PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

     Esta vindeira fin de semana, 2 e 3 de xuño, vai ter lugar en San Fernando (Cádiz) o CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL SUB 14.  O formato do mesmo son probas de triathlon nas que se premia a versatibilidade d@s atletas. Duas amarelas acadaron o pase a esta importante proba. Abril Entenza participará no Triathlon C (80 m.v.- altura e lonxitude) e Erea Bastón no Triathlon D (80 m.l.- peso e disco). Desexamolle unha boa viaxe e unha mellor experiencia.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Tamén nos e grato informar que Ariadna Gil foi seleccionada coma compoñente da selección Galega para o Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub 18, a celebrar en Ciudad Real o 9 de xuño, disputará a proba de Triple Salto. No mesmo Campionato da categoría Sub 16 irán tamén Lope Quinteiro (1000 m.l.) Ana Piñeiro (Marcha), será o 16/17 de xuño en Avilés. Noraboa a tod@s eles/as.


CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

O Barco, 27 de maio de 2018

     Longo desprazamento ata O Barco de Valdeorras para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE. A volta tamén se fai longa, pero son cousas da xeografia. Tres CAMPIONATOS GALEGOS acadaron @s amarel@s, Ana Piñeiro en 3000 mts marcha e Lope Quinteiro en 1000 m.l. e lanzamento de peso. Houbo varias medallas de chocolate, dese que amarga, foi o caso de Ainoa Santos e Aaron Otero, ambos en sendos concursos nos que participaron. Sabela López tamén foi cuarta no salto de pértega, nun empate que implicou da 2ª ata 5ª posición. Claro que mellorou a sua marca alcanzando os 2.32 mts.  Pechabase unha fin de semana moi activa, pero a tempada continua, de feito xa temos en mente o Campionato de España SUB 14.



  • NOELIA VILLAVERDE,  5ª semifinal 100 m.l.
  • COLOMBA CARBALLAL, 5ª semifinal 100 m.v. e  9ª martelo
  • MARIA RIAL,  5ª triple salto
  • AINOA SANTOS,  4ª peso e 4ª disco
  • ANA CERQUEIRA, 4ª semifinal 100 m.v. e 6ª semifinal 100 m.l.
  • SABELA LOPEZ, 4ª  pértega e 4ª semifinal 100 m.v.
  • ANA PIÑEIRO,  1ª 3000 marcha
  • ADAN DACOSTA, 4º semifinal 100 m.l.
  • DANIEL IGLESIAS,  11º 1500 obstáculos
  • IVAN IGLESIAS,  14º 600 m.l.
  • MANUEL OTERO, 6º  martelo e 10º  peso
  • LOPE QUINTEIRO, 1º1000 m.l. e  1º peso
  • GABRIEL DACOSTA,  9º xavelina
  • AARON OTERO,  4º martelo e  4º peso

 

CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 10 E COMBINADAS SUB 12

Vigo, 26 de maio de 2018

 

     As pistas de Balaidos acolleron o CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 10 e COMBINADAS SUB 12. Tratabase dunha competición individual na que podían participar en duas probas, en caso terse clasificado nas fases previas do programa XOGADE. Tamén era o CAMPIONATO PROVINCIAL DE RELEVOS, neste caso 4 X50 m. As probas combinadas para a categoría SUB 12 consistía nun triathlon (60 m.l.-lonxitude e peso), no cal Claudia Carcer e Gema Dacosta acadaron o 1º e 2º posto respectivamente. A estas premiacions hai que sumarlle outras NOVE medallas pola categoría SUB 10, oito delas individuais máis o relevo. Menuda canteira, non dan máis que traballo…NORABOA.



