CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 AO AIRE LIBRE

Soria, 07/08 de xullo de 2018

 

     Paula Martínez e Raquel Villa emprenderon camiño a Soria. Parece unha canción de Gabinete Caligari, pero era para a disputa do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 AO AIRE LIBRE.  Coma nos teñen acostumados, ahí están nas grandes citas. Paula Martínez correu a semifinal de 100 m.v. nun tempo de 15.28, ese rexistro non foi suficiente para pasar a final. Na final do lanzamento de peso Raquel Villa estivo a piques de subir ao podio, rematou nun magnifico 5º posto gracias a un lanzamento de 11.88 m. Ogullos@s da nosa colleita do 96 e 98.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

A Coruña, 30 de xuño de 2018

     As pistas de A Elviña, recen arranxadas, acolleron o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. A doble xornada marcou o ritmo da competición, xa que de maña disputouse con normalidade pero coa chegada da tarde as treboadas foron as protagonistas. De feito a chuvia foi tan intensa que se tiveron que interrompir varias probas, retrasando o programa e anulando outras ata novo aviso.  O fosos da lonxitude máis o triplo estaban impracticables, sendo estas probas algunhas das que foron desprazadas para unha nova data, que sería o sábado 7 de xullo na mesma sede.



     Daniel Armada competiu nos 100 m.l. progresando na semifinal cun tempo de 11.22. Na súa final rematou 5º cun rexitro de 11.26. María Rodríguez foi 6ª na proba de 400 m.l. Paula Martínez e Ariadna Gil correron as semifinais de 100 m.v. coincidindo cun longo parón tras unha treboada. Con tempos de 16.57 e 16.60 remataron 4º e 6ª nas respectivas semifinais, o quecemento foi en balde. En circunstancias máis favorables competiron outros amarel@s, tal coma David Lorenzo que se proclamou SUBCAMPION GALEGO de salto de pértega e sumaba tamén unha mellor marca persoal cun magnifico salto de 4.32. Juan Piñeiro tivo a medalla de bronce ata o último salto de lonxitude, no que foi relegado ao cuarto posto, acadando tamén mellor marca persoal con 6.39. Raquel Villa acheugo a segunda medalla da competición coa PRATA en lanzamento de peso, lanzou a bola ata os 12.28. No concurso de disco rematou 6ª.

      A xornada do 7 de xullo, só se puido presentar Saray Amoedo, quen sumou en duas probas outras duas medallas. Gañou o concurso de triple salto e acadou o BRONCE en lonxitude. De seguro que esta ABSOLUTAMENTE satisfeita.

ACTOS PARA PECHAR A TEMPADA.

     O vindeiro sábado dia 04 de agosto  tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase aos atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA  que terá lugar no mesmo lugar  as 18:00 horas en primeira convocatoria  e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:


  • Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

  • – Memoria  dos resultados da tempada 2017/18.

  • Lectura e aprobación do estado de contas.

  • Ampliación Xunta Directiva.

  •  Rogos e preguntas.


    Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a CEA FIN DE TEMPADA Co fín de acadar as tres BBB (bo, bonito e barato), imos solicitar varios orzamentos, polo cal,  tamén agradecemos se alguen quere ou pode mandarnos diferentes propostas, que o faga ao correo do club at.viladecangas@gmail.com . Agardamos a vosa asistencia para darlle un digno remate a tempada.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE

Castellón,  30/06-01/07/018

 

    Na localidade de Castellón disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE. Acadaron a clasificación para esta importante cita Lope Quinteiro e Ana Piñeiro. O primeiro participaba nos 1000 m.l. e no concurso de peso, e a súa compañeira nos 3000 mts. Marcha. A xornada do sábado Lope participou na semifinal dos 1000 m.l. e na final do concurso de peso. Na carreira acreditou un tempo de 2:36.83, co cal pasaba a final co mellor rexistro. No lanzamento de peso foise ata os 13,74 mts., marca que lle permitiu acadar o 10º posto.



     A xornada do domingo depara duas finais, 3000 m. marcha e 1000 m.l. Na proba da marcha Ana Piñeiro rematou 8ª, cun rexistro de  15:51.16. Que mal acostumados nos ten, noraboa por ese esforzo. Lope Quinteiro disputaba a final coa confianza da boa carreira na semifinal. Foi unha final rapidísima e o máis rápido foi Lope Quinteiro con 2:35.01, que ven a ser a mellor marca na distancia nesta tempada, de feito os sete primeiros pasaron a liderar o ranking nacional. Parabens a este grande atleta pola sua tempada, vai ser dificil de esquecer.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Murcia, 23/24 de xuño de 2018

 

     Para Murcia se nos foi Daniel Armada. Disputabase nesa cidade o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Este atleta lidera o ranking da tempada en Galicia nas probas de 100 m.l. e 200 m.l. Estas mesmas probas foron as que disputou no nacional. Nos 100 metros lisos acadou un rexistro de 11’35, co cal non progresou a semifinal. Na proba dos 200 metros lisos, estivo cerca da sua marca, rematou en 22’71, pero tampoco pasou a semifinal.