MARCHA ASOCIACION CONTRA O CANCRO.

     Este domingo 25 de xuño a ASOCIACION CONTRA O CANCRO, ten organizada unha andaina por unha contorna espectacular. A partires das 09:00 horas podese facer a inscrición e de paso colaborar cun donativo voluntario. A saida farase as 10:00 horas dende o IES María Soliño de Cangas. Para quen coñeza a zona vaise subir ata as antenas, se non a coñocedes, mellor oportunidade imposiblel. E un percorrido corto por pistas forestais, con algunha costa pero co agasallo da vista unha vez se remata no cumio. Totalmente accesible para familias e nen@s. Xa vedes que todo son ventaxas.