SUB 10 HOMES

  • HUGO COLLAZO, 1º 1000 m.l., 3º lonxitude e 5º relevos
  • IKER RIAL, 4º lonxitude, 10º pelota e 5º relevos
  • MIGUEL FERNANDEZ, 7º lonxitude, 11º pelota e 5º relevos
  • PEDRO GONZALEZ, 8º 1000 m.l. e 14º lonxitude
  • MARCOS RIAL, 5º 1000 m.l. e 14º 50 m.l.
  • BREO FERNANDEZ, 5º relevos


SUB 10 MULLERES

  • NOA QUINTEIRO, 2ª peso e 11ª pelota
  • CANDELA CASTRO, 4ª marcha, 1ª pelota e 2ª relevos
  • SABELA DOMINGUEZ, 1ª altura, 7ª pelota e 5ª relevos
  • ANA CORDEIRO, 3ª lonxitude, 6ª 50 m.l. e 2ª relevos
  • LEIRE BRUN, 4ª lonxitude, 4ª 500 m.l. e 2ª relevos
  • LEIRE FERNANDEZ, 3ª pelota, 11ª lonxitude e 5ª relevos
  • VEGA PIÑEIRO, 14ª lonxitude, 13ª 500 m.l. e 5ª relevos
  • SABELA CASTELO, 5ª 50 m.l., 1ª 500 m.l. e 2ª relevos
  • ZOE FERNANDEZ, 5ª relevos


TRIATHLON SUB 12 MULLERES

  • CLAUDIA CARCER- 1ª (1182 ptos.)
  • GEMA DACOSTA – 2ª (983 ptos.)
  • NOA NERGA – 10ª (819 ptos.)
  • MAIALEN FERNANDEZ – 18ª  (661 ptos.)
  • GORETTI CARBALLAL – 24ª (541 ptos.)

TRIATHLON SUB 12 HOMES

  • HUGO DOMINGUEZ – 15º (366 ptos)


 

CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE

Ferrol, 26 de maio de 2018

     Longa xornada na cidade departamental para a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE. A primeira proba na que participabamos era o concurso de triple salto con Ariadna Gilquen rematou CAMPIOA GALEGA, cun mellor salto de 10,45 m.  Repetiu podio na proba de 100 metros valados proclamandose SUBCAMPIOA GALEGA. Deuse a circunstancia de constantes rachas de vento que invalidaron moitas marcas. Laura Valladares rematou 4ª na final do concurso de xavelina, cun lanzamento de 23,28 m. Maria Rodríguez disputou as probas de 400 e 200 m.l. na primeira delas rematou 11ª  e pola tarde quedou as portas da final do 200 m.l., cun tempo de 28,56 que se achega a sua mellor marca. Valeria Rodríguez foi SUBCAMPIOA GALEGA no concurso de peso, a pesar de acadar só dous lanzamentos válidos. No lanzamento de martelo rematou 4ª, pero xa máis preto do bronce.



     Na sección masculina contamos coa presenza de tres atletas. Na xornada de mañá Alex iglesias foi 9º na final dos 800 m.l. Aaron Dominguez participou nos concursos de Triplo e Lonxitude. Rematou 7º na final do triple salto e 8ª na lonxitude. Nesta mesma final tamén estivo Juan Piñeiroonde rematou no 5º posto. Viña de acadar a medalla de BRONCE no concurso salto de altura



 

 

PREVIA DOS GALEGOS SUB18 E SUB 16/ CTO. PROVINCIAL SUB 10

     Esta fin de semana imos padecer unha cicloxenesis de Campionatos. En Ferrol vaise celebrar este sábado o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 A.L. Os desprazamentos para o mesmo serán en vehículos particulares e tamén faremos uso do autobus do Celta, ben para ida coma para volta. Esta reservada a comida nun Restaurante próximo as instalación da Malata.


  • MARIA RODRIGUEZ, 200 m.l. e 400 m.l.
  • ARIADNA GIL, triple salto e 100 m.v.
  • LAURA VALLADARES, xavelina
  • VALERIA RODRIGUEZ, martelo e peso
  • ALEX IGLESIAS, 800 m.l.
  • JUAN PIÑEIRO, lonxitude e altura
  • AARON DOMINGUEZ, lonxitude e triple salto

NOVO HORARIO

RESULTADOS EN DIRECTO


     O mesmo sábado, nas pistas de Balaidos, vai ter lugar o CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 10 E COMBINADAS SUB 12. De Cangas sairá un autobús as 08:30 horas


RESULTADOS EN DIRECTO



     O domingo 27 sairá un autobús de Cangas as 06:45 horas, será unha viaxe ata O Barco de Valdeorras para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 A.L.  Para comer reservouse na Parrillada O Ancla.


