A Coruña, 30 de xuño de 2018
Tag Archives: CAMPIONATO GALEGO
CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE
Pontevedra, 16 de xuño de 2018
As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron este pasado sábado o CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE. Os nosos ilustres veterans xa son tratados coma mestres, sonche cousas da nomenclatura atlética. Este ano contabamos coa presenza de catro atletas, dos que todos acadaron premiación ao seu esforzo. Belen Lemat foi 1ª en 800 m.l., 2ª en 400 m.l. e 3ª en 1500 m.l., unha medalla de cada color. Manuel Lemos rematou SUBCAMPION GALEGO en triple salto e 5º en 800 m.l. Carlos Bernárdez acadou o 1º posto en martelo e foi 2º en disco. Juan Iglesias acadou o BRONCE na proba de 800 m.l. Unha aperta para estes MASTERS que ano tras ano son máis e mellores.
CAMPIONATO GALEGO SUB 20 e SUB 23 AO AIRE LIBRE.
Ferrol, 10 de xuño de 2018
As pistas de A Malata acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 20 e SUB 23 AO AIRE LIBRE. Participaban catro amarel@s. Na categoría SUB 20 Saray Amoedo rematou 1ª en triple salto e 1ª en salto de lonxitude. David Lorenzo venceu no concurso de pértega e foi 3º nos 400 m.v. Daniel Armada proclamouse CAMPION GALEGO en 100m.l. e 200 m.l.
Na categoría SUB 23 contamos coa presenza de Raquel Villa que rematou 1ª nos concursos de lanzamento de peso e disco.
ACTIVIDADE ATLETICA
Estase a disputar o CAMPONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE nas pistas do CGTD de Pontevedra. Achegamos o enlace para o seguimento dos resultados sen perder de vista a participación de Ana Piñeiro e Lope Quinteiro no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE FEDERACIONS AUTONOMICAS que acolle a localidade de Avilés.
RESULTADOS EN DIRECTO MASTER
RESULTADOS EN DIRECTO SUB 16 MULLERES
RESULTADOS EN DIRECTO SUB 16 HOMES
CAMPIONATO GALEGO CATEGORIAS MENORES AO AIRE LIBRE
Pontevedra, 09 de xuño de 2018
Chegou o agardado 40 de maio e cumprindo co refrán nos quitamos o saio, máis o tempo non acompañou. Vaia xornada en Pontevedra, pola maña de maneira intermitente choveu e pola tarde de forma continua. As gradas estaban ateigadas de temeros@s da chuvia e os valentes estiveron na pista. Os amarel@s das categorías SUB 10, SUB 12 e SUB 14 que acadaron marca para este Campionato Galego, nos deleitaron cunha longa xornada de esforzo, sufrimento e premiacions. Acadaronse ao remate da proba un total de 20 medallas. Abril Entenza, foi Campioa en 80 m.v. e lonxitude, sumando a isto un RECORD GALEGO coa marca obtida nos valados, 12.81. Erea Bastón tamén fixo dobrete coma 1ª nos lanzamentos de peso e disco. Carmen Castro repetía BRONCE nos lanzamentos de xavelina e disco. A sua compañeira Rocio Novas acadou o BRONCE en martelo. Nos homes da categoría SUB 14 obtiveronse dous BRONCES, un para Miguel Núñez en 220 m.v. e outro para Manuel Lemos en pértega.
Na categoría SUB 12 temos que destacar o triunfo de Gema Dacosta nos lanzamentos de peso e pelota. Obtiveronse tres BRONCES, Iris Malvido en marcha, Lara iglesias en pelota e Claudia Carcer en 60 m.l. Noa Nerga proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA de lanzamento de peso.
Alba del Valle foi CAMPIOA GALEGA de lanzamento de pelota e SUBCAMPIOA en salto de altura. Acompañouna no podio SUB 10 a sua compañeira Candela Castro cun BRONCE en pelota. Sabela Castelo e Hugo Collazo venceron na carreira de 1000 m.l. desta categoría. De seguido facemos mención a tod@s @s atletas que participarón no Campionato, moitos mellorando marca e outros acadando obxetivos. Gran culpa de ser un dos Clubs con máis medallas tamén foi dos adestradores, ou non?…
SUB 10 MULLERES
- NOA QUINTEIRO, 9ª peso
- CANDELA CASTRO, 3ª pelota e 6ª marcha
- ALBA DEL VALLE, 1ª pelota e 2ª altura
- LEIRE FERNANDEZ, 5ª pelota
- SABELA DOMINGUEZ, 10ª pelota e 10ª altura
- ANA CORDEIRO, 4ª lonxitude
- LEIRE BRUN, 8ª 500 m.l.
