nerga 13ª, Gema Dacosta 14ª e  Iris Malvido 17ª. acadouse o Campionato Provincial  por equipos.  A representación masculina non deu para formar o equipo, cun mínimo de catro compoñentes,  rematando  Raul Rial 4º,  Juan Gallego 16º e Eloy Dominguez 54º.

RESULTADOS