CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Chega o campionato galego de campo a través escolar. Será o vindeiro sábado 12 de marzo no complexo deportivo de Monterrei (Ourense).
Neste campionato teñen dereito a participar os tres primeiros equipos de cada campionato provincial das categorías alevín , infantil e cadete. Nun primeiro momento díxose que tamén participarían os benxamíns, pero logo decidiron que non. O Vila de cangas participará con tres equipos: alevín masculino, infantil feminino e infantil masculino. A nivel individual participan os oito primeiros atletas. Nesta condición irán as alevíns María Jesús Corredoira e Alba Vidal, as que terán que recorrer unha distancia de 1.500 metros. Ós homes desta mesma categoría espéranlle 2000 metros, igual que as infantiles. Os homes desta mesma categoría atoparán a meta despois de 2.500 metros.
As probas empezarán ás 11:30 horas, pero os dorsais xa hai que recollelos case unha hora antes.
O Deporte Escolar facilitará o transporte cun autobús que sairá de Cangas ás 8:00 h. da mañá. A viaxe non será directa, senón que irá recollendo a outros atletas doutros clubs.
circuito_galego_escolar

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL – XUNIOR DE PISTA CUBERTA

A Coruña, a 5 de febreiro de 2011.
Este fin de semana é de pista cuberta. O sábado compiten as categorías xuvenil e xunior e o domingo a categoría cadete.
Tanto para un campionato coma para outro fixéronse importantes cribas a hora de admitir a inscrición, e logo resultou que se disputaron probas conxuntas entre xuveniles e xuniors, como o caso dos 3000 e dos 1500 entre outras, onde quedaron rapaces fora que non foron admitidos por falta de marca.
Entre os nosos xuveniles destacaron Simón Acuña no lanzamento de peso, acadando a segunda posición, sendo unicamente vencido polo seu eterno rival: Luis González, do San Narciso. Tamén Tinín destacou na proba dos 400 m.l. Brindounos unha carreira de infarto, manténdose case toda ela en terceira posición e na última volta pegando un acelerón que a piques estivo de proclamalo campión da proba.
Entre os xunior, o nosos único representante, Juanma, subiu o podio como subcampión galego nos 50 m. valados.
Pero sen dúbida, si algún ten merecido un aplauso, esta é Aida. Participou en tres probas e en ningunha delas tivo piedade das súas adversarias. Antes de que rematara a mañá xa era subcampiona dos 50 m.l. Pola tarde non se conformou coa prata e levou o ouro nas probas de 200 e 400 m.l.

Xuvenil homes:
Faustino Maquieira: subcampeón galego nos 400 m.l.
Antón Menduiña: 7º nos 800 m.l.
Tomás Ocaña: 5º nos 3000 m.l.
Simón Acuña: subcampeón galego en lanzamento de peso
Xunior homes:
Juan Manuel Novo: subcampeón galego nos 50 m. valados
Xuvenil mulleres:
Aida Amoedo: Subcamiona galega en 50 m.l., campiona galega en 200 m.l.e campiona galega en 400 m.l.
Ariana Martínez: 5ª nos 1500 m.l.
María Jesús Novo:7ª nos 1.500 m.l., 5ª en lonxitude e 5ª en triplo

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CORTO, CAMPIONATO GALEGO CADETE-XIVENIL, MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

Ourense, 16 de xaneiro de 2011

No circuíto de Monterrei, en Ourense, disputouse unha triple xornada de campionatos galegos. Empezou a mañá có Memorial Alejandro Lorenzo, que está considerado como o galego federado das categorías menores. Os comezos non puideron ser mellores. Na primeira das probas, a de benxamín feminino, proclamouse campiona galega Sandra Souto e subcampiona Ariadna Gil, ambas do nos club. Por suposto, o equipo proclamouse campión. Os homes desta mesma categoría foron subcampións, pero tamén o podio individual estivo salpicado de amarelo coa presenza de Simón Pereira.
En canto ás alevíns, xa sabedes que esta tempada temos un número reducido de atletas femininas, pero as que están son fantásticas. Alba Vidal loitou ata o final para conseguir o primeiro posto, aínda non o conseguiu e proclamouse subcampiona. A mesma loita tivo Mª Jesus Corredoira loitando pola terceira praza. Por equipos conseguiron ser subcampionas, pero empatadas a puntos coas campionas. No tocante ós homes desta mesma categoría, estamos ben nutridos, e todos eles fixeron unha boa carreira, destacando entre eles Jorge Piñeiro, que chegou segundo.
Noa Rouco foi a primeira que chegou das infantiles nun meritorio quinto posto, aínda que ela manifestou que non se sentía demasiado satisfeita coa carreira. Foron campionas galegas.
Os homes infantiles foron os que peor quedaron destas categorías inferiores, sendo os únicos que non conseguiron sibir ó podio.
Como vimos anteriormente, as categorías menores fixéronno moi ben, conseguiron cinco dos seis podios posibles. Pero a partir de cadetes as cousas xa non pintaron igual. A pesar de todo, temos que felicitar a Mar Chillón que có seu terceiro posto colouse na selección para o campionato de España. Por equipos quedaron na 7ª posición. Os e as xuveniles quedaron quintos, pero a diferencia é que os homes con esta posición van o de España e as mulleres non.
A última das probas foi o campionato galego de cross corto. Entre as mulleres só tiñamos a Andrea García, que chegou oitava. Os homes acadaron o 12º posto por equipos.

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CORTO:

Homes:

47º Brais Misa García

55º Sergio Iglesias Alonso

84º Maikel Portela Portela Seguir leyendo