- SABELA CASTELO, 1ª 1000 m.l.
SUB 10 HOMES
- PEDRO GONZALEZ, 15º marcha
- HUGO COLLAZO, 1º 1000 m.l. e 13º lonxitude
- MARCOS RIAL, 12º 1000 m.l.
SUB 12 MULLERES
- IRIS MALVIDO, 3ª marcha
- LARA IGLESIAS,, 3ª pelota e 5ª marcha
- NEREA MALVIDO, 9ª marcha
- GORETTI CARBALLAL, 13ª marcha
- CLAUDIA CARCER, 3ª 60 m.l. e 4ª lonxitude
- GEMA DACOSTA, 1ª peso e 1ª pelota
- NOA NERGA, 2ª peso e 4ª pelota
- LUCIA GIL, 10ª pelota e 11ª 2000 m.l.
- MAIALEN FERNANDEZ, 13ª 500 m.l.
SUB 12 HOMES
- HUGO DOMINGUEZ, 4º 2000 m.l.
- RAUL RIAL, 6º 1000 m.l.
SUB 14 MULLERES
- ABRIL ENTENZA, 1ª 80 m.v. e 1ª lonxitude
- EREA BASTON, 1ª peso e 1ª disco
- NURIA ARGIBAY, 5ª peso
- ROCIO NOVAS, 3ª martelo e 6ª peso
- CARMEN CASTRO, 3ª disco e 3ª xavelina
- BLANCA PIÑEIRO, 12ª disco
- CRISTINA TABOADA, 8ª xavelina
- UXIA SANCHEZ, 9ª 2000 m.l.
SUB 14 HOMES
- CARLOS CORREDOIRA, 9º marcha
- MIGUEL NUÑEZ, 3º 220 m.v. e 6º 500 m.l.
- CARLOS LOPEZ, 6º 1000 obs. e 15º 220 m.v.
- JOEL CURRO, 8º lonxitude e 13º 1000 m.l.
- ANTON NUÑEZ, 10 º lonxitude
- DIEGO MARTINEZ, 7º disco e 9º xavelina
- RUBEN LEMOS, 8º pértega e 11º disco
- MANUEL LEMOS, 3º pértega
- ELOY DOMINGUEZ, 5º xavelina e 9º martelo
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO DE CATEGORIAS MENORES
Este sábado 9 de xuño vaise disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB 12 e SUB 14 nas pistas do CGTD de Pontevedra. Clasificaranse as 16 mellores marcas da actual tempada dos atletas inscritos. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas do programa e categoría. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. Achegamos os listados definitivos d@s atletas clasificad@s
LISTADO SUB 10
LISTADO SUB 12
LISTADO SUB 14
Para esta competición NON hai autobús, ao ser desprazamentos por conta propia pregase chegar con antelación as probas (UNHA HORA) polo menos. Lembrar que hai cámara de chamadas e tamén hai que facer o quecemento.
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE
O Barco, 27 de maio de 2018
Longo desprazamento ata O Barco de Valdeorras para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE. A volta tamén se fai longa, pero son cousas da xeografia. Tres CAMPIONATOS GALEGOS acadaron @s amarel@s, Ana Piñeiro en 3000 mts marcha e Lope Quinteiro en 1000 m.l. e lanzamento de peso. Houbo varias medallas de chocolate, dese que amarga, foi o caso de Ainoa Santos e Aaron Otero, ambos en sendos concursos nos que participaron. Sabela López tamén foi cuarta no salto de pértega, nun empate que implicou da 2ª ata 5ª posición. Claro que mellorou a sua marca alcanzando os 2.32 mts. Pechabase unha fin de semana moi activa, pero a tempada continua, de feito xa temos en mente o Campionato de España SUB 14.
- NOELIA VILLAVERDE, 5ª semifinal 100 m.l.
- COLOMBA CARBALLAL, 5ª semifinal 100 m.v. e 9ª martelo
- MARIA RIAL, 5ª triple salto
- AINOA SANTOS, 4ª peso e 4ª disco
- ANA CERQUEIRA, 4ª semifinal 100 m.v. e 6ª semifinal 100 m.l.
