CAMPIONATO ESPAÑA SUB-16 PISTA CUBERTA

Sabadell, 17 e 18 de marzo de 2018

 

     Tiñamos confianza na participación de Lope Quinteiro no CAMPIONATO ESPAÑA SUB-16 PISTA CUBERTA. Partía coa segunda marca do ranking nacional nos 1000 m.l. e na final do concurso de peso loitaría cos mellores cadetes de España. O sábado disputou a semifinal dos 1000 m.l. e clasificouse coma primeiro da sua serie, ollo ao paso polos catrocentos en 59 s., unha aposta arriscada que lle deu o paso a final en 2:40. Tras este primeiro e importante trámite quedaban as finais para o domingo.  Na final dos 1000 m.l. Lope Quinteiro rematou en 2:39.09, a súa mellor marca, medalla de prata e SUBCAMPION DE ESPAÑA. Iso si que é unha virtude, facer a mellor marca na final do Campionato de España.

      Evidentemente este logro eclipsou a particiapción na final de peso, onde rematou no posto 11º, cun lanzamento de 12.89. Agardamos disfrute destes intres de ledicia e intuimos que nos deixará máis tardes de gloria. NORABOA, coma dirían os teus contemporaneos «eres el p**o amo».



LOPE VIAXA A SABADELL

 

     A pista cuberta Josep Molins de Sabadell acollerá esta fin de semana o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-16 DE PISTA CUBERTA. Supón o peche das competicións baixo cuberta a nivel nacional. En excelente estado de forma física e mental vai acudir Lope Quinteiro. Coa filosofía de nada que perder e moito que gañar, disputará as probas de 1000 m.l. e lanzamento de peso. Un atleta polivalente que corre os 1000 en 2:40 e lanza a bola ata os 13,50 mts. Estaremos seguindo de preto a sua evolución no Campionato, máis desexarlle boa viaxe e un chisco de sorte.



CROSS ESCOLAR CEIP A RUA

     O pasado 11 de marzo non se puido celebrar o IX CROSS ESCOLAR DE A RUA.  A data, por inclemencias metereolóxicas, foi cambiada para o vindeiro domingo 18 de marzoA partir das 10:30 horas terán lugar as diferentes probas. Indicamos a orde das mesmas:



     Tamén achegamos información do ANPA de A RUA sobre as inscricións:

«Non se aceptan novas inscricións a non ser que se den anulacións nas inscricións xa feitas. A orde de sustitución dos participantes será por rigurosa orde de recepción de resposta no mail anpaarua@gmail.com a contar dende o mércores 14 ás 09:00.
O día do Cross se faltase algún dos inscritos pódese cubrir a súa praza cos rapaces da mesma categoría que viñesen a carreira sen estar inscritos.»



CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA

Ourense, 10 de marzo de 2018

     A pista de Expourense deu conta do peche da tempada indoor en Galicia. A prometedora categoría dos SUB 16 tivo a oportunidade de coñecer as virtudes destas instalacións. En xornada de tarde disputaronse as probas do CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA, no que participaron 11 amarel@s. Ainoa Santos estreouse no lanzamento de peso, con 10.16 foi 4ª a poucos centimetros do bronce. Maria Rial non progresou a semifinal de 60 m.l. con 8.87, pero si concursou na final de triple salto, onde rematou 6ª con 9.77. Ana Cerqueiro e Noelia Villaverde, si que obtiveron o pase a semifinal de 60 m.l. con tempos de 8.61 e 8.66 respectivamente. Non puideron pasar a final, Noelia Villaverde foi 6ª e Ana Cerqueiro 8ª en sendas semifinais.



     Adan Dacosta tamén pasou a primeira rolda dos 60 m.l. e caeu na semifinal despois de acadar o 6º posto. Sabela López foi 4ª no concurso de salto de pértega, chegando ata 2.17. Ainda que empatou coa terceira, un salto nulo sobre 2.17 privouna de subir ao podio. Iván Iglesias disputou a final dos 600 m.l. rematando en 13º posto cun tempo de 1:42.81. O concurso de lanzamento de peso masculino acaparou a nosa atención coa participación de tres amarelos. Lope Quinteiro proclamouse CAMPION GALEGO con 13.44, Aaron Otero foi 4º con 12.10 e Manuel Otero foi 12º con 9.19. Voltaría a vencer na proba dos 1000 m.l. Lope Quinteiro parando o crono en 2:40.24. Este excelente tempo o situa coma o segundo no Ranking Nacional nesta distancia. Despois deste subidón quedaba a proba dos 60 m.v., onde Colomba Carballal rematou 6ª na semifinal, polo cal non puido progresar a final.



RESULTADOS


CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA

Ourense 3 e 4 de marzo de 2018

 

     A pista cuberta de Expourense esta amosando unha actividade frenetica. A primeira fin de semana do mes de marzo acolleu o XLV CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA. Os clubes do noroeste da peninsula agradecemos esta cercania e tamén é de xustiza polos moitos viaxes que temos no lombo. Na procura de loitar cos mellores foron tres amarelos. O sábado competiu Daniel Armada nos 60 m.l., na primeira rolda acadou o 5º posto con 7.22. Pasaban os tres primeiros, máis non foi mal tempo só unha serie bastante rápida. Daniel Calvar participou nos 200 m.l., cun tempo de 23.44,  quedou a un segundo do corte para progresar a seguinte rolda.

     O domingo na final do concurso de triple salto estivo Saray Amoedo,  quen rematou 9ª cun salto de 11,02. Quedou a un suspiro de entrar na mellora pero outra vez será. Moi digno colofón a tempada de pista cuberta,  que nos deixa unha expectativa moi alta para o aire libre.



RESULTADOS


PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA

 

     Chegou a hora de que a categoría SUB-16 disfrute da Pista Cuberta de Expourense. O sábado 10 de marzo en xornada de tarde, vai ter lugar o CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA.  Sairá un autobus desde a Estación de Cangas as 13.15 horas. De cara a competición participaran @s seguintes atletas:


  • ADAN DACOSTA, 60 m.l.

  • IVAN IGLESIAS, 600 m.l.

  • LOPE QUINTEIRO, 1000 m.l. / peso

  • AARON OTERO, peso

  • MANUEL OTERO, peso

  • ANA CERQUEIRO, 60 m.l.

  • MARIA RIAL, 60 m.l. / triple salto

  • NOELIA VILLAVERDE, 60 m.l.

  • SABELA LOPEZ, pértega

  • AINOA SANTOS, peso

  • COLOMBA CARBALLAL, 60 m.v.

 


RESULTADOS EN DIRECTO



REGULAMENTO


PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA

 

     Esta vindeira fin de semana, 3 e 4 de marzo, vai ter lugar na pista cuberta de Expourense o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA.  A pista ourensana acollerá a preto de 500 atletas, entre eles/as a TRES amarel@s. Daniel Armada competirá nos 60 m.l., Daniel Calvar nos 200 m.l. e Saray Amoedo no Triple Salto. Gracias as novas tecnoloxias poderemos seguilos desde o sofa:


EMISION EN DIRECTO


     Tamén achegamos as modificacións realizadas no HORARIO e as LISTAS DE SAIDA  para o seguimento dos resultados, só nos queda desexarlle suerte e que disfruten da experiencia.


NOVO HORARIO

RESULTADOS EN DIRECTO