CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA

Andujar, 2,3 de Xullo de 2011.

Este ano o campeonato promesa levounos a terras de Jaén, concretamente a localidade de Andujar, lugar xa coñecido doutras competicións.

Tivemos calor, moita calor, o noso termómetro non tiña números davondo para marcar a temperatura. Auga: consumíamos as botellas de dous litros en dous litros; o río Guadalquivir quedou case en seco.

A competición de 10 km marcha, na que participaba a nosa atleta Rebeca Obenza Otero, foi algo atípica: unha carreira nocturna que comezou as 21:45, e rematou as 22:40; ainda estaban as atletas na pista competindo e xa tiña todo recollido a organización, e entregados todolos premios.

O nivel da competición foi moi elevado, por unha parte estaba a Campiona de España Absoluta, JuliaT. que é de categoría promesa, e por outra parte tres atletas máis xogandose unha praza para as Competicións Europeas, e logo o resto. A campiona levaba un ritmo” moi alegre”.

A partir da segunda volta notouse a calor, a pesar de ter escurecido, e o consumo de auga polas atletas foi constante volta a volta, casi esgotan a provisión.

Rebeca Obenza rematou a competición nun exelente 5º posto, sendo o seu mellor resultado nuns campionatos de España, o ano pasado acadara a 7ª posición no campionato junior