Atletismo en Pista Xogade Categorías Benxamín-Alevín.

Cangas a 21 de abril de 2012

Cita para as categorías benxamín e alevín que disputaban un zonal de Pista do Programa Xogade, onde os nen@s disputaban un máximo de dúas probas. Aínda que os que estivemos o día anterior en Vigo podemos pensar que alguns atletas puideron acusar a citada competición, non é escusa, senón todo o contrario un escalón mais para o dilatado currículo destes grandes atletas que puntuais ás 09:30 horas compareceron nas Pistas Municipais de Atletismo de Cangas. Parabéns a tod@s el@s polos resultados obtidos.

Resultados

X LIGA INTERCOLEXIOS-PISTA ATLETISMO BALAIDOS-VIGO

Un ano máis e tras dúas xornadas participativas chegou a final individual e por equipos da liga intercolexios organizada polo AVA. Esta edición se adiantou a final por problemas co calendario, así que a cita tivo lugar un venres 20 de abril a partir das 17:30 horas. Se ben o Vila de Cangas non estivo presente como club si estiveron os seus atletas que representaron os seus respectivos colexios. A particularidade desta competición reside na iniciación de moitos dos nen@s en probas relacionadas co atletismo en pista, xa sexa relevos, lanzamento de peso ou salto de lonxitude. Á hora de computar as categorías establécense 2004-2003-2002 como alevins e 2001-2000-1999 como infantís. Á final que se disputou o venres acudiron os atletas invitados que obtiveron a marca nas dúas xornadas participativas previas, no formato individual só podían disputar unha proba por atleta, se competían como equipos debían presentar un mínimo de seis atletas que disputasen o 80 m.l., 300m.l., 1000 m.l., salto de lonxitude, lanzamento de peso e salto de altura, ademais de realizar un relevo de 4 X 80 m.l. Destacar que o equipo alevín feminino do CEIP de Nazaret obtivo o primeiro posto con 33 puntos, de 35 posibles, este equipo integrado por atletas do club realizou o mesmo tempo nos relevos que o equipo infantil gañador, vista a diferenza de anos é digno que ocupe unhas liñas desta modesta crónica. O CEIP do Hio presentou catro equipos e todos eles fixeron podios, contabilizando tres terceiros e un segundo posto. De modo individual Sandra Souto obtivo o primeiro posto en 80 m.l, Naiara Curras primeira en 300 m.l., Ariadna Gil primeira en Altura, Aaron Domínguez segundo en altura, Jorge Piñeiro primeiro en altura, Simón Pereira segundo en pelota, Paula Santos primeira en pelota, Mauro Maquieira terceiro en pelota, Eva Maquieira segunda en peso, Saray Amoedo segunda en peso, Daniel Calvar segundo en peso, Irene Menendez e Alba Pardavila primeira e segunda en lonxitude. Adrián Outeiral, Juan Piñeiro e Daniel Armada coparon o podio de lonxitude. Valeria Fernandez e Alba Vidal gañaron o 1000 m.l. nas súas categorías, sendo Jorge Piñeiro e Gabriel Dacosta terceiros no 1000 m.l. das categorías masculinas. Foron moi bos resultados, dende aquí felicitalos a tod@s e tamén á organización por fomentar o atletismo base con estes eventos.

RESULTADOS FINAL

Xornadas Atletismo Base

Venres, 13 de maio de 2011

Nas pistas de atletismo de Verín-Coiro da localidade de Cangas celebraronse unhas xornadas de atletismo dedicadas as categorias escolares.  A tarde foi de moito calor, e daba comenzo a competición as 17’30 horas. As categorias participantes foron minibenxamins, benxamins e alevins. O sistema de competición,como outros anos, consistía en que cada neno/a podía participar en catro probas, puntuando finalmente nas tres mellores.  Foron obsequiados os atletas con trofeos para os tres primeiros e medallas para os demaís participantes.  Colaboraron co evento a Deputación de Pontevedra e o Concello de Cangas, ademaís de os pais e nais que axudaron coa loxistica, a todos eles moitas grazas.

As clasificacións por categorias foron as seguintes:

ALEVIN HOMES

ALEVIN MULLERES

BENXAMIN HOMES

BENXAMIN MULLERES

MINIBENXAMIN HOMES

MINIBENXAMIN MULLERES

XVII XORNADA DE ATLETISMO BASE

O Club Atletismo Vila de Canagas organiza a XVII XORNADA DE ATLETISMO BASE coa colaboración da DEPUTACIÓN PROVINCIAL.

Será o 13 de maio do ano que corre, a partir das17:30 horas, no estadio Municipal de atletismo de Cangas.

Tátase dunha competición en modalidade de probas combinadas; é dicir, os rapaces terán que participar en 3 ou 4 probas para poder puntuar. Os atletas que participen deberán ter o seu ano de nacemento entre o 2000 e o 2006, ambos incluidos.

Haberá trofeos  para os tres primeiros de cada categoría e medallas e bocatas para todos os participantes.

Os nenos/as poderán inscribirse como representantes do seu colexio ou a título individual, pero non coma representante dun Club.

Pregamos a inscrición previa, que será no correo do Club: at.viladecangas@terra.es.

Para o caso de non ser posible a inscrición previa, tamén poderán inscribirse o mesmo día ata media hora antes do comenzo das probas.

Podedes descargar o regulamento complero e o horario aquí:

XORNADA B Maio2011