CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Monzón, 04 de xullo de 2021

     A localidade oscense de Monzón acolleu durante a primeira fin de semana de xullo o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Temperaturas de máis de trinta grados e ambiente seco foi o contexto da competición. As instalacións que daban cabida as probas tiñan un tartan renovado e xa albergaron o  Campionato europeo de probas combinadas do ano 2017. Tamén se agradecía as zonas de sombra para o quecemento e  resguardarse do sol. En xeral, unhas instalacións acordes a entidade da competición e @s atletas participantes. Ariadna Gil competía as 18:15 horas do domingo 04 de xullo, tivo que aguantar temperaturas de 34 grados, pero realizou o mellor concurso de triple da sua carreira. Acadou un salto de 11,84 m. que lle supuso rematar no sétimo posto da final. Parabens polos logros presentes e sorte nos futuros.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

Madrid, 24 e 25 de outubro de 2020

     Esta pasada fin de semana, 24 e 25 de outubro, tivo lugar no Estadio de Vallehermoso en Madrid o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 . O formato do mesmo son cinco tipos de triatlon, nomeados coas primeiras letras do abecedario. Por parte do noso Club competiron tres atletas. As pupilas de Calvar participaron en duas probas na xornada do sábado e o domingo remataron coa terceira. Tiveron unha temperatura fresca e a choiva apenás afectou as probas.

     Destacar a medalla de Bronce acadada por Gema Dacosta no Triatlon D (80 m.l., peso e disco) cunha puntuacion total de 1514. Marcas (11.97 s -80 m.l., 11.14 mts- peso e 30.67 mts. no disco)

     Iris Malvido foi 10ª no Triatlon E con 1449 ptos. As suas marcas foron (12.08 s nos 80 m.l., 18.45 mts na xavelina e 11:09.51 en 2000 m. marcha)

     Claudia Carcer acadou o posto 19º no Triatlon A , sumando 1255 puntos  (12.10 s en 80 m.l., 14.83 s nos 80 m.v. e 8.64 mts no peso )

   Parabens polo Campionato, agardamos que sexa o primeiro de moitos.



CAMPIONATO ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Madrid, 4 de outubro de 2020

    Os dous protagonistas desta crónica non tiñan moi claro a celebración do Campionato, nin eles nin nos. Os antecedentes, ala polo mes de marzo, eran totalmente negativos. A escasas horas da celebración do Campionato de España de Pista Cuberta en Sabadell, foi suspendido. Daquela ainda non estaba claro o que nos enfrentabamos. Seria a COVID 19 unha proba de velocidade ou máis ben de fondo. Co tempo estamos a ver, que hai que medir os ritmos e non precipitarse. Vai a ser unha carreira longa e  con obstaculos.

     Desta foi a vencida, o Estadio de Vallehermoso acolleu aos atletas, rodeados dun reducido público. Durante a fin de semana vivimos un Campionato sen incidencias, no que dous amarel@s foron participes desta agardada volta as competicions nacionais. E importante ter obxectivos, máis nestes momentos de incerteza. Desta volta, era o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. O domingo competían Juan Piñeiro en salto de lonxitude e Ariadna Gil en triplo salto. Ambos acadaron a mellora nos seus concursos para rematar en 7ª posición na final. Juan Piñeiro saltou 6,98 e Ariadna Gil 10,84. Non melloraron as suas marcas, pero loitaron cos mellores. Moita sorte no vindeiro obxectivo.



PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA

     O vindeiro 7 e 8 de marzo vai ter lugar en Valencia o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Será participe nos 800 m.l. o atleta Lope Quinteiro, quen disputará as semifinais o sábado pola tarde. No caso de progresar a final, ésta será na xornada do domingo. Vai estar acompañado na viaxe do seu adestrador, así que agardamos disfruten da competición e do ambiente das fallas.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA

Salamanca, 15 de febreiro de 2020

    A Pista Cuberta Carlos Gil Pérez acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Neste evento participou a nosa promesa Saray Amoedo, concretamente na final de triple salto. Realizou un concurso moi regular no que rematou en 7º lugar, cun mellor salto de 11,20 m. Parabens para ela e para o seu adestrador por este gran posto.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 PISTA AIRE LIBRE

Gijón, 6-7 xullo de 2019

 

     Aaron Otero viaxou ata Asturias para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 PISTA AIRE LIBRE. Magnifico 6º posto na final do lanzamento de peso, cunha marca de 13,61. Na final do lanzamento de martelo rematou en 8º posto cunha marca de 47,09 m. Estivo acompañado de Erea Bastónque foi 8º na final do lanzamento de disco, con 32,83 m.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

Castellón, 22-23 de xuño de 2019

 

     Lope Quinteiro participou no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. Engadir que este mes de xuño foi esgotador para él,  coas viaxes das ligas, competicions, fin de curso… Desta volta corría os 800 m.l. , o que se presume a sua proba. Partía dunha marca de 1:58.15 e voltou con 1:57.30. Cousas do azar fixeron que non puidera pasar a semifinal, o que da tamen idea do nivel da competición. Para o ano máis e millor.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Valencia, 9-10 de marzo de 2019

 

  No Palau Velódrom Lluís Puig disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. O sábado pola tarde Lope Quinteiro correu a terceira serie das semifinais de 800 m.l. Despois de catro voltas quedou 4º cun tempo de 1:59.84. Pasaban a final os primeros por serie máis os dous mellores tempos. Con esta marca non puido progresar a final que se correría o domingo.  Tal vez non fora a sua mellor carreira, engadido o nivel dos rivais so nos queda mandarlle animos de cara a vindeira proba.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14.

San Fernando (Cádiz), 2 e 3 de xuño de 2018

     Despois de cruzar a península, as atletas Erea e Abril deron moita guerra e loitaron ata o final para achegarse ao ansiado podio. Esta claro que esa era a actitude, que se poda acadar é outro cantar. Erea Bastón remataba a primeira xornada no terceiro posto, tras lanzar 24.40 no disco e rematar 1ª no peso con 10.10. Coa proba final, os 80 m.l. rematou en 5ª posición no triathlon D, sumando 1354 puntos. 



     No tocante ao triathlon C, Abril Entenza rematou no posto 11º, sumando 1556 puntos. No salto de altura chegou ata 1.43 e rematou os 80 m.v. en 13.38. Na proba de lonxitude acadou un mellor salto de 4.46.



     Noraboa a ambas atletas e agardamos que sumen máis probas deste nivel ao seu currículo.



PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

     Esta vindeira fin de semana, 2 e 3 de xuño, vai ter lugar en San Fernando (Cádiz) o CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL SUB 14.  O formato do mesmo son probas de triathlon nas que se premia a versatibilidade d@s atletas. Duas amarelas acadaron o pase a esta importante proba. Abril Entenza participará no Triathlon C (80 m.v.- altura e lonxitude) e Erea Bastón no Triathlon D (80 m.l.- peso e disco). Desexamolle unha boa viaxe e unha mellor experiencia.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Tamén nos e grato informar que Ariadna Gil foi seleccionada coma compoñente da selección Galega para o Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub 18, a celebrar en Ciudad Real o 9 de xuño, disputará a proba de Triple Salto. No mesmo Campionato da categoría Sub 16 irán tamén Lope Quinteiro (1000 m.l.) Ana Piñeiro (Marcha), será o 16/17 de xuño en Avilés. Noraboa a tod@s eles/as.