MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CAMPIONATO CROSS GALEGO MENORES

A Rua, 27 de xaneiro de 2019.

 

     Madrugón para coller o bus as 06:30 cara A Rua. Moitas familias xa aproveitaron para lidiar coas primeiras neves das montañas orientais. Desta volta deuse a circunstancia co mancado, que non puido acudir, foi o Adestrador. Botaron en falta @s nen@s os berros de «animo» de Calvar polas frias terras ourensas. Iso si,  todo o seu esforzo e os logros acadados non tiveron dubida en dedicarllos, así coma unha pronta recuperación.



     No terreo competitivo moi boa actuación das categorias menores no MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CAMPIONATO CROSS GALEGO MENORES, nun circuito que alguns xa coñecían do ano pasado. Neste caso a xustiza que impartiu a proba foi tal que así:

     O equipo SUB 10 feminino rematou no 5º posto,  composto por Nahia Pintos 8ª, Aitana Broullón 22ª, Leire Fuentes 24ª, Zoe Fernández 26ª i Erica Novas 29ª. Os homes foron SUBCAMPIONS GALEGOS encabezados por Marcos Rial 13º, Gabriel Fazanes 17º, Miguel Fernández 18º, Pedro González 20º, Breo Fernández 21º e Iker Rial 22º.



     Na categoría SUB 12 ambos equipos acadaron o CAMPIONATO GALEGO. Os resultados individuais tamén ofreceron recompensa de podio no caso de Sabela Castelo finalizou 1ª e Hugo Collazo máis Hugo Dominguez 2º e 3º respectivamente. Na carreira feminina as demáis compoñentes foron Uxia Gil 10ª, Goretti Carballal 13ª, Leire Fonseca 17ª, Leire Brun 18ª, Helena Bello 23ª, Candela Castro 26ª, Estela Raña 29ª, Alba Del Valle 40ª e Leire Fernández 47ª.  No equipo masculino acompañaron aos podios individuais o posto 13º de Brais Pintos, 27ª para Diego Garcia e 32ª para Rafael Vinicius



     O Memorial Alejandro Lorenzo pechabase coa categoría SUB 14. As mulleres acadaron o SUBCAMPIONATO coas aportacions de Maialen Fernández 5ª, Uxia Sánchez 8ª, Lucia Gil 14ª, Agata Rodríguez 17ª, Iris Malvido 30ª, Sara Nerga 35ª, Nerea Malvido 45ª, Cristina Taboada 51ª, Carmen González 56ª, Noa Piñeiro 79ª e Marta Rua 80ª. No caso dos homes, ainda que subiron ao podio coma terceiros e polo tanto BRONCE por equipos, máis tarde os resultados oficiais outorgabanlle a CUARTA praza. O equipo conformarono Carlos López 17º, Raúl Rial 28º, Yago Juncal 31º, Carlos Corredoira 32º, Manuel Lemos 40º, Ruben Lemos 53º e Diego Martínez 56º.



PLAN DE VIAXE CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE

     O vindeiro sábado 09 de febreiro de 2019 vaise celebrar en Chenlo- O Porriño o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS do programa XOGADE. Os equipos acadaron o pase a esta Fase no CAMPIONATO ZONAL que acolleu a localidade de Moaña o pasado día 23/12/2018. @s atletas teñen dereito ao transporte en autobús, está confirmado para as 09:15 horas, con saída da Estación de Autobús de Cangas . Coma toda competición por equipos, se alguen fai o viaxe pola sua conta, pregase que avisen e se atopen no lugar con antelación (45 minutos antes da proba).



EQUIPOS CONVOCADOS:

SUB 10 HOMES

  • MARCOS RIAL
  • GABRIEL FAZANES
  • MIGUEL FERNANDEZ
  • PEDRO GONZALEZ
  • IKER RIAL
  • BREO FERNANDEZ

SUB 10 MULLERES

  • NAHIA PINTOS
  • ERIKA NOVAS
  • AITANA BROULLON
  • LEIRE FUENTES
  • ZOE FERNANDEZ
  • MARINA CARRACELAS

SUB 12 HOMES

  • HUGO DOMINGUEZ
  • HUGO COLLAZO
  • BRAIS PINTOS
  • DIEGO GARCIA
  • RAFAEL VINICIUS
  • HUGO MALVIDO

SUB 12 MULLERES  (A+B)

