CAMPIONATO PROVINCIAL DE PROBAS COMBINADAS ALEVÍN-INFANTIL e control de cadetes

Sabado 14 Maio 2011

Unha nova xornada de atletismo, levounos ata a pista de atletismo da cidade de Pontevedra. Nesta ocasión as categorías convocadas foron os alevíns e infantiles, na modalidade de probas combinadas.
Os alevíns participaron en triatlón coas probas de 60 m.l., lanzamento de peso 2 kg e salto de lonxitude; os infantiles en tetratlón coas probas de 80 m.l, 80 m. valados, salto de lonxitude e lanzamento de peso 3 Kg.

Esta vez non choveu, tal vez para resarcirnos do que pasara na última vez que competiramos nesa pista, pero de vez en cando soplaba un “ventiño…” que facía voar a area dos fosos e todo o que nas pistas había. Tal vez esa foi a inspiración que tivo Noa Rouco, que nun salto foise voando ata os 4.44 m.

As cadetes Julia Alonso, Eva Otero, Ana antepazo e Ana Bermudez, puderon obter marcas en catro carreiras: 100 m.l.,300 m.l., 600 m.l. e 1000 m.l.

Os resultados finais acadados polos nosos atletas fixeron que tres infantiles e un alevín subirán o pódium. Obtiveron medalla de prata Noa Rouco Baqueiro (Infantil) e Raúl Dacosta Santomé (Infantil) e medalla de bronce Paula Martinez Fernandez (Infantil) e Adrián Outeiral Vila (Alevín)

Otros resultados foron:
6º Gabriel Fernández González
7ª Saray Amoedo Portabales
8º David Lorenzo Germade
8ª Noa García Prieto
10ª Noelia Graña Casás
13º Daniel Armada González
14º Daniel Calvar Parada
14ª Lucía Piedras Gómez

Provincial benxamin alevin

Pontevedra a 07 de maio de 2011, xornada de tarde

Pola mañan os infantís, e pola tarde as categorías benxamín e alevín, unha tarde con predominio de nubes e bastante aire, choveu de maneira forte pero en periodos curtos, a verdadeira chuvia foi de medallas, un total de 35 medallas distribuidas en dez primeiros postos, quince segundos e dez bronces.

Resultadosbenxaminalevin
Ariadna Gil 1º 50 m.l. e 1º 1000m.
Irene Menéndez 2º 50 m.l. e 2º lonxitude
Ana Piñeiro 3º 50 m.l. e 1º marcha 1km.
Laura Magdalena 6º 50 m.l. e 4º lonxitude
Naiara Villar 2º altura e 6º pelota
Seguir leyendo

PROVINCIAL CATEGORÍA INFANTIL E CONTROL CADETE

Pontevedra, Sábado 7 Maio, xornada de mañá.
O día caracterizouse polo mal tempo. A chuvia anegou as pistas e ata houbo que parar a competición xa que choveu intensamente, o que fixo necesario que se “barrera” as pistas ou os círculos de lanzamentos para poder competir con certa normalidade.

Outro fenómeno atmosférico que perxudicou a competición, foron as rachas de vento. Pero a pesar de todo, os pódiums acadados polos nosos atletas foron 19, dos cales 10 foron de ouro, 6 de prata e 3 de bronce

Catro atletas obtiveron un triplete ao subir o pódium en tódalas probas nas que participaron, Oscar Broullón obtivo tres ouros (peso-disco-martelo), Raúl Dacosta 2 ouros (lonxitude e triple) e prata en 80 m.l., Noa Rouco 1 ouro(80 m.l.)e 2 pratas (lonxitude e 500 m.l.) e Anxo Rodas 1 ouro(Xavalina), 1 prata (peso) e 1 bronce (80 m.l.)

Os outros pódiums foron:
-OURO: Paula Martinez (80 m. valados), Patricia Torres obtivo dous (peso e disco)
-PRATA: Melani Conde en 1000 m.l. e Noelia Graña en triple
-BRONCE: Noelia Graña en 150 m.l. e Noa García en 3 km marcha

Os cadetes poderon participar en algunhas probas como os saltos de pértega, lonxitude e triplo; os lanzamentos de disco e martelo e as carreiras de 3000 m lisos e de marcha, pero non puderon pasar a mellora nos concursos por falta de tempo

Resultados provincial pista aire libre 2011

…E SEGUIMOS CÓ CROSS

O vindeiro sábado 19 de febrerio, iremos a Portas. O que imos facer alí e disputar o campionato provincial escolar de campo a través.

Sairemos dende a estación de autobuses ás 9 da mañá nun transporte patrocinado polo Deporte Escolar.
O Vila de Cangas participa con 14 equipos, o que, posiblemente, o convirta no Club que máis atletas aporta á competición. Da zona do Morrazo tamén irán os clubs «Samertolameu» e «Atletismo Morrazo».
Como sabedes, para estar neste provincial, houbo que pasar as probas de cada zona da provincia: Morrazo, Pontevedra, Val do Salnés, Val Miñor, Deza, Vigo, Baixo Miño, a Estrada e alto Salnés.
Nas tempadas anteriores, clasificábanse para este campionato os dous mellores equipos de cada zona e os seis mellores individuais. Este ano, por primeira vez, pasarán os tres mellores equipos e os oito primeiros individuais. Este mesmo criterio será o que se teña en conta para a clasificación para o campionato galego escolar de campo a través.
As distancias varian desde os 700 metros asignados ós benxamíns ata os 4000 metros que terán que percorrer os cadetes homes.
triptico