CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 PISTA CUBERTA

Salamanca, 9-10 de marzo de 2024

     A pista cuberta de Salamanca acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA. Dous amarelos eran participes desta importante cita, entrando en competición na tarde do sábado, primeiro foi Mauro Vázquez quen tras facer MMP, con 7,00 s pasou de rolda nos 60 m.l.. Impresionante o número de mellores marcas que se deron na velocidade neste Campionato. A sua compañeira Agata Rodríguez, con 9,66 s nos 60 m.v. finiquitou a sua participación.



     O día seguinte Mauro acadou unha marca de 7.07 que non lle permitiu estar na final dos 60 m.l., estar na mesma requería baixar de 7 s e non é tan doado. De feito o gañador da proba tamén se levou un novo record  de España.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Sabadell, 25 de febreiro de 2024

 

     Gema Dacosta foi a representante amarela no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. O domingo disputou a final do lanzamento de peso, resultando un concurso no que as marcas foron de menos a máis, cun ultimo lanzamento que achegou a bola ata os 13,07 m. Previamente acadaou o pase a mellora, asegurando estar entre as oito mellores, e finalmente remataba en 7º posto. Sabor agridoce deixoulle que o valor da medalla de bronce estaba ao seu alcance, de seguro que será unha aprendizaxe positiva para o vindeiro reto.



CAMPIONATO DE ESPAÑA FEDERACIONS AUTONOMICAS SUB 16

Gijón, 07 de outubro de 2023

     As federacions autonomicas medianse en Gijón no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16. Alí estivo a mellor versión de Diego Garcia, quen foi capaz de realizar a sua mellor marca persoal 27:56.71 na proba dos 5000 metros da marcha. Acadou o posto 11º e sumou uns importantes puntos que axudaron no 6º posto final que obtivo a Selección Galega da categoria masculina. Salientar tamén o posto 4º que obtiveron na categoria feminina.



CAMPIONATO ESPAÑA SUB 18 A0 AIRE LIBRE

Gijón, 8 e 9 de xullo de 2023

  En terras asturianas disputouse o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 18 A0 AIRE LIBRE. A segunda fin de semana do mes de xullo estaba marcada no calendario atlético na categoria XUVENIL. Duas amarelas foron participes deste importante Campionato, poñendo o broche a unha magnifica tempada de Pista ao Aire Libre. Agata Rodríguez participou na proba de 100 m.v., onde non puido progresar as series finais, rematou 8ª na sua quenda cun tempo de 16.20 s.  Gema Dacosta acreditou marca para participar nos concursos de Peso e Disco. No lanzamento de peso estivo a piques de entrar na mellora e finalmente foi 9ª con 12.86 m. Si acadou o pase a mellora na final do lanzamento de disco, rematando 8ª cun lanzamento de 34.75 m.



 

CAMPIONATO ESPAÑA SUB 18 FEDERACIONS AUTONOMICAS AIRE LIBRE

Logronño, 24 de xuño de 2023

   Ata terras rioxanas se desprazou a selección galega SUB 18 para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 FEDERACIONS AUTONOMICAS AO AIRE LIBRE. Na expedición viaxaban dous amarelos Gema Dacosta e Diego Martínez, ademáis do adestrador Juan Luis Ramilo Competiron na xornada correspondente ao sábado de San Xoan e faciano nos concursos de lanzamento de peso e disco.



     A primeira en competir Gema Dacosta mellorou a sua marca lanzando a bola ata os 13,74 m., magnifico concurso que lle aporta confianza de cara ao Campionato de España Sub 18. Diego Martínez tamen mellorou a sua marca en disco, lanzou ata os 39,33 mts. Podese sentenciar que achegaron o mellor deles ao combinado galego, que finalmente acadou un posto 6º na clasificación global.



 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

León, 3 e 4 xuño de 2023

 

    As pistas universitarias de León acolleron durante a primeira fin de semana de xuño o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14. Ali presentabamos ao noso atleta infantil MIguel Fernández para disputar o Triatlon B que consistia nas probas de salto de lonxitude, 1000 m.l. e lanzamento de xavelina. Xunto co seu adestrador loitaron por mellorar as marcas coas que se presentaba neste importante Campionato, pero parece que a proba impoñia e a calidade dos contrincantes tamén. Finalmente acadou o posto 29º neste triatlon, sumando un total de 1120 puntos gracias aos 4,27 m. da lonxitude, os 3:10.03 dos 1000 m.l. e o lanzamento de 30.10 m. na xavelina. Parabens para Miguel Fernández.



CAMPIONATO ESPAÑA UNIVERSITARIO

León, 22 de abril de 2023

     Participou na final do triple salto a nosa atleta Ariadna Gil, representando a Universidade de Santiago. Estreaba unhas pistas universitarias, recen remodeladas. O concurso de triple salto celebrouse as 10 horas do sábado, ainda facia un fresco considerable en León e o ceo lucía solleiro. Foi unha participación na que Ariadna foi en progresión, e xustamente o salto máis longo foi o que menos mediu, parece irónico pero non, simplemente foi un erro dos xuices. Isto privouna de pasar a mellora e tamén lle  supuso un pequeno enfado pola impotencia acumulada. Finalmente rematou 9ª pero cun sentimento de que, sen interferencias, hai moito marxe de mellora.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE MARCHA POR AUTONOMIAS

Cieza, 26 de febreiro de 2023

 

    Ata a localidade murciana de Cieza tivo que desprazarse Diego Garcia para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE MARCHA POR FEDERACIONS AUTONOMICAS. Despois da longa  viaxe competiría nun percorrido de 5km no que fixo a su mellor marca persoal, 28 minutos 41 segundos.  Con este tempo entrou na meta no posto 22º. Parabens polo tempo, entrega e determinación.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA

Antequera, 4 de febreiro de 2023

 

     Por terras malagueñas disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA. Competiu Ariadna Gil no concurso de triple salto, disputou unha final na que foi de menos a máis coa magoa dun último salto nulo. Finalmente foi 9ª cun segundo salto de 11,74, quedou as portas da mellora pero nos quedamos coas boas sensacións na competición que fan previsible unha tempada exitosa.



CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO

Murcia, 07 de maio de 2022

    As pistas de Monte Romero, dentro do Campus da Universidade de Murcia, acolleron o CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO. Moitas caras coñecidas representaban as suas Universidades. No noso caso, foi Ariadna Gil quen disputaba o concurso de triple salto representando a USC. Por parte da Universidade de Santiago foron un total de tres atletas, cifra que pouco axuda ao presumible fomento do atletismo por parte desta Entidade. Engadir tamén unha pista metida nunha interminable reforma. Neste contexto Ariadna conformouse con poder participar nun Campionato que contaba cun altisimo nivel e no que tiña moi reñido o pase a mellora. Finalmente tivo unha actuación discreta que a posicionou no 9º posto, coa teima dos centimetros que a afastaron da mellora. Iso si, sacou a foto con Mariano Garcia, o vixente Campión do Mundo de 800 m.l.