- SABELA LOPEZ, 4ª pértega e 4ª semifinal 100 m.v.
- ANA PIÑEIRO, 1ª 3000 marcha
- ADAN DACOSTA, 4º semifinal 100 m.l.
- DANIEL IGLESIAS, 11º 1500 obstáculos
- IVAN IGLESIAS, 14º 600 m.l.
- MANUEL OTERO, 6º martelo e 10º peso
- LOPE QUINTEIRO, 1º1000 m.l. e 1º peso
- GABRIEL DACOSTA, 9º xavelina
- AARON OTERO, 4º martelo e 4º peso
CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE
Ferrol, 26 de maio de 2018
Longa xornada na cidade departamental para a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE. A primeira proba na que participabamos era o concurso de triple salto con Ariadna Gil, quen rematou CAMPIOA GALEGA, cun mellor salto de 10,45 m. Repetiu podio na proba de 100 metros valados proclamandose SUBCAMPIOA GALEGA. Deuse a circunstancia de constantes rachas de vento que invalidaron moitas marcas. Laura Valladares rematou 4ª na final do concurso de xavelina, cun lanzamento de 23,28 m. Maria Rodríguez disputou as probas de 400 e 200 m.l. na primeira delas rematou 11ª e pola tarde quedou as portas da final do 200 m.l., cun tempo de 28,56 que se achega a sua mellor marca. Valeria Rodríguez foi SUBCAMPIOA GALEGA no concurso de peso, a pesar de acadar só dous lanzamentos válidos. No lanzamento de martelo rematou 4ª, pero xa máis preto do bronce.
Na sección masculina contamos coa presenza de tres atletas. Na xornada de mañá Alex iglesias foi 9º na final dos 800 m.l. Aaron Dominguez participou nos concursos de Triplo e Lonxitude. Rematou 7º na final do triple salto e 8ª na lonxitude. Nesta mesma final tamén estivo Juan Piñeiro, onde rematou no 5º posto. Viña de acadar a medalla de BRONCE no concurso salto de altura
PREVIA DOS GALEGOS SUB18 E SUB 16/ CTO. PROVINCIAL SUB 10
Esta fin de semana imos padecer unha cicloxenesis de Campionatos. En Ferrol vaise celebrar este sábado o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 A.L. Os desprazamentos para o mesmo serán en vehículos particulares e tamén faremos uso do autobus do Celta, ben para ida coma para volta. Esta reservada a comida nun Restaurante próximo as instalación da Malata.
- MARIA RODRIGUEZ, 200 m.l. e 400 m.l.
- ARIADNA GIL, triple salto e 100 m.v.
- LAURA VALLADARES, xavelina
- VALERIA RODRIGUEZ, martelo e peso
- ALEX IGLESIAS, 800 m.l.
- JUAN PIÑEIRO, lonxitude e altura
- AARON DOMINGUEZ, lonxitude e triple salto
NOVO HORARIO
RESULTADOS EN DIRECTO
O mesmo sábado, nas pistas de Balaidos, vai ter lugar o CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 10 E COMBINADAS SUB 12. De Cangas sairá un autobús as 08:30 horas.
RESULTADOS EN DIRECTO
O domingo 27 sairá un autobús de Cangas as 06:45 horas, será unha viaxe ata O Barco de Valdeorras para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 A.L. Para comer reservouse na Parrillada O Ancla.
- NOELIA VILLAVERDE, 100 m.l.
- COLOMBA CARBALLAL, 100 m.v. e martelo
- MARIA RIAL, triple salto
- AINOA SANTOS, peso e disco
- ANA CERQUEIRA, 100 m.v. e 100 m.l.
- SABELA LOPEZ, pértega e 100 m.v.
- ANA PIÑEIRO, 3000 marcha
- ADAN DACOSTA, 100 m.l.
- DANIEL IGLESIAS, 1500 obstáculos
- IVAN IGLESIAS, 600 m.l.
- MANUEL OTERO, martelo e peso
- LOPE QUINTEIRO, 1000 m.l. e peso
- GABRIEL DACOSTA, xavelina
- AARON OTERO, martelo e peso
- ANXO CAMAÑO, 300 m.v.