  • NOELIA VILLAVERDE, 100 m.l.
  • COLOMBA CARBALLAL, 100 m.v. e martelo
  • MARIA RIAL, triple salto
  • AINOA SANTOS, peso e disco
  • ANA CERQUEIRA, 100 m.v. e 100 m.l.
  • SABELA LOPEZ, pértega e 100 m.v.
  • ANA PIÑEIRO, 3000 marcha
  • ADAN DACOSTA, 100 m.l.
  • DANIEL IGLESIAS, 1500 obstáculos
  • IVAN IGLESIAS, 600 m.l.
  • MANUEL OTERO, martelo e peso
  • LOPE QUINTEIRO, 1000 m.l. e peso
  • GABRIEL DACOSTA, xavelina
  • AARON OTERO, martelo e peso
  • ANXO CAMAÑO, 300 m.v.
  • ADRIAN PASTORIZA, altura

RESULTADOS EN DIRECTO

NOVO HORARIO


 

CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE SUB 14

Pontevedra, 20 de maio de 2018

     Unha vintena de medallas foi o premio ao esforzo e dedicación amosadas pol@s atletas amarel@s no CAMPIONATO PROVINCIAL DE PISTA AO AIRE LIBRE dentro do programa XOGADE.  Estender tamén estas premiacións aos adestradores, en gran parte responsables dos logros acadados.



     Parece que a nova VICA leva uns días moi axetreados, agardamos que dure tanto ou máis ca sua antecesora. De seguido detallamos os RESULTADOS acadados pol@s amarel@s:

  • CARMEN FRAGA, 5ª lonxitude e 7ª 80 m.l.
  • NURIA ARGIBAY,  5ª peso, 7ª 500 m.l. e 8ª disco
  • AGATA RODRIGUEZ, 11ª lonxitude, 8ª 500 m.l. e 9ª 80 m.v.
  • CARMEN CASTRO,  2ª xavelina e 3ª disco
  • BLANCA PIÑEIRO,  4ª disco, 10ª lonxitude e 10ª triple salto
  • EREA BASTON, 1ª disco, 1ª peso e 6ª triple salto
  • ABRIL ENTENZA,  1ª altura, 1ª 80 m.v.v e 1ª 150 m.l.
  • ROCIO NOVAS,  1ª martelo e 4ª peso
  • CRISTINA TABOADA,  4ª 2000 m.l. e 6ª xavelina
  • UXIA SANCHEZ, 3ª 2000 m.l.


  • MIGUEL NUÑEZ,  2º lonxitude, 1º 220 m.v. e 1º 80 m.v.
  • LUCA PIÑEIRO, 9º disco e 4º relevos
  • CARLOS CORREDOIRA, 4º marcha e 4º relevos
  • JOEL CURRO, 4º lonxitude, 6º altura e 7º 1000 m.l.
  • YAGO JUNCAL,  5º 2000 m.l., 4º xavelina e 4º relevos
  • CARLOS LOPEZ,  3º 80 m.v., 6º 220 m.v. e 8º lonxitude
  • ELOY DOMINGUEZ,  3º martelo, 1º peso e 1º xavelina
  • DIEGO MARTINEZ, 3º disco, 8º altura e 3º xavelina
  • MANUEL LEMOS, 2º pértega, 8º triple salto e 5º xavelina
  • RUBEN LEMOS, 7º disco, 3º pértega e 7º xavelina
  • ANTON NUÑEZ,  6º lonxitude e 5º triple salto
  • MARIO SANTOS, 6º 2000 m.l. e 4º relevos
  • JAVIER SANTOS, 4º 2000 m.l. e 10 º xavelina


 

XIV TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

Cangas, 17 de maio de 2018

 

       As pistas de Verín, en Cangas, acolleron o XIV TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTAA maña asomaba calurosa e pola mediodia era recomendable agacharse do sol. O concurso de lonxitude, martelo e peso ademáis das probas de valados daban inicio ao Trofeo. Salientar no martelo os dous novos RECORDS GALEGOS, o atleta celtista SUB 16  Eric Méndez lanzou o aparello ata os 66.23, batendo a súa propia marca. Irene Gómezseguindo unha magnifica racha, voltou mellorar a marca galega. Acadou, desta vez, un lanzamento de 60.02. Practicamente o vento foi nulo e axudou a validar as marcas acadadas na lonxitude e nos valados.

