CONCENTRACION DE SALTOS EN PONTEVEDRA

     O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acollera durante o vindeiro sábado 9 de abrilCONCENTRACIÓN SALTOS.  A mesma dará cabida o sector de saltos horizontais e verticais.

     Por parte do Vila de Cangas foron convocados os seguintes atletas:  Ariadna Gil e Irene Menéndez en lonxitude cadete.  Para o triple salto xuvenil Saray Amoedo e Daniel Calvar.  Na pértega xuvenil a Daniel Armada e David Lorenzo. Por último no salto de altura  xuvenil a Alba Pazos.


CTypXPlWUAAbixa


     Non nos podemos queixar da representación. Esperemos logren concentrarse e saiban asimilar as ensinanzas. Este vai ser o PROGRAMA:

● 10:00  Incorporación, chegada de atletas e adestradores.
● 10:15  Presentación.
● 10:30  Inicio 1ª Xornada de adestramento.
● 12:30  Final de 1ª Xornada de adestramento.
● 13:30  Comida.
● 15:30  Charla Madó.
● 16:30  Inicio 2ª Xornada de adestramento.
● 18:30  Final de 2ª Xornada de adestramento.
● 18:45  Conclusións e despedida.


 

CONCENTRACION DE MARCHA SEMANA SANTA.

     Aproveitando as vacacions escolares estase a celebrar a CONCENTRACION DE MARCHA desde o pasado martes 22 ata o venres 25 de marzo. O responsable da concentración Carlos Morales máis os adestradores convocados terán a base en Noalla-Sanxenxo. A praia da Lanzada sera testemuña dos adestramentos.


12042777_1051432251561711_3769068462935317861_n


    Por parte do Vila de Cangas foron convocados Valeria Fernández-cadete, Ana Piñeiro-infantil e Denis Fernández-alevín. 

     Tamen esta a acompañar o tempo ao desenrolo da Concentración, PARABENS para atletas e adestradores.

CONCENTRACION DE SALTOS EN LUGO.

     Esta fin de semana Lugo acolleu a Concentración de Saltos Verticais e Horizontais  convocada polos responsables do Sector, Mario  González e Santi Ferrer onde se reuniron co grupo de adestradores e atletas que foron seleccionados para a mesma. Por parte do Club acudiron David Lorenzo e Saray Amoedo.


FB_IMG_1455452807117


     O sábado as 10:30 h. tivo lugar un  Coloquio Adestradores-Atletas: “O crecemento deportivo e persoal dos atletas, os casos de Jose Alfonso Palomanes e Saleta Fernández” por: Mario González e Felipe Barata así como as  12:00 h. Mesa Redonda Adestradores do Sector: Puntos de incidencia na aprendizaxe técnica e acondicionamento físico dos atletas novos. As 16:00 Control de marcas e un  adestramento técnico ó rematar a competición. As 22:30 como colofón do primeiro día realizouse  unha visualización de grabacións de  competicións


CONCENTRACION DE SALTOS EN OURENSE

Ourense, 14 de novembro de 2015

     Módulo Cuberto Pabellón dos Remedios de Ourense  acolleu este pasado sábado a CONCENTRACION DE SALTOS DA ZONA SUR, os responsables de saltos horizontais e verticais, Mario González Rodríguez e Santiago Ferrer Alonso convocaron a adestradores e atletas. Pola parte do Club de Atletismo Vila de Cangas acudiu o adestrador Fran Rodal acompañando a Irene Menéndez (cadete-lonxitude), Ariadna Gil (cadete-triple salto), Daniel Calvar (xuvenil-triple salto), Saray Amoedo (xuvenil-triple salto), David Lorenzo (xuvenil-pértega), Daniel Armada (xuvenil -pértega) e Martina Páramos (xuvenil -pértega) . Destacar a ampla representación de atletas do club, que evidencia o nivel que posúen nestas categorias a nivel galego. Salientar tamén que a cadete Veronica Nuñez fora seleccionada para pértega pero o final non puido asistir.


CTypXPlWUAAbixa