- ADRIAN PASTORIZA, altura
RESULTADOS EN DIRECTO
NOVO HORARIO
CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS SUB 10, SUB 12 E SUB 14
Lugo, 12 de maio de 2108
Intensa fin de semana que comezaba co CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS SUB 10, SUB 12 e SUB 14. En xornada de maña competían as duas primeiras categorías, tendo que madrugar as 07 para coller o bus ata Lugo. De volta xa para Cangas ainda se cruzaron co bus da categoría SUB 14. No tocante aos resultados, pola maña tivemos duas subidas ao podio. As mulleres SUB 12 foron CAMPIOAS GALEGAS e o equipo feminino SUB 10 tivo que conformarse co segundo posto, tras empatar coas primeiras. A sección masculina SUB 10 acadou o posto 12º. Salientar a alta participación de equipos o cal lle engade valor o Campionato.
SUB 10 MULLERES (2º posto 121 ptos.)
- SABELA CASTELO, 1ª marcha e 4ª 50 m.l.
- LEIRE BRUN, 3ª 500 m.l. e 7ª relevo
- ALBA DEL VALLE, 1ª altura e 1ª pelota
- NOA QUINTEIRO, 5ª peso
- CANDELA CASTRO, 8ª 1000 m.l. e 7ª relevo
- LEIRE FERNANDEZ, 7ª relevo
- ANA CORDEIRO, 2ª lonxitude e 7ªrelevo
SUB 10 HOMES (12º posto 63 ptos.)
- HUGO COLLAZO, 2º 1000 m.l. e 6º 50 m.l.
- IKER RIAL, 11º pelota e 10º relevo
- MARIO TORRES, 6º 500 m.l. e 14º peso
- BREO FERNANDEZ, SM altura e 10º relevos
- MIGUEL FERNANDEZ, 9º lonxitude e 10º relevos
- PEDRO GONZALEZ, 7º marcha
- MARCOS RIAL, 10º relevos
SUB 12 MULLERES (1º posto 129 ptos.)
- CLAUDIA CARCER, 1ª 60 m.l. e 4ª lonxitude
- GEMA DACOSTA, 1ª peso e 1ª pelota
- NOA NERGA, 11ª altura e 6ª relevos
- LUCIA GIL, 6ª 500 m.l. e 6ª relevos
- IRIS MALVIDO, 2ª marcha
- NEREA MALVIDO, 9ª 1000 m.l.
- MAR CURRA, 6ª relevos
- MAIALEN FERNANDEZ, 6ª relevos
A xornada de tarde prolongouse ata as 21:30 horas, chegando o autobus a Cangas a medianoite. O domingo nos deparaba un Campionato Provincial de Probas Combinadas para a categoria SUB 14. Deixar constancia que ese non é o atletismo que desexamos. Pese as trabas do calendario os dous Campions Provinciais da disciplina foron do Club, preferiblemente para a próxima cun pouco máis de descanso.
En Lugo os compoñentes dos equipos aportaron:
SUB 14 HOMES (5º posto 161 ptos.)
- CARLOS CORREDOIRA, 14º 80 m.l. e 3º marcha
- JAVIER SANTOS, 9º 2000 m.l. e 8º relevos
- MANUEL LEMOS, 7º pertega e 11º 500 m.l.
- YAGO JUNCAL, 12º 1000 m.l. e 8º relevos
- DIEGO MARTINEZ, 9º peso e 4º disco
- ELOY DOMINGUEZ, 5º martelo e 2º xavelina
- MIGUEL NUÑEZ, 3º 80 m.v. e 2º 220 m.v.
- ANTON NUÑEZ, 12º triple salto e 8º relevos
- MARIO SANTOS, 8º relevos
- CARLOS LOPEZC, 6º 1000 obts. e 8º 150 m.l.
- YOEL CURRO, 9º lonxitude e 15º altura
SUB 14 MULLERES (7º posto 166.5 ptos.)
- CARMEN FRAGA, 9ª 80 m.l. e 9ª lonxitude
- CARMEN CASTRO, 10ª 150 m.l. e 3ª xavelina
- AGATA RODRIGUEZ, 6ª 500 m.l. e 12ª 220 m.v.
- NURIA ARGIBAY, 13ª 1000 m.l. e 8ª relevos
- UXIA SANCHEZ, 6ª 2000 m.l. e 8ª relevos
- ROCIO NOVAS, 1ª martelo
- CRISTINA TABOADA, 12ª 1000 obst. e 8ª relevos
- ABRIL ENTENZA, 5ª altura e 1ª 80 m.v.
- BLANCA PIÑEIRO, 14ª triple salto e 8ª relevos
- EREA BASTON, 1ª peso e 1ª disco