         Nas categorías menores tiñan oportunidade de participar na proba de 500 m.l. Moi bo nivel nas carreiras, con boas marcas en xeral. A piques estivo Sabela Castelona carreira de SUB 10, de mellorar a marca galega. Cun tempo de 1:32.31 quedou a un segundo da mesma.

         Lope Quinteiro liderou a proba de 600 m.l. e cun tempo final de 1:25.76 situase 7º no Ranking Nacional SUB 16 da distancia, ademáis de acadar a marca mínima para participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA.

      Daniel Armada gañou en 100 e 200 m.l. As marcas achegano ao CAMPIONATO DE ESPAÑA, sobre todo en 200 m.l. que lle faltaron 8 centésimas. Pero si lle valeron para proclamarse vencedor masculino no Trofeo. Na categoría feminina resultou gañadora Lidia Paradacun lanzamento de xavelina de 50.59 mts. A atleta do Barbanza está actualmente coma segunda no Ranking Nacional da xavelina.

     Agardamos que esta edición sexa a última para o tartán do Estadio Municipal de Atletismo. Non son dignas condicións para adestrar e tampouco para acoller unha competición. Agradecer a tod@s participantes e colaboradores do Trofeo. Para o ano máis e mellor.



RESULTADOS


CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE SUB 12 E COMBINADAS SUB 14

Pontevedra, 13 de maio de 2018

 

     Tras catro intensas fases previas chegaba o momento de amosar no Provincial as cualidades na Pista ao Aire Libre.  Na categoría SUB 12 podían estar clasificados para duas probas máis os relevos. Os SUB 14 disputaron un tetrathlon  (80 m.v. Lonxitude, peso e 80 m.l.). Salientar que os gañadores foron ambos amarelos, Abril Entenza e Miguel Nuñez No computo global acadouse unha medalla de prata nos relevos SUB 12 de mulleres  máis outras nove medallas nas probas individuais.



SUB 12 HOMES

  • SERGIO VALLADARES, 7º lonxitude e 4º 500 m.l.. 
  • HUGO DOMINGUEZ,  3º 2000 m.l. e 9º lonxitude
  • RAUL RIAL, 2º 1000 m.l. e 14º lonxitude

SUB 12 MULLERES

  • MAIALEN FERNANDEZ, 8ª 500 m.l. e 2ª relevos
  • LUCIA GIL,  4ª 2000 m.l., 5ª pelota e 2ª relevos
  • NEREA MALVIDO, 5ª marcha
  • IRIS MALVIDO, 2ª marcha, 14ª lonxitude e 8ª relevos
  • NOA NERGA, 2ª peso, 3ª pelota e 8ª relevos
  • GEMA DACOSTA, 1ª peso, 1ª pelota e 2ª relevos
  • SARA NERGA,  9ª altura e 7ª 2000 m.l.
  • GORETTI CARBALLAL, 11ª altura, 4ª marcha e 8ª relevos
  • CLAUDIA CARCER,  1ª 60 m.l., 2ª lonxitud e 2ª relevos
  • MAR CURRA, 13ª 60 m.l., 9ª 500 m.l. e 8ª relevos
  • LARA IGLESIAS, 2ª pelota e 5ª peso


TETRATHLON SUB 14

  • ABRIL ENTENZA, 1ª Tetrathlon Feminino (1868 ptos.)
  • MIGUEL NUÑEZ, 1º Tetrathlon Masculino (1230 ptos.)
  • DIEGO MARTINEZ, 11º Tetrathlon Masculino (697 ptos.)
  • ANTON NUÑEZ, 12º Tetrathlon Masculino (646 ptos.)
  • CARLOS LOPEZ, 13º Tetrathlon Masculino (646 ptos.)


 

CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS SUB 10, SUB 12 E SUB 14

Lugo, 12 de maio de 2108

     Intensa fin de semana que comezaba co CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS SUB 10, SUB 12 e SUB 14. En xornada de maña competían as duas primeiras categorías, tendo que madrugar as 07  para coller o bus ata Lugo. De volta xa para Cangas ainda se cruzaron co bus da categoría SUB 14. No tocante aos resultados, pola maña tivemos duas subidas  ao podio. As mulleres SUB 12 foron CAMPIOAS GALEGAS e o equipo feminino SUB 10 tivo que conformarse co segundo posto, tras empatar coas primeiras. A sección masculina SUB 10 acadou o posto 12º. Salientar a alta participación de equipos o cal lle engade valor o Campionato. 



