CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA

Sabadell, 27 de marzo de 2022

     Coa celebración do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA pechabase a tempada indoor, e nada mellor  cunha cita deste calibre. Gema Dacosta chegaba a Sabadell coas posibilidades, gañas e máis a experiencia precisa. A final do concurso de lanzamento de peso poñia en competición a actual Campioa Galega e mediase coas mellores a nivel nacional. Finalmente achegou a bola ata os 12,20 metros e acadou a medalla de BRONCE. Magnifico curriculum estase a labrar, e nós encantados de poder contalo. Parabens tamén para @s adestrador@s.



CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA SUB16 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS

Lepe, 30 de xaneiro de 2022

  Disputouse en Lepe o  CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA SUB16 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS. No combinado galego  SUB 16 feminino participou Iris Malvido. Rematou o percorrido de 5 km. en 29,19 acadando o posto 35º e sumando para o equipo uns importantes puntos que levaron a Galicia ata o posto 9º.



CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONS AUTONOMICAS

Cuenca, 9 outubro de 2021.

 

     Gema Dacosta participou co combinado galego no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONS AUTONOMICAS. Realizou un fantastico concurso de lanzamento de peso, acadando o 2º posto, lanzando a bola ata os 12,28 m. e sumando 16 puntos para o equipo. Finalmente a selección galega feminina acadou un magnifico 5º posto entre todos os equipos SUB 16 de España.



CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE

Lleida, 17 de xullo de 2021

     Reuniase en Lleida a xeración de cadetes que acadaron o pase para disputar o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE. Entre tod@s brilou a cor amarela de Gema Dacosta, combativa coma sempre e resolutiva coma nunca, pechou un concurso de lanzamento de peso de BRONCE. Acadou esta premiación nunha competición de menos a máis, rematando cun lanzamento de 13,10 metros. Esta supón a sua mellor marca, cunha mellora de preto de 90 cms. Ademáis arrebatoulle o record do Club a Raquel Villa, que xa posuia outra marcaza (13,04). Parabens polo traballo ben feito, que de cando en vez, trae recompensa.



CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA

Oviedo, 20 de marzo de 2021

 

     Gema Dacosta desplazouse a capital asturiana para disputar o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA. Participou na final do concurso de lanzamento de peso. Partía coa mellor marca galega da tempada (11,75 m) e agora tocaba medirse co resto de lanzadoras a nivel nacional. Estivo acompañada da sua adestradora Raquel Villa, quen seguiu de cerca a sua evolución na final, onde mellorou a sua marca lanzando ata 11,80 m. e acadando un magnifico 6º posto. Fabuloso peche para esta tempada de Pista Cuberta para esta atleta.



PREVIA CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 AO AIRE LIBRE

 A partir de mañan, sábado 24 e ata o domingo 25, estaremos atentos a celebración do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 AO AIRE LIBRE. Seran participes do mesmo tres amarelas, Claudia Carcer no triatlon A (80 m./ 80 m.v. e peso), Gema Dacosta no tiratlon D ( 80 m./ peso e disco) e Iris Malvido no triatlon E (80m./xavelina e marcha). O Estadio de Vallehermoso en Madrid será testemuña da evolución das probas, onde se premiará a versatibilidade d@s atletas. Achegamos ligazons para facer un seguimento da competición.


RESULTADOS EN DIRECTO

COMPETICION EN DIRECTO



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

Tarragona, 17 e  18 de outubro de 2020

        Moi interesante se presentaba a participación de Lope Quinteiro no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. A proba na que ia participar, os 800 m.l., faise unha proba aberta a estratexia. O sábado 17 disputouse a semifinal, na que Lope partía co 3º mellor tempo. Pasaban os dous primeiros e os dous mellores tempos das quendas. Lope accedeu a final chegando no segundo posto, antes fixo unha lectura intelixente da carreira e progresou na recta final adiantando ata acadar o pase directo.

      O domingo disputou a final, onde se topou cunha primeira volta moi conservadora. Foi quen de iniciar un ataque vertixinoso a falta de 400 metros. Estivo en postos de podio ata os derradeiros metros, finalmente foi 5º. ¿Mereceu máis? claro que si, nada que obxectar a unha estratexia, que de sair ben, sería encomiable.



PREVIA CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

    Nesta vindeira fin de semana, 17 e 18 de outubro, o estadio Natalia Rodríguez de Tarragona vai acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. Desta volta, será Lope Quinteiro quen acadou a participación na proba dos 800 m.l. O sábado disputará a semifinal, polo que, agardamos pase a final que se celebra o domingo. Achegamos enlaces de interés desta importante competición.


RESULTADOS EN DIRECTO

COMPETICION EN DIRECTO



PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20

    Nesta vindeira fin de semana vaise disputar no Estadio de Vallehermoso o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Os protagonistas Juan Piñeiro e Ariadna Gilxa estiveron clasificados para o Nacional en Pista Cuberta, daquela en Sabadell polo mes de marzo foi das competicions canceladas pola pandemia. Teñen oportunidade de desquitarse na xornada do domingo 4 de outubro, Juan Piñeiro no concurso de lonxitude e Ariadna Gil no triplo. Parabens polo froito da constancia, e por suposto ao seu adestrador Ramilo.


RESULTADOS EN DIRECTO

COMPETICION EN DIRECTO