  • SABELA CASTELO (A)
  • GORETTI CARBALLAL (A)
  • UXIA GIL (A)
  • LEIRE FONSECA (A)
  • LEIRE BRUN (A)
  • HELENA BELLO (A)
  • ALBA DEL VALLE (B)
  • LEIRE FERNANDEZ (B)
  • CANDELA CASTRO (B)
  • SABELA DOMINGUEZ (B)
  • ANA CORDEIRO (B)


SUB 14 HOMES

  • CARLOS LOPEZ
  • RAUL RIAL
  • YAGO JUNCAL
  • CARLOS CORREDOIRA
  • MANUEL LEMOS
  • DIEGO MARTINEZ

SUB 14 MULLERES 

  • MAIALEN FERNANDEZ
  • UXIA SANCHEZ
  • LUCIA GIL
  • AGATA RODRIGUEZ
  • IRIS MALVIDO
  • SARA NERGA

SUB 16 HOMES

  • JOEL CURRO
  • MIGUEL NUÑEZ
  • XIAN A. FERNANDEZ
  • IVAN IGLESIAS
  • AARON OTERO
  • ANTON NUÑEZ

SUB 14 MULLERES 

  • ANAIS SANTAMARINA
  • PAULA AMIGO
  • BLANCA PIÑEIRO
  • CARMEN CASTRO
  • SOFIA NUÑEZ
  • NEREA PIÑEIRO

      Achegamos a ubicación do CIRCUITO, para os que viaxen pola sua conta:



 

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 20 de xaneiro de 2019

     Unha ducia de amarale@s acadaron marca para participar no CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Ata Expourense tocaba desprazarse para participar na competición de máis nivel na pista cuberta da nosa Comunidade. Amplo foi o contraste entre as idades d@s participantes, se ben ao soar o pistoletazo tod@s eran atletas. O primeiro en entrar en competición foi Daniel Armada, quen pasou a primeira dos 60 m.l. e non progresou a final por un par de postos. Tamén disputou a semifinal dos 200 m.l., onde andivo preto do pase a final, cuestión de décimas de segundo. Ao mesmo tempo Aaron Domínguez saltaba na final do Triple Salto, non puido rematar o concurso ao mancarse no primeiro salto. Saray Amoedo e Ariadna Gil inauguraban a participación feminina no concurso de triple salto. Ambas fixeron unha competición moi regular, loitando ata o final polos postos de podio. Ao remate foron medalla de BRONCE e 5ª respectivamente. Paula Martínez foi 7ª na final dos 60 m.v. o que lle supuso o titulo de CAMIPOA GALEGA da categoría SUB 23, no camiño quedaron Mª Jesús NovoAriadna Gil quen foi eliminada da final polas milésimas, tras o empate na semifinal. Paula Martínez tamén foi participe nas series de 60 m.l. pero non pasou as semifinais.



     Sabela López e Noelia Villaverde correron os 200 m.l. rematando en 28.76 e 29.57. Non progresaron a final con estes tempos, pero hai mellora e xuventude. Na final do salto de pértega Sabela López acadou o 5º posto. A xornada de tarde comezaba coa final do salto de lonxitude, alí se colou Juan Piñeiro, rematando nun magnifico 6º posto cun salto de 6,28. Daniel Calvar rematou os 400 m.l. en 52.70 situandose 8º no ranking galego SUB 20 desta tempada. Lope Quinteiro e Alex Iglesias acadaron nos 800 m.l. tempos de 1:59.19 e 2:05.80. Con estas marcas ocupan os postos 1º e 6º do ranking SUB 18. 



PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO CROSS DE MENORES

     O vindeiro domingo 27 de xaneiro vai ter lugar en A Rua de Petín (Ourense) o MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CAMPIONATO GALEGO CROSS DE CATEGORIAS MENORES. Con motivo deste importante evento vaise dispor dun autobús que sairá da Estación de Cangas as 06:30 horas. Nos interesa saber @s nen@s que van facer a viaxe por conta propia xa que as prazas vacantes do autobús poderan ser ocupadas pol@s nais/pais. Estes últimos tamén poden ir apuntándose polos medios habituais (persoalmente, whatsapp, correo etc…). Lembrar que @s nen@s que vaian sen adultos, terán que levar unha muda de roupa e calzado ademáis de algo para comer. Esta prevista a volta ao remate da competición. IMPORTANTE avisar o antes posible de calquera baixa.