SUB 10 MULLERES (2º posto 121 ptos.)

  • SABELA CASTELO, 1ª  marcha e 4ª  50 m.l.
  • LEIRE BRUN,  3ª 500 m.l. e  7ª relevo
  • ALBA DEL VALLE, 1ª altura e 1ª pelota
  • NOA QUINTEIRO, 5ª peso
  • CANDELA CASTRO, 8ª 1000 m.l. e  7ª relevo
  • LEIRE FERNANDEZ, 7ª relevo
  • ANA CORDEIRO, 2ª  lonxitude e  7ªrelevo

SUB 10 HOMES (12º  posto 63 ptos.)

  • HUGO COLLAZO,  2º 1000 m.l. e  6º 50 m.l.
  • IKER RIAL, 11º  pelota e 10º  relevo
  • MARIO TORRES,  6º 500 m.l. e  14º peso
  • BREO FERNANDEZ,  SM altura e  10º relevos
  • MIGUEL FERNANDEZ,  9º lonxitude e  10º relevos
  • PEDRO GONZALEZ, 7º marcha
  • MARCOS RIAL,  10º relevos


SUB 12 MULLERES (1º posto 129 ptos.)

  • CLAUDIA CARCER, 1ª 60 m.l. e 4ª  lonxitude
  • GEMA DACOSTA, 1ª  peso e 1ª pelota
  • NOA NERGA11ª altura e  6ª relevos
  • LUCIA GIL,  6ª 500 m.l. e  6ª relevos
  • IRIS MALVIDO,  2ª marcha
  • NEREA MALVIDO,  9ª 1000 m.l.
  • MAR CURRA,  6ª relevos
  • MAIALEN FERNANDEZ,  6ª relevos


     A xornada de tarde prolongouse ata as 21:30 horas, chegando o autobus a Cangas a medianoite. O domingo nos deparaba un Campionato Provincial de Probas Combinadas para a categoria SUB 14. Deixar constancia que ese non é o atletismo que desexamos. Pese as trabas do calendario os dous Campions Provinciais da disciplina foron do Club, preferiblemente para a próxima cun pouco máis de descanso. 

     En Lugo os compoñentes dos equipos aportaron:

SUB 14 HOMES (5º posto 161 ptos.)

  • CARLOS CORREDOIRA,  14º 80 m.l. e 3º  marcha
  • JAVIER SANTOS,  9º 2000 m.l. e 8º  relevos
  • MANUEL LEMOS,  7º pertega e  11º 500 m.l.
  • YAGO JUNCAL,  12º 1000 m.l. e  8º relevos
  • DIEGO MARTINEZ,  9º peso e  4º disco
  • ELOY DOMINGUEZ,  5º martelo e 2º  xavelina
  • MIGUEL NUÑEZ,  3º 80 m.v. e 2º  220 m.v.
  • ANTON NUÑEZ,  12º triple salto e  8º  relevos
  • MARIO SANTOS,  8º relevos
  • CARLOS LOPEZC,  6º 1000 obts. e  8º 150 m.l.
  • YOEL CURRO,  9º lonxitude e 15º  altura

SUB 14  MULLERES (7º posto 166.5 ptos.)

  • CARMEN FRAGA, 9ª  80 m.l. e 9ª  lonxitude
  • CARMEN CASTRO,  10ª 150 m.l. e  3ª xavelina
  • AGATA RODRIGUEZ,  6ª 500 m.l. e 12ª 220 m.v.
  • NURIA ARGIBAY,  13ª 1000 m.l. e 8ª  relevos
  • UXIA SANCHEZ,  6ª 2000 m.l. e  8ª relevos
  • ROCIO NOVAS, 1ª martelo
  • CRISTINA TABOADA,  12ª 1000 obst. e 8ª relevos
  • ABRIL ENTENZA, 5ª  altura e  1ª 80 m.v.
  • BLANCA PIÑEIRO, 14ª  triple salto e 8ª  relevos
  • EREA BASTON,  1ª peso e 1ª disco