CONCENTRACION SECTOR SALTOS-ZONA SUR

Ourense, 03 de decembro de 2016

 

    Este pasado sábado 03 decembro tivo lugar en Ourense a CONCENTRACION SECTOR SALTOS-ZONA SUR.  O módulo cuberto do Pavillón dos Remedios acolleu as actividades desenvolvidas pola FGA. As mesmas incluían adestramentos e charlas.  O responsable do Sector Mario González estivo acompañado polos adestradores Santiago Ferrer (pai e fillo) e José Alfonso Palomanes. 

     Por parte do Club acudiron en LONXITUDE, a cadete Irene Menéndez. No TRIPLE SALTO, foron convocados os cadetes Maria Rial, Ariadna Gil e Gabriel Dacosta, ademáis da xuvenil Saray Amoedo. Por último tamén acudiu para a PERTEGA o xuvenil David Lorenzo.


15230728_1244830582221876_4496580272353403862_n