INFORMACION CAMPIONATO


Os equipos conformaranse da seguinte forma:

SUB 10 HOMES

  • IKER RIAL
  • BREO FERNANDEZ
  • MIGUEL FERNANDEZ
  • PEDRO GONZALEZ
  • MARCOS RIAL
  • GABRIEL FAZANES

SUB 10 MULLERES

  • ERIKA NOVAS
  • NAHIA PINTOS
  • LEIRE FUENTES
  • ZOE FERNANDEZ
  • AITANA BROULLON
  • MARINA CARRACELAS

SUB 12 HOMES

  • HUGO DOMINGUEZ
  • HUGO COLLAZO
  • BRAIS PINTOS
  • DIEGO GARCIA
  • RAFAEL VINICIUS

SUB 12 MULLERES

  • GORETTI CARBALLAL
  • ESTELA RAÑA
  • LEIRE FONSECA
  • LEIRE BRUN
  • SABELA CASTELO
  • UXIA GIL
  • LEIRE FERNANDEZ
  • HELENA BELLO
  • ALBA DEL VALLE
  • SABELA DOMINGUEZ
  • CANDELA CASTRO

SUB 14 HOMES

  • MANUEL LEMOS
  • RAUL RIAL
  • CARLOS CORREDOIRA
  • CARLOS LOPEZ
  • YAGO JUNCAL
  • DIEGO MARTINEZ
  • RUBEN LEMOS

 SUB 14 MULLERES

  • AGATA RODRIGUEZ
  • LUCIA GIL
  • UXIA SANCHEZ
  • MAIALEN FERNANDEZ
  • GEMA DACOSTA
  • SARA NERGA
  • IRIS MALVIDO
  • NOA PIÑEIRO
  • CRISTINA TABOADA
  • NEREA MALVIDO
  • MARTA RUA
  • CARMEN GONZALEZ

 

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

A Pobra do Caramiñal, 19 de xaneiro de 2019.

     Este sábado o circuito urbano de A Pobra do Caramiñal acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Voltou a chuvia,  que lle aportou un punto máis de dureza a esta proba de Ruta. Na proba de 1 km correspondente a categoría SUB 10 masculina Pedro Gonzalez rematou 4º cun tempo de 7:28.



     Do bo facer de Sabela Castelo chegou a medalla de ouro na proba de 2kms da categoría SUB 12. Empregou un tempo de 10:36 para rematar o percorrido.



     A proba dos 3kms para a categoria SUB 14 pechaba a participación amarela. Iris Malvido acadou o 5º posto e Nerea Malvido rematou no 15º. Carlos Corredoira foi 7º na proba masculina.



PREVIA DO CAMPIONATO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA

     O domingo 20 de xaneiro a pista cuberta de Expourense acollerá o CAMPIONATO ABSOLUTO E SUB 23. Para tal evento acadaron marca unha ducia de amarel@s. Achegamos o HORARIO definitivo das probas:



RESULTADOS EN DIRECTO


 

  • DANIEL ARMADA, 60 m.l. e 200 m.l.
  • DANIEL CALVAR, 400 m.l.
  • SARAY AMOEDO, triple salto
  • ARIADNA GIL, triple salto e 60 m.v.
  • PAULA MARTINEZ, 60 m.l. e 60 m.v.
  • LOPE QUINTEIRO, 800 m.l.
  • SABELA LOPEZ, 200 m.l. e pértega
  • NOELIA VILLAVERDE, 200 m.l.
  • ALEX IGLESIAS, 800 m.l.
  • Mª JESUS NOVO, 60 m.v.
  • JUAN PIÑEIRO, salto de lonxitude
  • AARON DOMINGUEZ, triple salto


 

PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

     O vindeiro sábado 19 de xaneiro de 2019 terá lugar na localidade coruñesa de A Pobra do Caramiñal XXX CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA. En xornada de tarde marcharan polo circuito urbano con distancias comprendidas entre os 1 e  10 kms.  Pedro González percorrera a distancia de 1km da categoría SUB 10.  Carlos Corredoira e as irmás Iris e Nerea Malvido marcharan nos 3 kms da categoría SUB 14. Sabela Castelo pecha a participación d@s amarel@s cos 2 kms da categoría SUB 12. Moita sorte a tod@s nesta esixente disciplina.


INFORMACION CAMPIONATO